Concentración nos xulgados de Ferrol contra o acoso sindical na UTE Servicios Sanitarios del Cantábrico

A empresa sancionou un traballador por darlle un golpe fortuíto a unha ambulancia durante un servizo

Ferrol -

Traballadores e traballadoras das ambulancias de Ferrol concentráronse está mañá nos xulgados da cidade en apoio a un compañeiro ao que a UTE Servicios Sanitarios  del Cantábrico (encabezada por Ambuibérica) lle aplicou unha suspensión de emprego e soldo de seis días por darlle un golpe fortuíto a unha ambulancia cando saía para facer un servizo.

Na concentración, convocada pola FGMT-CIG coincidindo coa celebración do xuízo, denunciouse que este é un caso clarísimo de represión contra o traballador, que durante oito anos foi delegado pola centra nacionalista e que agora, "aínda que xa non é representante do persoal segue sendo moi activo na defensa dos dereitos laborais".

Beatriz Fernández, secretaria comarcal da FGAMT-CIG, subliña que a sanción resulta tan desproporcionada que "nunca antes se vivira unha situación así na empresa". De feito, engade, "fixemos o prego de descarga onde quedaba en evidencia o desproporcionado da medida, mais a empresa non recuou".

No acto de conciliación previo que tivo lugar no SMAC, a UTE (que presta o servizo do 061 con base en Ferrol) propuxo retribuírlle ao traballador a contía da sanción, que xa se cumprira, pero manténdoa como moi grave. Porén, como a empresa se negou a retirala, o traballador afectado decidiu continuar adiante co proceso xudicial para que se recoñeza o inxustificado e arbitrario desta medida, e que se trata dunha represión contra a súa persoa.

Volver