Convocan asemblea de traballadores/as de panaderías e pastelerías para abordar a negociación do convenio provincial de Pontevedra

Este luns 28 ás 19:00 horas na sede da UGT en Vigo
Vigo - 25 Out 2019

As centrais CIG, CCOO e UGT convocan a todos/as os traballadores/as do sector das panaderías e pastelerías a unha asemblea este luns 28 na sede da UGT en Vigo para abordar o estado das negociacións do convenio colectivo provincial de Pontevedra e para decidir as medidas a tomar ante a pretensión da patronal de recortar dereitos laborais.