Foro internacional sobre a transición ecolóxica e social

Internacional -

A CIG convida a todas as persoas interesadas a participar dos debates, mesas redondas e seminarios organizados dentro do Foro Sindical Internacional sobre a transición ecolóxica e social, que se celebrará entre os días 14 e 19 de xuño. Para participar hai que inscribirse aquí: https://forumsyndeco.org/subscribe

Este Foro xurde como alternativa ao Cumio sobre o clima, COP26, que se celebrará en Glasgow, no vindeiro mes de novembro, e está organizado por TUED (Sindicatos por unha Enerxía Democrática), Alter Summit (a CIG é membro de ambas as dúas plataformas), a CGT de Francia e a Fundación Rosa Luxemburgo. A CIG, e coa colaboración de compañeiros e compañeiras da Federación de Industria, participa activamente no traballo previo de documentos e preparación destas xornadas.

Volver