Covid-19: Leccións que non debemos esquecer

Alain Bihr - 11 Xun 2020

A pandemia actual puxo de manifesto até que punto a mundialización do capital debilitou o sistema de saúde e afectou á seguridade das poboacións ao facelas dependentes de sistemas de produción e intercambio que están fóra do seu propio control e fóra do control das autoridades políticas e as administracións encargadas da saúde pública

 Mesmo se e sobre todo se a crise global provocada pola pandemia de Covid-19 terminase dando lugar a un regreso ao statu quo anterior, o que polo momento non é seguro, aprendeunos algo sobre as necesidades (imperativos e urxencias) e as posibilidades (potencialidades e oportunidades) que contén en si a actual etapa de desenvolvemento do modo de produción capitalista. Leccións que deben alimentar a reflexión crítica das forzas sociais que contan aínda cos medios para abrir outros camiños, incluído o que pode conducir á súa superación pola vía revolucionaria(1).

  1. A pandemia de Covid-19 causada polo virus SARS-CoV-2 forma parte dunha longa serie de pandemias virais cuxa frecuencia se viu acelerada nos últimos decenios. O VIH/SIDA (que apareceu en 1981), a Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS) entre novembro de 2002 e xullo de 2003 (provocada xa por un coronavirus, SARS-CoV), a gripe aviar en 2004 polo virus H5N1, a gripe polo virus H1N1 en 2009, o MERS-CoV que segue causando estragos no Medio Oriente desde 2012, a gripe aviar debida ao virus H7N9 en 2013 -sen mencionar os surtos de ébola en África occidental e do zika no Brasil ou o dengue, cuxa presenza segue estendéndose en todo o mundo- son os exemplos máis coñecidos dalgunhas decenas de enfermidades emerxentes ou reemerxentes. A hipótese máis aceptada, e na maioría dos casos confirmada, é que se trata de zoonoses, provocadas pola transmisión de axentes infecciosos (esencialmente de natureza viral) de especies animais, salvaxes ou domesticadas, aos seres humanos. É por iso polo que os nomes de moitas delas se refiren a especies animais.

 No primeiro caso, a transmisión vese favorecida pola presión que a especie humana exerce sobre o medio natural, o que multiplica as oportunidades de contacto entre esta última e as especies de animais salvaxes (mamíferos, aves, serpes, insectos, artrópodos) que viven nelas. Este é aínda máis patente cando se desata unha especie de tolemia pola carne destes animais. Pero, máis amplamente, é a destrución dos seus espazos ecolóxicos baixo o efecto da deforestación, causada pola extensión dos cultivos, o gando, a minaría, o hábitat, aas estradas e autoestradas, etc., o que obriga a estas especies a atoparen refuxio en ambientes regularmente frecuentados ou mesmo permanentemente ocupados polo ser humano. A multiplicación de tales contactos favorece a transmisión de axentes que, aínda que sexan frecuentemente benignos nos animais salvaxes en cuestión, poden converterse en patóxenos ao pasar aos humanos. Con máis motivo que esas transmisións interespecies son regularmente acompañadas por mutacións xenéticas.

 O segundo caso atinxe, en particular, á cativa industrial de animais. Robert G. Wallace demostrou como a agroindustria capitalista contribúe de múltiples xeitos á xeración de pandemias virais dentro da especie humana(2). O mecanismo é sempre o mesmo: O axente infeccioso atópase orixinalmente albergado de forma benigna por unha especie de animal salvaxe. A probabilidade de que se transmita aos animais domésticos cando están densamente concentrados en megaexplotacións como as creadas pola agroindustria, por razóns de economía de escala e para conquistar maiores cotas de mercado, é tanto máis alta canto que a uniformidade da especie e o aumento da densidade dos animais así criados son factores que debilitan as barreiras inmunitarias. Ademais, a frecuente localización destas megagranxas preto de zonas desfavorecidas de hábitat popular, que lle proporcionan o groso da man de obra, como é o caso das formacións periféricas, especialmente as situadas nas rexións tropicais, favorece as zoonoses, que se propagan doadamente desde estas periferias aos centros urbanos, dos que poden espallarse aínda máis lonxe. Ademais, ao globalizar o comercio, a agroindustria abre o paso á propagación mundial deses virus, permitindo así oportunidades de transmisión intra e interespecies. Para rematar, a partir do momento en que o virus conta con eses receptáculos animais e humanos tan diversos, que por outra banda se renovan constantemente, aumenta tamén a probabilidade de que se produzan mutacións xenéticas nos virus transmitidos, favorecendo así a aparición de cepas patóxenas para o ser humano con graos diferentes de virulencia, nun período de tempo moi breve. En resumo, en moitos sentidos, a agroindustria está en guerra contra a saúde pública.

 As leccións que podemos tirar son inmediatas e radicais. Se non se fai nada para acabar con estas prácticas destrutivas, é seguro que outras pandemias similares, se cadra mesmo máis graves que a que estamos atravesando actualmente, se van producir nos próximos anos(3). En termos máis xerais, a crise actual é presaxio doutras, e todas terán as seguintes dúas características: a súa causa inmediata radicará nunha ou outra das múltiples facetas da desfeita ecolóxica mundial en que nos sumiu o capitalismo, e a vida das poboacións estará en xogo a unha escala que podería ser planetaria. Por conseguinte, o movemento revolucionario debe situar o problema ecolóxico, en todas as súas dimensións, no centro das súas preocupacións: a transformación socialista da sociedade xa non pode ser senón ecosocialista.

 No inmediato, supón loitar para rematar con todas as actividades e prácticas anteriores que se identificaron como causas directas ou indirectas das pandemias. Entre elas están a deforestación e a destrución de zonas silvestres, en particular nas áreas tropicais, e todo aquilo que permite o seu desenvolvemento, incluída a expansión da agricultura e a gandaría intensivas, que tamén son responsábeis doutros perigos para a saúde pública (uso masivo de fertilizantes e praguicidas artificiais, recurso aos OGM, etc.). Así mesmo, hai que pór fin ás explotacións xigantescas ás que estas deron lugar, volvendo ás prácticas agrícolas, así como ás prácticas de cultivo máis xerais, que sexan á vez menos extensas e menos intensivas e que teñan en conta esencialmente a biodiversidade animal e vexetal, en todos os niveis da ocupación humana da Terra, e máis aínda nas zonas da Terra que os seres humanos non ocupan de forma permanente. Tamén é necesario acabar coa aberración económica e ecolóxica que consiste en ampliar os circuítos de distribución de alimentos a un nivel planetario, favorecendo os circuítos curtos e, polo tanto, locais. Porén, para que os cambios mencionados sexan posíbeis deben ser modificadas de antemán as prácticas de consumo tamén deben modificarse nas fases posteriores, en particular unha redución do consumo de carne, cuxo aumento a nivel mundial serve de fundamento e lexitima a extensión e intensificación da gandaría. Porque a saúde pública tamén está en xogo na nosa mesa.

  1. Resultou imposíbel previr a actual pandemia porque as investigacións científicas realizadas a partir de pandemias anteriores (sobre todo a síndrome respiratoria aguda severa SARS en 2002-2003) se abandonaron rapidamente nos anos seguintes. En canto á investigación pública, esta foi afectada pola austeridade orzamentaria, máis severa aínda logo da crise financeira de 2007-2009, que levou á restrición e mesmo á supresión do xa escaso financiamento da investigación pública, tanto a nivel nacional como internacional(4). En canto á investigación privada, que opera no marco das empresas farmacéuticas privadas transnacionais, cuxa principal preocupación non é certamente a saúde pública senón a valorización máxima do seu capital(5), esta ten por definición pouco interese e menos aínda medios para o desenvolvemento de medicamentos ou vacinas cuxa rendibilidade é dubidosa ao seren necesariamente longos para o seu desenvolvemento, ademais da incerteza en canto á existencia dunha demanda liquide, dado que se descoñece a probabilidade de recorrencia de tales episodios epidémicos ou non. Así e todo, nos últimos anos alzáronse moitas voces, non só por parte dos investigadores senón tamén por parte os aparellos da policía e do exército(7), para advertir os líderes políticos, en particular aos responsábeis da saúde pública, sobre o risco e a case certeza de tales recorrencias, sen que obteñan resultado ningún. E a actual pandemia demostrou a posteriori que tiñan razón.

 Porén, aínda que os investigadores preocupados pola loita contra as recorrencias das pandemias virais teñen boas razóns para se indignaren, non ocorre o mesmo con algúns dos seus colegas que puideron dispoñer claramente dos fondos necesarios e suficientes para lograr... amplificar a virulencia dalgúns deses virus, que mesmo constitúen importantes ameazas para a saúde pública(7). En ducias de laboratorios de todo o mundo, en Europa, os Estados Unidos, Xapón, China e Rusia, estanse levando a cabo investigacións para producir estes virus mellorados, cuxas melloras na función (nome oficial) se obteñen mediante a manipulación xenética. Así, en 2011, dous virólogos, Ron Fouchier e Yoshihiro Kawaoka, fixéronse coñecer ao anunciar que mutaran o virus da gripe aviar H5N1, que se transmite naturalmente só das aves aos seres humanos, para que sexa capaz de se transmitir directamente entre os seres humanos. Dous anos despois, os mesmos investigadores propuxeron manipular o virus da gripe aviar H7N9 do mesmo xeito. Todo iso co pretexto de estudar como mutan tales virus pero tamén, máis probabelmente, para mellorar os arsenais de guerra bacteriolóxica que posúen os estados maiores dos principais exércitos, aínda que declarando que nunca serán os primeiros en utilizalos... Se os científicos mencionados están entre os moi poucos que admiten que realizan este tipo de manipulación para crearen Frankenvirus nos seus tubos de ensaio, é evidente que non son os únicos: un laboratorio americano recreou o virus da famosa gripe española, que provocou entre corenta e cincuenta millóns de vítimas entre 1918 e 1919.

 A este inventario dos horrores científicos en curso hai que engadir que, malia todas as precaucións tomadas, o persoal dos laboratorios que levan a cabo este tipo de investigacións non está a salvo de contaminacións, nin tampouco se pode afirmar que estes laboratorios están perfectamente illados. En resumo, o virus que se manipula aí, sexa ou non mellorado, pode chegar a saír do laboratorio e contaminar non só o persoal en cuestión, senón tamén os seus familiares, veciños, a todas as persoas que se atopen no camiño, etc. As fugas deste tipo prodúcense coa mesma frecuencia que as fugas das centrais nucleares, que tamén teñen a reputación de seren perfectamente seguras, segundo os nucleócratas. Até tal punto que, tres veces nos últimos cinco anos, as autoridades estadounidenses tiveron que suspender investigacións dese tipo en laboratorios baixo a súa supervisión debido a deficiencias na seguridade(8).

 Que leccións se poden tirar do anterior? Por unha banda, é evidente que se debe garantir a independencia dos investigadores tanto con respecto á industria como ao goberno, mediante a asignación dos fondos necesarios para as investigacións consideradas necesarias ou prioritarias desde o punto de vista da defensa da saúde pública. Pero por outra banda, nesta área como en calquera outra, a investigación científica é un asunto demasiado serio e valioso como para deixar a súa dirección e control só aos científicos, xa que se corre o risco de dar renda solta aos delirios dos Dr. Strangelove que pode haber nalgúns deles, delirios con frecuencia alentados polas industrias e os gobernos. A reconciliación entre eses imperativos contraditorios debe buscarse a través da institución de procedementos democráticos de deliberación e toma de decisións sobre as investigacións a efectuar e o financiamento destas, coa participación dos investigadores e tamén dos cidadáns, que habitualmente teñen un sentido agudo das necesidades e urxencias en materia de enfermidades, ordinarias ou excepcionais, para as que é necesario buscar tratamentos así como as melloras posíbeis a achegar ás súas condicións ordinarias de existencia.

  1. A pandemia do Covid-19 propagouse como un regueiro de pólvora grazas aos intercambios económicos transnacionais. A lección que hai que tirar disto é evidente: se se quere evitar ou polo menos limitar e frear a propagación desas pandemias, que moi probabelmente se repitan no futuro dadas as condicións actuais, é necesario reducir a escala e a velocidade deses intercambios recolocando as unidades produtivas o máis preto posíbel das poboacións cuxas necesidades se supón que deben satisfacer.

 Mais a partir das leccións da crise actual, a prevención dos efectos das pandemias non é o único argumento a favor dun cambio dese tipo. A crise puxo de manifesto a extrema fraxilidade da infraestrutura produtiva creada pola transnacionalización do capital. Os máis veteranos (incluído o autor destas liñas) lembrarán, con certa nostalxia, a capacidade de conflito que os OE (traballadores especializados), que traballaban nas cadeas mecanizadas e taylorizadas da industria fordista dos anos sesenta e setenta, demostraron mediante a práctica do que no seu momento se denominou folgas da cortiza: abondaba con deter a produción nun taller determinado ou nun segmento chave das cadeas produtivas para bloquear a produción en todos eles. Agora ben, coa intención de se liberar en principio desta capacidade proletaria de conflito, a "fábrica fluída, flexíbel, difusa e nómade" posfordista non fixo outra cousa máis que estender esta fraxilidade ao conxunto do planeta: abonda con que, por algunha razón (catástrofe natural, gran crise sanitaria, guerra... ou folga), un dos elos chave (un Estado, unha rexión, unha zona industrial, ás veces unha simple empresa) das cadeas de valor mundiais rompa momentaneamente para que toda a cadea se paralice. Aínda que tales accidentes sempre son prexudiciais para a valorización do capital desas cadeas, o impacto no benestar das persoas é escaso cando esas cadeas producen bens tan inútiles como o último i-Phone ou a última tablet, exceptuando, por suposto, os máis adictos a eses aparellos...(9)

 A situación é diferente cando se trata de necesidades básicas como son os medicamentos, o xel hidroalcólico, as máscaras protectoras ou os respiradores artificiais, que tanto fixeron falta nas últimas semanas. Isto é precisamente o que revelou a actual pandemia, lembrando tamén que en Europa se produciu unha escaseza repetida ou mesmo crónica de medicamentos nos últimos anos: "Actualmente, só o 22% dos medicamentos reembolsados [a través da Seguridade Social] en Francia se producen localmente -ou sexa o 17% dos medicamentos utilizados nos hospitais e o 2% dos medicamentos contra o cancro. Mesmo no caso dos de orixe francesa, a maioría das materias primas proceden do estranxeiro: China e a India representan o 61% dos centros de produción de substancias activas(10). Esta non é unha situación exclusivamente europea, senón que a que se produce tamén en Canadá(11) e nos Estados Unidos(12), por exemplo.

 Dito doutro xeito, a pandemia actual puxo de manifesto até que punto a mundialización do capital debilitou o sistema de saúde e afectou á seguridade das poboacións ao facelas dependentes de sistemas de produción e intercambio que están fóra do seu propio control e fóra do control das autoridades políticas e as administracións encargadas da saúde pública(13). Se a seguridade alimentaria das poboacións levou a que a produción agrícola sexa excluída do conxunto de regulamentos da Organización Mundial do Comercio (OMC) tras o fracaso do ciclo de negociacións de Doha (2001-2006), o mesmo debe ocorrer con todo o que se refire á seguridade sanitaria desas mesmas poboacións. E os mesmos argumentos a favor da agricultura local e as canles de distribución curtos poden e deben desenvolverse para relocalizar a produción de bens e servizos necesarios para a saúde pública. A situación creada pola actual pandemia ofrece a oportunidade de impoñer esas medidas, o que debemos aproveitar con urxencia(14).

 O alegato a favor da relocalización das actividades produtivas pode reforzarse tamén con dous argumentos adicionais, que van máis aló das consideracións da actual pandemia, pero que non son alleos a ela. Por unha banda, a transnacionalización do capital baseouse na extensión e intensificación do movemento físico (transporte) de bens e persoas, ás veces nunha medida verdadeiramente aberrante(15), aínda que esta non sexa a única nin sequera a principal dimensión. Recordemos en que medida o transporte (terra, mar, aire) é un dos principais factores da emisión de gases de efecto invernadoiro, especialmente o dióxido de carbono (CO2) procedente da combustión dos hidrocarburos que utilizan como combustíbel(16). A mundialización dos intercambios é, polo tanto, un dos principais factores da agravación constante da crise climática; e a relocalización das actividades económicas é unha das principais condicións para atenuar esta crise. Aquí atopamos o vínculo entre a pandemia actual e a crise ecolóxica mundial, na que nos embarcou a arrogancia capitalista do control da Terra.

 Por outra banda, a relocalización das actividades produtivas é unha condición que pode favorecer o control do aparello produtivo por parte da poboación, algo necesario non só na produción de bens e servizos de saúde, como se verá máis adiante. Este control implica obviamente a socialización dos medios de produción e a autoxestión das unidades produtivas. Pero supón igualmente unha planificación democrática do conxunto da produción social, para axustar os medios dispoñíbeis no traballo morto (medios de produción) e no traballo vivo (forzas de traballo) ás necesidades sociais que hai que satisfacer, enumeradas por orde de prioridade, cuxa definición deberá ser obxecto de consensos e decisións colectivas. Agora ben, as dificultades inherentes a unha democracia económica deste tipo aumentan inevitabelmente coa escala da poboación, o seu espazo de residencia, as súas necesidades e coas unidades produtivas a coordinar. Polo tanto, as posibilidades de éxito son inversamente proporcionais a estes parámetros citados.

 Para rematar, aclaremos que o exposto anteriormente non constitúe de ningún xeito un alegato a favor de ningún tipo de autarquía. Aínda que suxerimos claramente que as sociedades humanas controlan aínda máis o seu destino na medida en que contan e en que lles basta con confiar nas súas propias forzas, non avogamos por unha sociedade que se repregue sobre si mesma e ignore os beneficios da solidariedade en todas as súas formas, de acordo cos principios do federalismo libertario. Polo tanto, defendemos unha autonomía económica, política e cultural das sociedades humanas, que non exclúe as relacións entre elas, senón que as subordina ás súas propias orientacións internas e aos seus principios de organización, o que concorda co significado etimolóxico da palabra autonomía.

  1. A pandemia non puido ser contida na escala e coa rapidez que tería sido posíbel e desexábel debido aos fortes recortes do gasto público en saúde nas décadas anteriores. Aínda que isto xa se documentou abondoasmente en forma de numerosos testemuños, o macabro número de ducias de miles de vidas sacrificadas deliberadamente polos sumos sacerdotes e os baixos clérigos dos ministerios, as administracións e os organismos de saúde pública no altar da austeridade orzamentaria, a través do peche de institucións e unidades de coidados intensivos e a restrición de persoal. E isto, malia as protestas e advertencias dese mesmo persoal, que adoitaba recibir como única resposta un silencio arrogante e despectivo e gases lacrimóxenos. Todos os (ir)responsábeis da desfeita que acabamos de vivir deben render contas, no plano político, por suposto, pero tamén, se fose posíbel, no plano xudicial(17).

 A lección inmediata que podemos tirar é que hai que pór fin a esta austeridade, pór en marcha un amplo plan público para o sistema de saúde, que inclúa a cancelación da débeda dos hospitais, a reapertura de instalacións e servizos pechados, a contratación masiva de persoal e a reavaliación dos seus salarios, etc.(1). Mais a crise sanitaria tamén revelou que parte da deficiencia do sistema de saúde non se debe só á escaseza de equipos e de persoal, senón tamén á súa natureza burocrática. No caso francés, isto reflíctese en particular no feito de que o conxunto do sistema de saúde se centra nos hospitais públicos ou privados, e polo tanto na medicina curativa e especializada, en detrimento das estruturas descentralizadas que practican a medicina preventiva e xeralista(19). A reorganización do sistema de saúde débese facer en torno a esas estruturas básicas, combinando os médicos xeralistas e os auxiliares médicos, sen esquecer a participación da poboación involucrada por esas estruturas na súa xestión(20).

 Pero, máis aló das deficiencias do sistema de saúde, a crise sanitaria provocada pola pandemia puxo de manifesto moitas outras necesidades sociais ás que o capitalismo contemporáneo non responde ou faino de xeito moi mediocre. A comezar pola vivenda. A esixencia de que todo o mundo permaneza confinado nas casas para frear a pandemia revelou rapidamente o carácter inhabitábel dunha parte importante das vivendas sociais, en particular nas grandes urbanizacións dos suburbios e as periferias urbanas. En Francia, en 2013 (últimas cifras coñecidas), combinando todas as vivendas e todos os estatutos dos ocupantes, unha quinta parte dos habitantes queixáronse de "signos de humidade en certas paredes", "problemas de illamento térmico das paredes ou o teito" e "fiestras que deixan pasar o aire de xeito anormal", mentres que case un de cada oito tivo que vivir en vivendas que deixaban menos de dez metros de distancia dos seus veciños de en fronte; case una de cada seis vivendas colectivas estaba superpoboada, en comparanza con só o 3% das vivendas individuais; e mesmo nas vivendas terminadas entre 1999 e 2013, case un de cada dez ocupantes tiña que soportar un illamento acústico deficiente, máis frecuentemente prexudicial pola noite que durante o día, de novo cun forte contraste entre as vivendas individuais e colectivas e entre os fogares pobres e os acomodados(21). Un estudo máis polo miúdo probabelmente revelaría moitas máis fontes de molestias. Polo tanto, non é de estrañar que, moi axiña, o confinamento se fixese inaturábel para unha parte da poboación que vive en tan malas condicións, que polo tanto ocupaba o espazo público circundante, desafiando as prohibicións oficiais e a policía encargada de facelas cumprir, o que deu lugar a múltiples incidentes, algúns deles mortais. A enquisa sobre vivenda do INSEE (Instituto Nacional de Estatísticas e Estudos Económicos, polas súas siglas en francés) segue centrándose principalmente na vivenda ordinaria, abordando só marxinalmente a situación das persoas sen fogar e as que están aloxadas en prisións ou centros de detención, cuxo confinamento deteriorou aínda máis a situación.

 Pódense facer observacións similares sobre outras necesidades sociais, que a actual pandemia puxo de manifesto e sobre a neglixencia ou o desinterese con que o capitalismo contemporáneo as tratou. Así pois, o confinamento da poboación interrompeu abruptamente a educación a todos os niveis. Sobre todo, a introdución apresurada de solucións de educación a distancia deixou en claro que a educación a distancia está aínda na súa infancia, polo menos dentro da educación pública, e non foi deseñada para que exista unha articulación co ensino presencial, que segue sendo indispensábel e o único xeito de capacitar os alumnos e estudantes para utilizar os recursos en liña. As carencias destes últimos constitúen un atranco importante para a difusión da educación a distancia, así como a existencia, no outro extremo do circuíto de comunicación, de condicións de traballo no fogar que permitan explotala con bos resultados; e isto reflíctese nas malas condicións de vivenda que ten que soportar unha parte da poboación. O mesmo se pode dicir do acceso aos bens e servizos culturais; seguindo con este exemplo, a dixitalización dos fondos das bibliotecas públicas e outros centros de documentación segue sendo insuficiente, ou está xa abandonada pura e simplemente ás operacións mercantís: en 2018, o Proxecto Gutenberg permitira dixitalizar menos de sesenta mil obras, mentres que o ano pasado, Google Books xa propoñía uns corenta millóns de obras, moitas das cales foran simplemente saqueadas(22).

 Entre as necesidades sociais máis vitais está tamén o coidado das persoas dependentes: nenos pequenos, adultos con enfermidades de longa duración, discapacitados ou inválidos, anciáns, etc. Neste caso tamén, o confinamento e o peche parcial dos servizos dedicados a estas persoas mostraron a precariedade da situación dalgúns deles, en particular os anciáns a domicilio, atendidos grazas ao esforzo dos profesionais deses servizos e á solidariedade familiar ou veciñal, co risco de contaminación que iso implica. Unha serie de improvisacións que sinalan o estado miserábel do xeito en que as necesidades sociais son satisfeitas por un capitalismo que, ademais, se orgulla de chegar a unha etapa de civilización humana plena.

 Para completar o cadro, as últimas semanas mostraron a amplitude das desigualdades sociais establecidas pola satisfacción das necesidades sociais, así como, máis amplamente, todos os aspectos da existencia individual e colectiva baixo o capitalismo e, por conseguinte, a necesidade de loitar contra elas(239. Sen poder enumerar os diversos exemplos precedentes, é evidente que o significado do confinamento non foi o mesmo segundo que tivese lugar nunha casa rural cómoda e agradábel ou nun apartamento social suburbano; ou tamén, se o equipo informático da vivenda é apto para satisfacer os usos específicos e simultáneos de cada un dos seus ocupantes ou se, pola contra, este equipo é inexistente ou existe un só para todos os ocupantes do apartamento. En canto ás desigualdades entre homes e mulleres na división social do traballo, quedaron claras especialmente nesta ocasión, ao establecerse o coidado como unha urxencia social, así como unha virtude eminente: as mulleres estiveron en primeira liña entre o persoal do hospital e de Ehpad (Establecemento Para Persoas Maiores Dependentes, polas súas siglas en francés)(24). Dada a persistente desigualdade na división do traballo doméstico, unha vez máis, as mulleres, como esposas e nais, tiveron que asumir o traballo doméstico adicional xerado polo confinamento de todos os membros dos seus fogares. Ademais, foron as principais vítimas do medre da violencia conxugal, que tamén aumentou co confinamento(25). E pódense facer observacións similares con respecto a outras dimensións das desigualdades sociais, por exemplo, aquelas entre grupos étnicos ou etno-racializados(26).

  1. Unha vez desencadeada, a xestión da crise serviu para recordar que o Estado ou Estados son e seguen a ser o último recurso para o capital. Neste caso eminentemente crítico, asumiu esencialmente tres misións. Por unha banda, no inmediato, para salvar o capital poñéndoo baixo perfusión financeira: garantindo os empréstitos que as empresas tiveron que contraer para facer fronte ás perdas de explotación; adiando os prazos de pagamento das súas contribucións obrigatorias (impostos e cotizacións sociais); asumindo total ou parcialmente o custo do paro técnico ao que se viron obrigados os seus asalariados; prolongando o período de dereito a determinadas prestacións sociais (subsidios de desemprego) e o pagamento dos salarios dos funcionarios e outros empregados do Estado; concedendo subvencións excepcionais directamente ás empresas e aos fogares (isto foi así mesmo nos Estados Unidos), etc. Sen dúbida, mañá haberá outras subvencións excepcionais, absorcións de débedas, nacionalizacións, etc., sen falar dos plans de relanzamento que serán necesarios para impulsar a recuperación (a reactivación da economía) estimulando o consumo e o investimento, en particular nos sectores máis afectados polo peche (turismo, hoteis, restaurantes, teatros, transporte aéreo, etc.). E todo iso a custa dun enorme déficit orzamentario e un forte aumento da débeda pública (no sentido máis amplo do termo: a débeda dos Estados, as administracións locais e as administracións públicas de benestar social -non esquezamos o custo da pandemia para o seguro de enfermidade), sobre todo porque a contracción da actividade produtiva deu lugar a unha contracción dos ingresos públicos (principalmente impostos indirectos perdidos e contribucións sociais adiadas ou canceladas). Segundo o FMI, a débeda pública podería aumentar nun 13% do PIB mundial(27), ou máis de 10 billóns de dólares.

 No seu intento de rescate financeiro do capital, os gobernos foron axudados por unha intervención masiva dos bancos centrais. Algúns (o Banco de Inglaterra, o Banco de Xapón) mesmo os financiaron directamente. Os demais (a Reserva Federal dos Estados Unidos, o Banco Central Europeo) proporcionaron aos operadores financeiros (principalmente bancos privados) a liquidez necesaria (atenuando así o risco dunha contracción do mercado interbancario) e exerceron unha presión á baixa sobre os tipos de xuros mediante a compra masiva de bonos públicos (mais tamén privados) no mercado bursátil. E hai que sinalalo unha vez máis, contra todos os dogmas da doutrina neoliberal, que até o día antes se seguían afirmando como artigos de fe indiscutíbeis por aqueles que hoxe finxen, polo menos, ignoralos, pero sen renunciar a eles.

 Por outra banda, os Estados fixeron todo o posíbel para preservar o capital das posíbeis influencias das forzas anticapitalistas. Para iso, fixeron uso do pau, restrinxindo o campo das liberdades públicas dun xeito até o de agora inédito (o confinamento suspendeu, de iure e de facto, o exercicio das liberdades de circulación, reunión e manifestación en todos os Estados en que se decretou), reducindo o estado de dereito, pero tamén ampliando e multiplicando os obxectivos e os medios de vixilancia e de control(28). Mais tamén utilizaron incentivos, insistindo na ideoloxía de (in)seguridade, utilizando o medo ou até o pánico provocado pola pandemia, para promover ou reforzar os reflexos lexitimistas que poden dar lugar á Unión Sagrada e silenciar os partidarios da disidencia social e o conflito político, mesmo grazas á colaboración activa dun sector da poboación que se entregou á alegre perversidade da denuncia, ás veces incitada polas propias autoridades. Así, as chamadas democracias occidentais adoptaron en poucas semanas as mesmas medidas de vixilancia das poboacións que os seus dirixentes denunciaban como o selo da ditadura exercida polo chamado Partido Comunista Chinés.

 Para rematar, os Estados prepararon a volta á normalidade e garantiron certas condicións para a saída da crise, en particular abrindo a vía á agravación da explotación (en particular a través das restricións impostas ao dereito laboral: autorización para prolongar a xornada laboral, para flexibilizar a utilización da man de obra, etc.), sen definir o seu alcance e duración de aplicación, como en Francia, a suspensión do dereito de folga, como en Portugal), a fin de compensar o déficit de ingresos de capital, e redobrou a austeridade orzamentaria para facer fronte ao aumento da débeda pública. É significativa a ausencia de medidas coercitivas destinadas a frear os despedimentos, máis aló da cobertura parcial do desemprego técnico, o que só tivo efecto de incentivo. Os gobernos apostaron claramente polo efecto que o actual aumento do desemprego terá nos próximos meses para agravar o desequilibrio nas relacións de forza entre o capital e o traballo.

 Porén, ao mesmo tempo, a xestión estatal da crise corre o risco de agravar as dificultades do capital, tanto a curto como a longo prazo. Por outra banda, toda continuación e agravamento da austeridade fiscal (que implica recortes claros nos servizos colectivos e os servizos públicos) diminuirá as posibilidades futuras do desenvolvemento capitalista, impedindo en particular que se eviten os efectos de posíbeis pandemias aínda máis graves nun futuro próximo. Dado que as mesmas causas xeran os mesmos efectos, calquera retorno ao statu quo anterior corre o risco de crear as condicións para novas pandemias e novas crises mundiais, mesmo peores que a que estamos atravesando.

 Agora ben, ao ser asumida polos distintos Estados, a xestión da crise e as súas consecuencias non fixeron senón agravar a distorsión entre unha economía capitalista mundializada e os centros de poder que seguen sendo esencialmente nacionais e preocupados polos intereses nacionais, atrapados así en rivalidades e conflitos entre si e entre os conglomerados de capital que representan. De aí a falta de solidariedade e cooperación entre eles na xestión inmediata da crise, na súa dimensión sanitaria mais tamén nos seus aspectos económicos e financeiros. As disputas entre os dirixentes da zona euro, que non foron capaces de poñerse de acordo sobre un mínimo de solidariedade financeira entre eles (débedas públicas mutualizadas), baixo a forma, por exemplo, de emisión de obrigas por parte da Unión Europea como tal (eurobonos), déronnos un mal exemplo, sen ánimo de prexulgar a posta en marcha efectiva do plan da Unión Europea de pedir prestado 500.000 millóns de euros, proposto o luns 18 de maio polo tándem Macron-Merkel.

 Para rematar, este novo rescate do capital por parte do Estado, despois do da crise financeira de 2007-2009, levou as débedas públicas a un nivel tal que, mesmo cunha austeridade fiscal redobrada, corren o risco de facerse insoportábeis, senón por parte dos Estados (os seus contribuíntes), polo menos por parte dos seus acredores. Por suposto, unha das diferenzas entre a débeda pública e a privada é que a débeda pública non está destinada a extinguirse: ao seu vencemento, un empréstito anterior (en forma dunha emisión de bonos) reembólsase subscribindo un novo empréstito (en forma dunha nova emisión de bonos), habitualmemte dos mesmos acredores. Así que, estritamente falando, o goberno só ten que servir os xuros da súa débeda e nunca o seu capital. Con todo, este xuro non debe ser demasiado alto, de xeito que o monto da débeda non sexa demasiado alto, nin tampouco a taxa de xuro corrente. Mais cando o monto da débeda aumenta, por temor a un posíbel incumprimento por parte do prestatario, os acredores tenden a aumentar as taxas, incluída unha prima de risco que aumenta en proporción á débeda. E cando a taxa de endebedamento supera a taxa de crecemento do PIB, a débeda tende a aumentar mecanicamente, xa que a súa carga (os xuros a pagar) supera entón os ingresos fiscais que, a menos que se aumente a carga fiscal, seguen a taxa de crecemento do PIB, mentres que ao mesmo tempo a capacidade dos gobernos para impulsar este último se ve limitada pola carga da súa débeda. É en tal situación que un número crecente de Estados (incluíndo en Europa entre os Estados membros da zona euro, en particular Italia) poden atoparse nos próximos anos en tal situación, tendo que se declarar en estado de suspensión de pagamentos, ou mesmo simplemente negarse a pagar a súa débeda; ou proceder a unha profunda reforma da fiscalidade, gravando seriamente o capital, as rendas altas e as grandes fortunas, se non son capaces de presionar máis ás rendas baixas e medias; ou finalmente reactivar a inflación para reembolsar aos seus acredores(29). Estas solucións son todas insatisfactorias desde o punto de vista dos intereses que se supón que estes Estados supostamente defenden; porque, en todo caso, para salvar os bancos, compañías de seguros, fondos de investimento, fondos de pensións, etc., que mercan títulos de débeda pública, terían que desplumar aforradores que posúen estes mesmos títulos e cuxos aforros están centralizados por eses mesmos investidores.

 Sobre todo, o que nos interesa aquí por riba de todo, a xestión da crise polo Estado lembrounos que, dado que esta relación social que é o capital xa non pode asegurar a reprodución social (a reprodución da sociedade, as condicións básicas da vida social, empezando por manter viva á poboación), é o Estado o que debe entrar (de novo) en escena, en primeiro lugar para salvar o capital, como xa o vimos, pero tamén para preservar a sociedade no seu conxunto. A crise actual lembrounos que, nunha sociedade fragmentada e dividida polo predominio do interese particular como o é a sociedade capitalista, o interese xeral só pode realizarse a través e baixo a forma deste órgano colocado en aparencia -pero tamén en parte en realidade- fóra e por riba da sociedade que é o Estado. E neste sentido, o Estado é factor e vector doutra lóxica económica que a inmediatamente perseguida polo capital, caracterizada precisamente pola realización prioritaria do interese xeral, unha organización da produción social orientada á satisfacción das necesidades sociais e un cálculo económico que ignora a rendibilidade inmediata do mercado para se organizar unicamente sobre a base de consideracións das cantidades a producir e dos medios dispoñíbeis para producilas; en resumo, máis preocupado polo valor de uso que polo valor de cambio, pode chegar mesmo a institución do control dos prezos ou ata dos prezos administrados(30).

 Deste xeito, a necesidade de manter as forzas produtivas sociais, os medios de produción e a forza de traballo, levou ao Estado a abrir as comportas do gasto público, apoiando as empresas e os fogares, sen preocuparse polo equilibrio do orzamento ou o aumento da débeda pública, supoñendo que había suficiente riqueza producida anteriormente (en forma de reservas monetarias) para asegurar o presente e preservar o futuro mobilizando os logros do pasado(31). Do mesmo xeito, a necesidade de poñer rapidamente a disposición máscaras e aparellos de respiración deu lugar a requisamentos, así como á promoción, ou mesmo á orde, de converter talleres téxtiles ou mecánicos, aínda que os logros sexan ben modestos e, ás veces, mediocres. Pola contra, a necesidade de preservar o corpo social conduciu á paralización de toda produción non inmediatamente necesaria para a sociedade, arbitrando así entre o útil e o fútil, senón entre o benéfico e o prexudicial -ben das veces, abofé, baixo a presión dos traballadores e as traballadoras.

 Esas leccións non teñen nada de novo nin de sorprendente para quen coñece a tradición socialista. Denunciadas comunmente como ideas vellas que datan do século XIX ou ridiculizadas coma se fosen restos dos naufraxios das experiencias socialistas, ou así chamadas, do século XX, acaban, así e todo, de lembrar a súa plena relevancia e validez. Teremos que recordalo nas próximas crises da reprodución do capital, que non tardarán en volver en canto esta volva ao seu curso anterior. Tamén será necesario lembrar que non hai que confundir o socialismo co estatismo; que a socialización da produción que se quere lograr só adopta a forma de estatización mentres se manteñan as relacións capitalistas de produción; e que a superación destas últimas debe facer que adopte outras formas, combinando a autoxestión das unidades de produción coa planificación democrática da produción no seu conxunto.

  1. A extrema fraxilidad da infraestrutura produtiva do capitalismo non só se debe ao carácter transnacional que adquiriu nos últimos decenios, mencionado anteriormente. A transnacionalización non fixo máis que acentuar unha fraxilidade estrutural derivada da propiedade privada dos medios de produción social: ao feito de que estes medios de produción se execeten en e por empresas privadas, separadas entre si e ,es,p parcialmente opostas entre si, véndose ao tempo obrigadas a cooperar mediante o intercambio comercial dos seus produtos (bens ou servizos). Se ese intercambio rompe, por unha ou outra razón, crise sanitaria, crise económica ou crise política, todo o aparello de produción colapsa. Correspóndelle entón ao Estado facerse cargo, sendo que el mesmo se atopa estruturalmente impedido pola súa natureza burocrática e polos límites que lle impón a propiedade privada, que pretende preservar e facer respectar. Por non falar da mediocridade habitual dos que gobernan, tanto intelectual como moral (pois existe logo unha ambición máis mediocre que a de querer gobernar as persoas?), que son á súa vez prisioneiros dos intereses de clase que representan e dos intereses dos corpos aos que pertencen, con todo o que isto implica en termos de barreiras e anteollos.

 Se, malia a fraxilidade estrutural da infraestrutura produtiva do capitalismo e dos límites da acción paliativa do Estado, a crise sanitaria e social non foi aínda máis grave, iso débese a outro factor máis: a capacidade de autoactividade (automobilización, autoorganización, autoxestión, etc.) das persoas, que adoptou moitas formas, orixinando diversas prácticas, todas elas baseadas, con todo, nos principios de autonomía (apoiándose nas propias forzas) e solidariedade (o nós é máis importante que o eu). Esta capacidade de autoactividade é a que normalmente impoñería, mediante o exercicio do dereito a retirarse do lugar de traballo por risco sanitario, a través da ameaza de folga ou o uso efectivo da folga, o cesamento de actividades produtivas que non son esenciais para a continuación da vida social e a adopción de medidas de seguridade básicas para permitir a continuación das actividades produtivas máis esenciais. Esta política é a que levou a algunhas empresas, os que traballan pola súa propia conta e os particulares a fabricar máscaras protectoras cando os poderes públicos non podían distribuílas porque non renovaran nin protexerano as existencias acumuladas anteriormente. Foi sobre todo a actividade propia do persoal de enfermaría que, nos hospitais e en Ehpad, tratou de compensar o traballo extra, inventando medios improvisados (bolsas de lixo como proteccións, máscaras nasais como máscaras de protección, etc.), a través da reorganización de servizos enteiros (para poder deixar lugares libres en reanimación), pagando o prezo do cansazo e do risco de contaminación ante a falta de medios que ese mesmo persoal viña denunciando desde fai tempo. Isto levou a un médico de urxencias a dicir: "a sensación do persoal, de todas as categorías de persoal, é que as administracións non serviron para nada e que una certa forma de autoxestión baseada en iniciativas individuais era a solución correcta. Isto abre perspectivas de futuro en torno a un vello lema que xa non parece tan anticuado: “o poder para os traballadores”(32). A autoactividade tamén se atopa no principio de desenvolver prácticas de axuda mutua entre veciños (para as compras, o coidado dos nenos, etc.) e de asistencia aos máis necesitados(33). Ese principio deu lugar tamén a un abraiante conxunto de manifestacións e creacións, algunhas en apoio do persoal sanitario (como os concertos de aplausos ou as cazoladas nos balcóns e fiestras á noitiña), outras para denunciar xa sexa de forma enfadada, humorística ou onírica, a neglixencia e as mentiras dos gobernantes, outros denunciaban o absurdo e a inhumanidade do sistema capitalista, algúns a angustia xerada pola pandemia e o encerro, e outros esixían que se rendan contas cando chegue o momento ou manifestaban a vontade de loitar para que isto non ocorra nunca máis.

 Non debe sorprendernos o feito que esta capacidade de autoactividade se manifeste precisamente nun momento en que se está revelando a fraxilidade das relacións de produción capitalistas e os límites da acción do Estado. Isto débese a que, mentres o capital e o Estado funcionen normalmente, esta capacidade de autoactividade permanece invisíbel, subterránea, ao mesmo tempo reprimida, relegada e instrumentalizada por eles. É no momento en que estas estruturas opresivas fallan que sae á luz como a base mesma da vida social, o seu primeiro e último recurso. Polo tanto, deberemos basearnos nela nas próximas crises como a que acabamos de vivir e da que aínda non saímos, que se repetirán inevitabelmente coa volta á normalidade, para amortecer o seu impacto, pero tamén para tomar o camiño da emancipación social. Porque o derrocamento revolucionario do capitalismo non require, en última instancia, outra cousa que o despregamento a escala de toda a vida social e a institucionalización en forma de estruturas adecuadas desta capacidade de autoactividade da sociedade.

  1. Para rematar, outra lección que se pode extraer da crise actual define o que está en xogo nun cambio revolucionario. Ao precipitalas e radicalizalas, esta crise confirmou as tendencias de atrás e xa coñecidas do capitalismo(34): a súa incapacidade para preservar incluso as súas propias ganancias, xa sexa en termos de prosperidade material ou de saúde pública, a constitución e consolidación do espazo público (incluído o exercicio das liberdades públicas, así como a simple liberdade de moverse sen temor na rúa, de sentar na terraza dun café, de intercambiar palabras ou sorrisos cos veciños, apertas de mans e abrazos entre amigos) e a autonomía individual, o estado de dereito e a racionalidade. Noutras palabras, revelou a ameaza mortal que a súa perpetuación representa para a civilización humana, para a humanidade e o mundo vivo en xeral. Nestas condicións, o movemento revolucionario debe presentarse en diante como defensor non só dos intereses do proletariado (que, así e todo, constitúe xa a maior parte da humanidade contemporánea) senón, máis amplamente e máis radicalmente, dos da humanidade no seu conxunto, entendida tanto en extensión como en comprensión.

 A crise actual fíxonos lembrar que esta humanidade non está na natureza como "un imperio dentro dun imperio" (como o dixo Spinoza) senón que é parte integrante dela e polo tanto dependente dela, o que fai que o humanismo revolucionario debe ser tamén un naturalismo consumado. Aquí atopamos unha das intuicións do mozo Marx: "O comunismo é a abolición positiva da propiedade privada, da alienación humana e, xa que logo, a apropiación real da natureza humana a través do home e para o home. É, pois, a volta do home mesmo como ser social, é dicir, realmente humano, unha volta completa e consciente que asimila toda a riqueza do desenvolvemento anterior. O comunismo, como naturalismo plenamente desenvolvido, é un humanismo e, como humanismo plenamente desenvolvido, é un naturalismo. É a resolución definitiva do antagonismo entre o home e a natureza e entre o home e o home. É a verdadeira solución do conflito entre a existencia e a esencia, entre a obxectivación e a autoafirmación, entre a liberdade e a necesidade, entre o individuo e a especie. É a solución do dilema da historia e sabe que é esta solución"(35).

_______________________________________________________________________________________

Notas:

1) Algunhas destas leccións retoman e afondan nas reflexións xa feitas nos meus dous artigos anteriores publicados no sitio web A l’encontre, http://alencontre.org/, e nos seguintes: "Por la socialización del aparato de salud", https://correspondenciadeprensa.com/2020/03/19/covid-19-por-la-socializacion-del-aparato-de-salud/, puesto en línea el 19 de marzo de 2020; e " Covid-19: el horizonte después de la crisis. Tres escenarios para explorar las posibilidades.", https://correspondenciadeprensa.com/2020/04/22/claves-covid-19-el-horizonte-despues-de-la-crisis-tres-escenarios-para-explorar-las-posibilidades-alain-bihr/, posto en liña o 22 de abril. E grazas a Charles-André Udry polas súas suxestións que me axudaron a mellorar a calidade deste artigo.

(2) Robert G. Wallace, Big Farms Make Big Flu: Dispatches on Infectious Disease, Agribusiness, and the Nature of Science (Les grandes fermes donnent naissance aux grosses grippes. Essais sur la maladie infectieuse, l’agrobusiness et la nature de la science), Monthly Review Press, New York, 2016. Pour la présentation de ses thèses, je me suis servi de Revue Chuang, « Contagion sociale: guerre de classe microbiologique en Chine », Imprecor, n°672-673, mars-avril 2020, pages 16-17 ; de son interview «Where did coronavirus come from, and where will it take us?» (D’où provient le coronavirus et vers quoi nous mène-t-il ?), http://unevenearth.org/2020/03/where-did-coronavirus-come-from-and-where-will-it-take-us-an-interview-with-rob-wallace-author-of-big-farms-make-big-flu/ mis en ligne le 12 mars 2020 ; et de Rob Wallace et alii, "Covid-19 et les routes du capital», https://www.contretemps.eu/covid-19-routes-capital-wallace/ mis en ligne le 4 avril 2020.

(3) Son especialmente preocupantes os microbios e virus que contén actualmente o permafrost, que poden liberarse cando este se desconxele como consecuencia do quecemento do planeta. A comezar pola varíola, que foi totalmente erradicada pola vacinación.

(4) Cf. le témoignage de Bruno Canard, «En délaissant la recherche fondamentale, on a perdu beaucoup de temps», L’Humanité, 19 mars 2020.

(5) Até o punto de provocar desastres sanitarios como o causado polo uso excesivo de antibióticos (o que favoreceu o desenvolvemento de microbios resistentes) ou o causado pola prescrición infundada de opiáceos nos Estados Unidos como analxésicos (cos efectos de dependencia correspondentes), baixo a presión dos laboratorios farmacéuticos en ambos os casos.

(6) Cf. Claude Angeli, «L’Internationale barbouze avait prévu la pandémie», Le Canard Enchaîné, 8 avril 2020.

(7) Les informations réunies dans cet aliéna et le suivant proviennent de Pièces et main-d’œuvre, « Le virus à venir et le retour à l’anormal», http://www.piecesetmaindoeuvre.com/spip.php?page=resume&id_article=1287 mis en ligne le 26 avril 2020.

(8) Fica claro que informacións como esta poden dar lugar a teorías da conspiración que se viñeron difundindo nas últimas semanas, chegando a dicir que a actual pandemia é o resultado dunha manobra deliberada das autoridades chinesas. Se tal tese é delirante, non o é para quen a ve como o resultado accidental dunha fuga viral dun dos laboratorios de Wuhan. Mais non hai necesidade de recorrer a tal hipótese, que é plausíbel, xa que o virus do SARS-CoV-2 existe no seu estado natural.

(9) Saco este delicioso neoloxismo do grupo Pièces et main-d’œuvre.

(10) Coralie Hancock, «Pour comprendre la pénurie de médicaments», Science et vie, n°1231, https://www.science-et-vie.com/corps-et-sante/les-cles-pour-comprendre-la-penurie-de-medicaments-54872, consulté le 11 mai 2020.

(11) Cf. https://www.penuriesdemedicamentscanada.ca/?short=50

(12) Cf. https://www.em-consulte.com/en/article/698534 et https://www.usinenouvelle.com/article/une-penurie-alarmante-de-medicaments-aux-etats-unis.N158101

(13) Pódese facer unha observación similar con respecto á seguridade alimentaria. En efecto, a industria alimentaria globalizouse tanto como as outras industrias, o que perturbou as "cadeas de valor" e privou os agricultores e fabricantes de certos insumos (por exemplo, a soia do Brasil para os gandeiros) ou dos seus mercados de exportación tradicionais, sen falar da escaseza de man de obra de tempada, que moi frecuentemente é man de obra inmigrante.

(14) Utilizo os términos recolocación e recolocación de novo por non atopar un termo mellor, aínda que poden dar lugar a confusión e discusión, polo que os puxen entre aspas. A escala espacial á que se refiren non é a da localidade xeográfica ou administrativa. Un dos efectos da mundialización foi o de alterar (expandir pero tamén contraer) as escalas anteriores, cambiando as súas dimensións, desposuíndoas así de calquera aparencia de naturalidade e revelando a súa natureza de construcións sociais. As dimensións dos lugares que delimitarán os espazos dentro dos cales se recolocarán as actividades produtivas definiranse esencialmente polas decisións das súas ocupantes (habitantes) segundo o perímetro dentro do cal poden e queren exercer a súa soberanía (a súa poder sobre as súas condicións materiais e institucionais de existencia).

(15) Isto é particularmente certo no sector agroalimentario: moitos dos nosos produtos alimentarios viaxan centos e mesmo miles de quilómetros desde o lugar onde se produce a súa materia prima vexetal ou animal até os nosos pratos, e canto maior é a distancia, máis transformacións hai. Véxase Gilles Grolleau, Lucie Sirieix y Burkhard Schaer, "Les kilomètres alimentaires: de la compréhension du concept à la complexité de la réalité", Revue d’économie régionale & urbaine, 2010, n°5, en ligne: https://www.cairn.info/revue-d-economie-regionale-et-urbaine-2010-5-page-899.htm

(16) Leur contribution est de l’ordre de 22 % au niveau de l’Union européenne ; cf. https://www.ecologique-solidaire.gouv.fr/sites/default/files/OPSTE43F.pdf, page 1 Elle est de l’ordre de 24 % au niveau mondial ; cf. https://www.statistiques.developpement-durable.gouv.fr/sites/default/files/2019-05/datalab-46-chiffres-cles-du-climat-edition-2019-novembre2018.pdf, page 32.

(17) Cf. Benjamin Markowicz, «Responsabilité pénale des ministres devant la Cour de justice de la République, l’“affaire du Covid-19”: les dés sont-ils pipés?», https://www.village-justice.com/articles/responsabilite-penale-des-ministres-devant-cour-justice-republique-affaire,35051.html mis en ligne le 30 avril 2020.

(18) Cf. «Pour une socialisation de l’appareil sanitaire», op.cit.

(19) Ao sistema de saúde francés centrado no hospital debémoslle, por exemplo, o feito de que houbo que agardar ao 1 de abril para que se contabilizasen as vítimas del Covid-19 nos Ehpad.

(20) A mellora do estado de saúde da poboación esixiría moitas outras accións e medidas, a comezar pola mellora das condicións de traballo, cuxo estado mediocre provoca enfermidades profesionais e accidentes laborais (sobre todo no sector da construción e as obras públicas), unha redución drástica da contaminación dos elementos naturais (aire, auga, solo), unha verdadeira política sanitaria en materia de hixiene alimentaria, etc.

(21) Cf. Anne Laferrère, Erwan Pouliquen et Catherine Rougerie (coord.), Les conditions de logement en France. Edition 2017, Insee, Paris, 2007, pages 141, 145, 147. En ligne: https://www.insee.fr/fr/statistiques/2586377.

(22) Cf. respectivement https://en.wikipedia.org/wiki/Project_Gutenberg et https://en.wikipedia.org/wiki/Google_Books

(23) Tamén revelaría até que punto estas desigualdades xeran pobreza e miseria, incluídos os aspectos máis vitais. Cf. por exemplo Jean Tortrat, «La faim sur Clichy-sous-Bois-Montfermeil», Un virus très politique, n°6, Syllepse, édition du 4 mai 2020, pages 138-140, en ligne: www.syllepse.net.

(24) En Francia, o 78% do persoal hospitalario é feminino.; cf. https://www.fonction-publique.gouv.fr/files/files/publications/rapport_annuel/CC-egalite-2017.pdf. Et le personnel des Ehpad est féminisé de 87 à 89 % ; cf. https://www.rc-humanrecruitment.com/booster-parite-diversite-ehpad-2/

(25) Cf. Sandra Lorenzo, « Face au coronavirus et au confinement, pourquoi les femmes paient un si lourd tribut », Huffingtonpost, 10 mai 2020, https://www.huffingtonpost.fr/entry/face-au-coronavirus-et-au-confinement-pourquoi-les-femmes-paient-un-si-lourd-tribut_fr_5eb2a7d9c5b6cd82c94971ef

(269 Cf. Collectif afroféministe Mwasi, « Coronavirus, racisme d’État et néolibéralisme à la française », Un virus très politique, n°6, op. cit., pages 221-225 ; et « Inégalités socio-raciales et coronavirus », De facto, n°19, mai 2020, en ligne: http://icmigrations.fr/defacto/defacto-019/

(27) Grégoire Normand, « Covid-19: le FMI anticipe une forte hausse de la dette publique mondiale », La Tribune, 15 avril 2020, en ligne: https://www.latribune.fr/economie/international/covid-19-le-fmi-anticipe-une-forte-hausse-de-la-dette-mondiale-845124.html

(28) Cf. a aplicación, real ou prevista, do recoñecemento facial dixital ou o seguimento informatizado dos movementos individuais mediante brazaletes electrónicos ou teléfonos intelixentes, para o maior beneficio potencial dos partidarios da extracción de datos ou a explotación informatizada de datos dixitais, en primeiro lugar os servizos de policía pero tamén as Gafam.

(29) Para más detalles sobre esas e outras opcións, cf. Laurent Cordonnier, « Qui va payer la dette publique ? », Le Monde Diplomatique, mai 2020 ; Christian Chavagneux, « Qui va payer les dettes de la crise ? », Alternatives Économiques, n°401, mai 2020 ; Michel Husson, « L’économie mondiale en plein chaos », http://alencontre.org/laune/leconomie-mondiale-en-plein-chaos. mis en ligne le 17 mai 2020 ; et François Chensais, « Rapport politique entre capital et travail et règlement de la dette publique », http://alencontre.org/europe/france/france-rapports-politiques-entre-capital-et-travail-et-reglement-de-la-dette-publique.html mis en ligne le 19 mai 2020.

(30) Mais isto acontece noutras circunstancias de perigo, como as guerras. Para comparar, cf. Thomas Irace et Ulysse Lojkine, « Économie de pandémie, économie de guerre», https://legrandcontinent.eu/fr/2020/05/12/economie-de-pandemie-economie-de-guerre/, mis en ligne le 12 mai 2020. Merci à Michel Husson de m’avoir signalé cet article.

(31) Por suposto, todo o problema consiste en saber como o Estado mobiliza esas reservas: recadándoas baixo forma de impostos ou tomándoas prestadas aos seus titulares. En ambos os casos, porén, é grazas a estas reservas, unha acumulación da riqueza producida anteriormente, que o presente e o futuro foron asegurados e preservados.

(32) Un virus très politique, n°7, Syllepse, édition du 11 mai 2020, pages 5-6, en ligne: www.syllepse.net.

(33) Estas prácticas de axuda mutua chegaron até un comezo de federalización.: cf. en France, le réseau Covid-entraide, https://covid-entraide.fr/; au Brésil, le réseau Resocie https://resocie.org/; en Espagne, le réseau Reas https://www.reasred.org/; etc.

(34) Cf. « Prendre au mot la dimension mortifère du capitalisme », https://alencontre.org/debats/prendre-au-mot-la-dimension-mortifere-du-capitalisme.html mis en ligne le 9 juin 2010.

(35) Marx, Manuscrits de 1844, Paris, Les Éditions Sociales, 1972, en ligne: http://classiques.uqac.ca/classiques/Marx_karl/manuscrits_1844/Manuscrits_1844.pdf, pages 81-82.

_______________________________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web Viento Sur, do 28 de maio de 2020]