Desconvocan a folga na limpeza hospitalaria ao lograr que as empresas paquen a equiparación salarial

As centrais CIG e CCOO déranlle un prazo dunha semana para que abonasen o plus da carreira profesional do Sergas
Nacional - 17 Abr 2019

A folga indefinida prevista na limpeza hospitalaria dende o pasado mércores 10, e cuxo inicio foi suspendido un día antes ante o acordo de que as empresas ían abonar a equiparación salarial, foi finalmente desconvocada hoxe unha vez que as compañías deron orde de executar os pagos. As centrais convocantes -CIG e CCOO- marcáranlle un prazo dunha semana ás empresas para que abonasen o plus equivalente á carreira profesional do persoal do Sergas.