Ex traballadoras/es de GEA volveron mobilizarse na Coruña para reclamar o pago das débedas pendentes

Solicítanlle á inmobiliaria Subel que lles abone os 2,5 millons de euros da compra dos terreos da fábrica en Vigo
Vigo - 19 Set 2019

As ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG continuaron hoxe as mobilizacións diante dos xulgados da Coruña para reclamarlle á inmobiliaria Subel que abone os 2,5 millóns de euros pendentes da compra dos terreos que a fábrica de louza ocupaba en Cabral (Vigo).