Conflito no Concello de Sarria pola falta de tesoureiro/a

Lugo -

A CIG de Lugo-A Mariña manifesta a "moderada e prudente satisfacción" polas novas a respecto de que o Ministerio de Facenda artellou unha solución para que os Concellos que quedaron sen tesoureiro/a poidan pagas as nóminas do seu persoal. Situación na que se atopa, por exemplo, o Concello de Sarria. "Entendemos que é un paso adiante para a resolución do conflito polo que están a pasar as traballadoras e traballadores do Concello de Sarria, así como os provedores", apunta o Secretario de Organización comarcal, Lois Neto.

Porén, a noticia tómase con  moderación e prudencia, á vista do "ronsel de despropósitos" sucedidos no Concello de Sarria a respecto desta lei, e que levou á dramática situación actual. "Até que haxa tesoureiro/a habilitado/a e exercendo non se pode facer ningunha valoración plena", matiza.

"Agardamos que esta circular sexa suficiente para sentar a cordura e que no prazo máis breve posíbel se habilite a tesourería dentro do Concello e se proceda a normalizar os pagos ao cadro de persoal e provedores", asevera.

Volver