Entrevista con Atilio Borón: “Chegar ao Goberno non é conquistar o poder”

Sebastián Furlong -

É moi alentador o que está pasando en Ecuador, que é o único país que nos últimos anos depuxo a tres presidentes pola vía de grandes manifestacións na rúa

 Outubro é un mes chave para coñecer o novo mapa xeopolítico que poderá mostrar a América Latina como un actor dócil ou presentala novamente como unha potencial ameaza para os intereses de Estados Unidos, posto que terán lugar eleccións presidenciais en Arxentina, Uruguai e Bolivia. Ao mesmo tempo, as turbulencias políticas en Ecuador e Perú expresan ao seu xeito unha rebelión popular en curso e unha disolución do Congreso por parte do Executivo con efectos incertos.

- Cal é o escenario político verbo destas tres eleccións chave para a rexión?

 No caso arxentino hai unhas eleccións que xa están resoltas; non existe a menor dúbida de que -alén das porcentaxes finais- a fórmula Fernández-Fernández vai gañar as eleccións comodamente na primeira volta. O principal interrogante é o que vai poder facer o goberno dos Fernández con esa herdanza tremenda. En Uruguai o panorama estaba complicado, veuse mellorando un chisco porque a fórmula de Daniel Martínez (Fronte Ampla) non chegara aínda ao conxunto da poboación. Coido que se pode confiar na obtención dun bo resultado e que a Fronte vai ser ratificada. En canto a Bolivia, o escenario é incerto e estamos ante unha elección moi disputada. O perigo é que, se non se logra un triunfo de Evo en primeira volta, todo podería redundar nun resultado que non sería o que un querería.º cren que gañar unhas eleccións é conquistar o poder. Isto último é, sen dúbida, ter un control razoábel das mentiras da maquinaria propagandística que ten a oligarquía mediática neste país, do capital financeiro que entra e sae do país como se nada e que pode sacar millóns de dólares premendo a tecla enter do ordenador. O mesmo co control do diñeiro que xera o agronegocio e as explotacións hidrocarboníferas ou mineiras na Arxentina. Isto non significa expropialos ou confiscalos, pero si hai que obrigalos a que repartan moito máis porque é necesario para xestionar algúns resortes fundamentais da economía arxentina e forma parte do tránsito do goberno ao poder. E, para rematar, garantir que o Poder Xudicial non se converta nun aparello capaz de desbaratar ou neutralizar a vontade popular mediante o “lawfare”, ou a guerra xudicial que encarcera ou provoca o exilio de líderes populares como Lula, Jorge Glas en Ecuador e Rafael Correa exiliado en Bélxica, alén dos centenares de presos políticos que hai en Arxentina e outros países sometidos á “ditadura dos mercados”.

- Que final poden ter as mobilizacións populares en Ecuador contra o goberno de Lenín Moreno? Quen vai capitalizar todo isto?

 Vai depender da consistencia da loita na rúa e da correlación de forzas que teña a dereita para poder soster a Lenín Moreno ou poñer a outro no seu lugar. É moi alentador o que está pasando en Ecuador, que é o único país que nos últimos anos depuxo a tres presidentes pola vía de grandes manifestacións na rúa. Non son cousas que se resolven en poucas horas, imos ver como evolucionan os acontecementos e veremos que papel xoga Estados Unidos na rearticulación da alianza do grupo dominante, que hoxe está internamente dividida.

- Perú está sumido nunha forte crise política. Logo da disolución do Congreso e o chamado a eleccións parlamentarias en xaneiro, agora si estamos fronte á posibilidade da fin da hexemonía neoliberal neste país?

 É moi difícil sabelo. O que si é que se pode tratar da fin dun sistema partidario e a urxencia doutro novo. É moi importante que haxa unha asemblea constituínte para lograr unha redefinición das regras de xogo e unha reorganización das forzas políticas en Perú. En xaneiro haberá eleccións e é chave que despois o presidente Vizcarra sexa obrigado a realizar un chamado para unha asemblea constituínte. Hai que agardar.

- Agora Venezuela deixou de estar no centro da axenda mediática hexemónica, pero seguramente vai estar moi atento ao que deixe como saldo os resultados das tres contendas electorais de outubro?

 Si, Venezuela está resistindo de xeito heroico porque non creo que haxa outros países que poidan soportar a presión brutal que recibiu a mans de Estados Unidos. É un pobo que merece un respecto enorme. Eles saben que, se hai un cambio na correlación de forzas, é dicir, se Arxentina consolida un goberno que retoma a vocación latinoamericana, se Uruguai prosegue na política decente como fixo ultimamente en relación a Venezuela e se produce a ratificación de Evo, paréceme que as cousas vanse ir acomodando para este país. Ademais, a axuda de China e Rusia estalle permitindo enfrontar a tempestade que lle provoca a agresión norteamericana.

 

[Entrevista tirada do sitio web arxentino El grito del Sur, do 5 de outubro de 2019]

Volver