Continúan as mobilizacións para esixir o indulto a Carlos e Serafín

Este xoves 22 diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas

Vigo -

As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha nova concentración para esixir o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condenados a tres anos de cadea por participar na folga provincial do sector do transporte en 2008. O obxectivo desta mobilización, que se desenvolverá este xoves 22 diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas, é seguir a reclamar unha medida de graza pola que levan catro anos agardando que evite a súa entrada en prisión

Dende os sindicatos convocantes teñen moi claro que continuarán coas protestas até que o Goberno español atenda unha demanda que é de xustiza e lamentan que o cambio no Goberno do Estado non supuxese unha mudanza na situación dos dous afectados.

Volver