Continúa a solidariedade co traballador despedido en Faibus por reclamar os seus dereitos laborais

Delegados/as da FGAMT-CIG desenvolveron unha nova concentración na casa dun directivo da empresa en Ponteareas
Ponteareas - 12 Abr 2019

A CIG regresou hoxe a Ponteareas para mobilizarse diante do domicilio de Roberto Álvarez Conde, directivo da empresa de transportes Faibus UTE, para reclamar a readmisión do traballador despedido por esixir os seus dereitos laborais. Con anterioridade desenvolveran tamén dúas concentracións na casa do xerente, José Manuel Álvarez, na parroquia de Vilasobroso, en Mondariz.

Nesta ocasión volveron despregar unha faixa esixindo a súa readmisión e berraron consignas como “Despedido readmisión, Faibus solución”, “A represión non é a solución” ou “Nesta casa vive un explotador”.

Con esta mobilización queren denunciar a actitude represiva da empresa con calquera persoa que reivindique os seus dereitos laborais, como foi o caso deste afiliado da CIG despedido.

NOVA RELACIONADA: Protestan na casa do xerente de Faibus polo despido dun afiliado da CIG que reclamou os seus dereitos laborais