Folga e mobilización do persoal de Hércules de Armamento

A Coruña -

Os traballadores e traballadoras de Hércules de Armamento volvéronse concentrar este xoves diante dos edificios administrativos da Xunta na Coruña, para demandar solucións ao Goberno galego, ao Goberno español e á Dirección da empresa para a posta en marcha dun Plan que garanta os empregos, o pago dos salarios e o mantemento da actividade produtiva.
A mobilización coincide cunha nova xornada de folga na antiga fábrica de armas, que se desenvolveu en horario de 10:30 a 15:00 horas.

Volver