• 2017-01-17 ProtestaGEAVigo01.jpg
  • 2017-01-17 ProtestaGEAVigo02.jpg
  • 2017-01-17 ProtestaGEAVigo03.jpg

Ex traballadoras/es de GEA volven mobilizarse en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupaba a fábrica de louza

O martes 24 celebrarán unha asemblea no Multiusos de Arcade ás 18.00 horas

Vigo-Pontevedra -

As ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG volveron mobilizarse hoxe en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupaba a fábrica de louza en Cabral e Coruxo. As ex empregadas/os dividíronse en dous grupos dunhas 25 persoas cada un e desenvolveron concentracións ruidosas na inmobiliaria El Rocío, na rúa Colón, e no despacho do avogado José Pérez Pousa, en Urzaiz.

Ao remate das protestas as afectadas/os anunciaron que o vindeiro martes 24 celebrarán unha asemblea no Multiusos de Arcade a partir das 18.00 horas.

Volver