Convocada a “XIII Marcha ás Cadeias” para o sábado 1 de xuño ao cárcere de Teixeiro

En solidariedade cos “amigos e familiares presos”

Nacional -

Um ano mais, a “Associación Que Voltem!” convoca para o vindeiro sábado día 1 de xuño, a “XIII Marcha ás cadeias” para achegar a solidariedade a “amigos e familiares presos nos cárceres do Estado español”. Lembra a importancia desta Marcha e pide a solidariedade que “é fundamental, que traspasse os muros das prisons e fagamos ver que nom estám sós”.

Desde “Que Voltem” manifestan a súa grande alegría, tanto polo feito de que depois de anos de dispersión, de traballo, de quilómetros…, os presos independentistas se atopen xa en cadeas  dentro do territorio galego, como pola posta en liberdade, o pasado ano, de Maria Ossório e Diego Santin, tras anos de dispersión por diversas prisións do Estado español.

Consideran, xa que logo, acadado un dos seus principais obxectivos: a fin da dispersión penitenciária, mais sinalan que “aínda queda muito trabalho por fazer”, como “a rebaixa do grao penitenciário, a fin do réxime FIES, a revisión da condena, a denúncia das irregularidades e abusos nas cadeas do país, a solidariedade coas familias e, por suposto, com eles mesmos”.

Primeira marcha em Galiza

O destino desta XIII Marcha é ao cárcere de Teixeiro (Curtis), onde foron trasladados

recentemente Roberto Rodríguez Fialhega, Teto, en segundo grao, e Eduardo Vigo

Domínguez, en primeiro grao, depois de máis de oito anos de dispersión. Porén, Raúl Agulheiro Cartoy permanece em Villabona.

Segundo lembran, os tres presos independentistas atópanse baixo réxime FIES e a prisión de Teixeiro vén sendo denunciada dende hai anos “pola vulneraçom sistemática de dereitos das persoas presas”.

“Que Voltem!” pon ao dispor das persoas solidarias vehículos  con saída desde dúas

columnas: Norte e Sur do paí e prega confirmación de asistencia através das súas redes antes do 25 de maio.

Columna Sur: Ourense-Vigo-Pontevedra-Compostela-Teixeiro.

Columna Norte: Ferrol- Pontedeume-Coruña-Teixeiro.

Volver