Continúa a folga indefinida do persoal de Valoriza Auga na Coruña

- 18 Dec 2018
A piques de cumprir un mes en folga indefinida, os traballadores de Valoriza Auga (que se encarga do mantemento da rede de sumidoiros da Coruña) manteñen incansábeis a loita por un convenio e uns salarios dignos e na demanda da readmisión dos compañeiros eventuais despedidos en pleno conflito. O persoal realiza mobilizacións a diario para visibilizar o conflito e hoxe fixeron unha sentada na Casa da Auga, onde están as oficinas da empresa municipal de auga da Coruña, Emalcsa, que é a titular da contrata.