Estúdanse novas accións se Segur Ibérica non paga

A Coruña -

O Comité de Segur Ibérica e os/as representantes sindicais de USO, CIG e CCOO anunciaron que promoverán "unha ampliación de accións" se a empresa non procede ao pago de todas as nóminas que ten pendentes e que se comprometeu a abonar durante esta semana. A representación social permanece dende o pasado xoves na delegación de Segur Ibérica en Oleiros nunha "reunión permanente e indefinida" até que a empresa dea unha solución "viábel e beneficiosa" para os traballadores/as.

Así mesmo, demandan da empresa información relativa ao ERE que ten previsto iniciar e á situación dunha posíbel venda con escisión de contratos con clientes, "xustificados como falta de pago ou pouca rendabilidade dos mesmos".

>>>Máis información sobre este conflito

Volver