CONFICA, Zener e Circet Cableven S.L obrigan ao persoal a facer visitas a casas particulares mesmo por cambio de compañía
O persoal das empresas de telecomunicación Confica, Zener e Circet Cableven S.L.n empresas de telecomunicacións, denuncia a inseguridade e a ausencia de protocolos de prevención para evitar o contaxio de COVID19. Explican que desde as empresas están obrigando ás traballadoras e traballadores a facer visitas a domicilio que, nestas circunstancias, non teñen ningunha xustificación a non ser que fosen urxencias.
En concreto denuncian que, entre outras, están facendo visitas polas casas para dar novas altas e facer as instalacións pertinentes dos aparellos ou por cambio de compañía sen EPIs de ningún tipo, mesmo nin máscaras ou luvas, e que tampouco as persoas que están confinadas nos seus domicilios contan con este material para evitar que se puidera producir un contaxio cruzado de traballadores/as de telefonía ás familias ou ao contrario.
Xunto a isto denuncian que por toda prevención, desde as empresas indicaron ao persoal que é abondo con manter a distancia de seguridade dun metro e un bo lavado de mans. Ante isto o persoal pregúntase se debe acceder aos domicilios e como primeira acción pedir ás familias permiso para ir o baño a lavar as mans ao tempo que solicitar das familias que fagan o mesmo.
Indican ademais que para realizar o traballo transportan caixas de ferramentas así como o material que se vai instalar que vén de pasar dunhas mans ás outras.
Matizan, con todo, quede se tratar dun hospital ou calquera outro servizo esencial ou dunha caída das comunicacións na rúa, farían os máximos esforzos por solucionar a avaría. Porén, non entenden que nestas circunstancias, nas que nin se pode saír á rúa, se obrigue a traballadores/as a ir de casa en casa co perigo de transmitir o virus dun lado para outro.
Por iso demandan que as empresas limiten as obrigas de visita domiciliaria e que estas se limiten só a situacións de urxencia real. Ademais solicitan que neses cansos se garantan todas as medidas de protección necesarias para evitar posibles contaxios por parte das traballadoras e traballadores.
En todo caso, Benedicto Blanco, secretario de CIG-Industria da comarca de Compostela subliña que “ninguén tivo unha xuntanza coas traballadoras e traballadores, nin con delegados/as de prevención, alí onde os houber, para explicar os protocolos a seguir nestes casos.