Convocadas tres xornadas de paros en Nueva Pescanova en demanda dun convenio digno con salarios xustos

Os paros, de tres horas, realizaranse os días 28, 29 e 30 de decembro en cada unha das quendas de traballo

Vigo -

Ante a pouca vontade de mellora mostrada por parte da empresa no proceso de negociación dos convenios dos centros de traballo e á vista da proposta de peche presentada pola dirección, os comités dos centros de traballo de Nueva Pescanova no Porriño e Chapela (CIG, CCOO, UGT, USO e CUT) teñen convocados parciais de tres horas para a próxima semana.

As folgas parciais terán lugar os días 28, 29 e 30 de decembro, cunha duración de tres horas, por cada unha das quendas de traballo: de 06:45 a 9:45 horas, de 14:40 a 17:40 horas, e de 22:35 a 01:35 horas.

Os comités explican que a última proposta económica presentada pola empresa, que pretende que sexa xa para pechar as negociacións do convenio, consiste en:

Ano

Grado C e D

Grupos 3 e 4

Grado A e B

Grupos 3 e 4

Si EBITDA

> 80%

2021

1%

1,58%

0,5%

2022

1,25%

3,60%

2023

1,50%

2024

1,75%

Esta proposta, denuncian, non garante a recuperación do poder adquisitivo e non se aproxima nin sequera un pouco ao que demanda o persoal, que tivo que pasar anos duros sen recibir nin unha soa mellora salarial e laboral.

Explican que Nueva Pescanova presenta unha proposta “trampa” pois ofrecen a maior subida nos salarios máis baixos (Grados A e B dos grupos 3 e 4), “cando este colectivo é moi minoritario nos cadros de persoal dos centros de traballo e cando, en calquera caso, eses traballadores e traballadoras só están 3 anos nesa situación pois nese tempo teñen que ascender de nivel”. Fronte a esta oferta miserenta da empresa, a proposta de negociación dos comités segue a ser unha suba do IPC anual máis o 2%.

Dende os comités chaman a todo o persoal a participar masivamente nestes paros para demostrarlle á empresa “que non estamos dispostas/os a pasar por esta humillación”. 

Volver