Desconvocada a folga en Mosa de Ourense tras adiantar a empresa a reunión para negociar o convenio
Os traballadores/as de Mosa, concesionario de PSA Peugeot de Ourense, decidiron desconvocar a xornada de folga prevista para este venres 29 de decembro despois de que a empresa accedese a adiantar a xuntanza para negociar o convenio colectivo.
Deste xeito, a representación do cadro de persoal manterá unha reunión coa dirección de Mosa o vindeiro 23 de xaneiro co obxectivo de desbloquear as negociacións dun convenio que se atopa caducado dende o ano 2012.
Dende a CIG-Industria de Ourense valoran como positiva a decisión unha vez que a compañía atendeu as súas reivindicacións e reiteran que continuarán a loitar por un convenio digno co apoio dos empregados/as.