Desescalada de dereitos

- 13 Mai 2020

O novo RDL 18/2020 reduce á mínima expresión o compromiso de manter o emprego e deixa en evidencia as anteriores promesas do Goberno sobre a suposta prohibición de despidos durante seis meses nas empresas que realizaran ERTE.

✂️Só se aplicará a ERTE por forza maior, non a ERTE por causas obxectivas.

⏰Os seis meses comezan a contar cando se reincorpora do ERTE a primeira persoa, non a última.

  • Permítese a extinción de contratos temporais.
  • Están exentas as empresas en risco de concurso.
  • O despedimento que incumpra non é nulo, se non improcedente.

Caen as máscaras!