Continúan na Coruña as asembleas para preparar a folga xeral de mulleres do 8M

Delegadas da CIG debateron sobre a convocatoria e as mobilizacións previstas na comarca para esa xornada

O salón de actos da CIG da Coruña acollía este xoves unha nova asemblea preparatoria da  folga xeral de mulleres que a central sindical ten convocada para o vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. No encontro debateuse arredor da convocatoria de folga, distribuíse material axitativo e organizouse o traballo de cara ás mobilizacións que a CIG vai desenvolver nesa xornada en numerosas localidades.

Volver