• 19-05-03 FinFolgaIndefinidaGRItowersCarballino01.jpeg
  • 19-05-03 FinFolgaIndefinidaGRItowersCarballino02.jpeg
  • 19-05-03 FinFolgaIndefinidaGRItowersCarballino03.jpeg
  • 19-05-03 FinFolgaIndefinidaGRItowersCarballino04.jpeg

Desconvocada a folga indefinida en GRI Towers do Carballiño tras aprobar o persoal o preacordo

O pacto entre comité e empresa inclúe suba salarial do 3% e pluses de produtividade e de absentismo

O Carballiño -

O comité de empresa de GRI Towers, compañía do Carballiño que fabrica torres eólicas, desconvocou a folga indefinida que se iniciou onte despois de que unha ampla maioría do cadro de persoal aprobase en asemblea o preacordo asinado coa dirección. O pacto, que melloras as condicións laborais tal e como reclamaban os traballadores/as, inclúe unha suba salarial do 3% e pluses de produtividade e de absentismo.

O acordo entre a representación sindical e a empresa foi posíbel tras unha xuntanza que se prolongou durante nove horas que se celebrou onte na sede do Consello Galego de Relacións Laborais en Santiago. As partes pactaron un incremento dos soldos do 3%, un plus de produtividade de 0,60 euros por tramo feito e outro plus de absentismo de 60 euros.

No día de hoxe a asemblea de traballadores/as de GRI Towers aprobou por ampla maioría (265 votos a favor e 12 en contra) o acordo, o que permitiu desconvocar a folga indefinida que comezou onte. As partes tamén pactaron que a empresa abonará o importe salarial correspondente á xornada de folga.

Con anterioridade ao inicio da folga indefinida o cadro de persoal da compañía situada no polígono industrial da Uceira desenvolveu seis xornadas de paros que foron secundadas pola práctica totalidade dos empregados/as, ademais de celebrar unha concorrida manifestación polas rúas da localidade ourensá.

Volver