
Denuncian o peche da carpintaría do Hospital Provincial de Pontevedra aproveitando a ausencia de dous traballadores
A CIG-Saúde sospeita que se trata dun paso máis na privatización do servizo de mantemento
Vigo -
Dende a federación de Saúde da Confederación Intersindical Galega aseguran non entender por que non se cobren estas baixas mediante a listaxe de contratación, “na que existen moitos profesionais esperando traballar”.
Sosteñen que os traballos estanse a acumular “e moito nos tememos que sexa para derivalos a unha empresa privada”. Na central sospeitan que se está a aproveitar esta situación para dar un paso máis e privatizar na súa totalidade o mantemento no Hospital Provincial.
Novas relacionadas