• 18-03-23 ProtestaFroizBaiona01.jpeg
  • 18-03-23 ProtestaFroizBaiona02.jpeg
  • 18-03-23 ProtestaFroizBaiona03.jpeg
  • 18-03-23 ProtestaFroizBaiona04.jpeg
  • 18-03-23 ProtestaFroizBaiona05.jpeg

Continúan as protestas contra os despidos e os incumprimentos de Froiz na provincia de Pontevedra

Nesta ocasión cunha concentración diante dun establecemento en Baiona

Vigo/Pontevedra -

Hoxe tivo lugar unha nova mobilización de delegados/as do comité de empresa de Froiz na provincia de Pontevedra e da CIG-Servizos para denunciar os despidos e os incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa. Nesta ocasión, tras a protesta celebrada a semana pasada nun establecemento pontevedrés, desenvolveuse unha concentración diante dun supermercado de Baiona.

As próximas mobilizacións están previstas para os vindeiros días 27 de marzo (na rúa Teixugueiras de Navia) e 6 de abril (Salvaterra do Miño) ás 11:30 horas.

Volver