As Xuntas de Persoal funcionario rexeitan o acordo de carreira profesional da Xunta, CCOO e UGT

Consideran que é discriminatorio e un agravio comparativo

Nacional -

As Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza, dos Servizos Centrais e das catro provincias, veñen de manifestar o seu rexeitamento ao acordo de carreira profesional asinado pola administración con CCOO e UGT. Consideran que é discriminatorio e un agravio comparativo respecto doutras administracións e doutras comunidades.

O día 15 de xaneiro de 2019 a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CCOO e UGT asinaron o Acordo de concertación do emprego público. Este acordo, negociado dentro do ámbito da Mesa Xeral de negociación dos empregados/as públicos/as foi rexeitado polos sindicatos CIG e CSIF, que ostentan a maioría absoluta nesa mesa e nas cinco Xuntas de Persoal funcionario, que representan ao redor de 10.000 funcionarios/as da Xunta de Galiza.

A Xunta de persoal funcionario de Servizos Centrais rexeitou o acordo este mércores. O xoves día 17 as de Coruña, Lugo e Pontevedra tamén o rexeitaron. O venres sumouse a de Ourense a este rexeitamento.

Os motivos que levaron ás cinco Xuntas de Persoal a rexeitar o sistema de carreira profesional recollido neste acordo son os expostos nos seus comunicados:

COMUNICADO SOBRE O ACORDO DA CARREIRA PROFESIONAL.

Á vista do Acordo de concertación do emprego público asinado o día 15 de xaneiro de 2019 entre a Consellería de Facenda e as organización sindicais CC.OO e UGT, esta Xunta de Persoal, debe rexeitar de modo rotundo o sistema de carreira profesional contido no mesmo, en base aos seguintes razoamentos:

1º Porque este sistema de carreira profesional supón un agravio comparativo e unha discriminación co persoal doutras Administracións Públicas, non só doutras Comunidades Autónomas, senón incluso dentro da propia Comunidade Galega, como é o caso do Parlamento de Galicia, que está a punto de ser aprobado.

2º Porque este sistema de carreira profesional supón un agravio comparativo e unha discriminación con respecto ao persoal de administración e servizos do SERGAS, que sendo un organismos autónomo da Xunta de Galiza, desenvolve unha carreira profesional onde o seu persoal pode acceder de xeito extraordinario a dous dos graos nun período de tempo menor que o persoal da Xunta de Galiza, o que significa unha diferenza salarial notable que non ten razón de ser.

3º Porque este sistema de carreira profesional, establece limitacións respecto ao persoal temporal e interino ao impedirlles acceder ao encandramento extraordinario, consagrando así unha discriminación por razón da temporalidade no emprego contraria as Directivas Europeas de Igualdade no Traballo.

4º Porque, se todo esto non abondase, este sistema de carreira profesional establece unhas discriminacións intolerables entre os propios funcionarios de carreira da Xunta ao establecer por unha banda períodos de cobro mais perxudiciais aos Subgrupos A1 e A2, que tardarían en cobrar o grado III tres anos máis, e establecer tamén respecto ás contías unhas diferenzas inxustificables entres os diferentes subgrupos, neste caso perxudicando aos Subgrupos C1, C2, e AP, afondando a brecha salarial.

Por todo isto, ante o desprezo continuado que o actual Goberno galego, profesa aos empregados públicos da Administración Xeral, e reclamando unha verdadeira carreira profesional, xusta nos seus emolumentos, equilibrada no seu reparto, integradora en canto ao persoal que afecte e progresiva no recoñecemento da antigüidade do persoal público, non podemos permanecer silentes e rexeitamos de modo contundente o sistema de carreira profesional contido no Acordo de concertación de emprego público asinado por CCOO e UGT coa Xunta de Galiza.

A composición das Xuntas de Persoal é a seguinte:

 

 

CIG

CSIF

CCOO

UGT

Total

Pontevedra

16

3

3

3

25

Servizos centrais

11

5

5

4

25

Lugo

10

6

3

4

23

A Coruña

10

5

6

4

25

Ourense

4

12

5

2

23

Total

51

31

22

17

121



Volver