Galiza rematou o ano cunha caída da afiliación á Seguridade Social e rexistrou un descenso do paro moi inferior á media estatal

A inmensa maioría dos contratos subscritos foron temporais e no sector servizos, polo tanto vinculados á campaña de Nadal

Nacional -

O mercado laboral galego continúa a amosar un comportamento alarmante, até o punto de que o noso país rematou o ano cunha caída da afiliación á Seguridade Social do 0,26% -cando no conxunto do Estado medrou un 0,3%- e cunha baixada do paro moi por debaixo da media estatal (un 0,11% fronte ao 2,41%).

Segundo os datos do SEPE que se veñen de coñecer, tras este descenso da afiliación á Seguridade Social rexistrado en cada unha das catro provincias a cifra sitúase no conxunto de Galiza en 1.032.784 persoas.

Afiliación á SS

2021

Mensual

 

Novembro

Decembro

Absoluta

%

A coruña

445.303

444.356

-947

-0,21

Lugo

123.092

122.708

-384

-0,31

Ourense

103.373

103.192

-181

-0,18

Pontevedra

363.730

362.528

-1202

-0,33

Total

1.035.498

1.032.784

-2714

-0,26

Fonte: Seguridade Social

Os datos do paro tamén tiveron unha peor evolución no noso país, cun total de 152.584 persoas desempregadas, tan só 163 menos con respecto ao mes de novembro. De feito, unicamente a comunidade foral de Nafarroa tivo un comportamento máis negativo, relacionado coa evolución tan negativa da pandemia que está a padecer.

P. PARADAS

 

 

Evolución

 

2021

Mensual

 

Novembro

Decembro

Absoluta

%

A Coruña

61.163

60.891

-272

-0,44

Lugo

14.761

14.546

-215

-1,46

Ourense

17.321

17.046

-275

-1,59

Pontevedra

59.502

60.101

599

1,01

Total

152.747

152.584

-163

-0,11

Fonte: SEPE

A nivel provincial, destaca o incremento do desemprego na provincia de Pontevedra, con 599 persoas desempregadas máis (1%) que no mes anterior. Nas restantes, descendeu lixeiramente. Ademais, a baixada do paro produciuse só entre as mulleres (un 1,61%), mentres que entre os homes medrou un 2%.

Ao mesmo tempo, atopámonos novamente que o descenso tivo lugar no sector servizos e no colectivo de persoas sen emprego anterior, xa que no resto dos sectores aumentou o desemprego. Por idades, baixou entre as persoas menores de 29 anos e aumentou no resto da poboación.

 

 

 

Evolución

Sectores

2021

Mensual

 

Novembro

Decembro

Absoluta

%

Sector primario

5508

5738

230

4,18

Industria

16.816

17.071

255

1,52

Construción

10.752

11.399

647

6,02

Servizos

107.302

106.532

-770

-0,72

Sen emprego anterior

12.369

11.844

-525

-4,24

Fonte: SEPE

No que atinxe á contratación, rexistráronse 72.914 contratos, dos que tan só o 9,5% foi baixo algunha modalidade de contratación indefinida, o que evidencia a estacionalidade e temporalidade do emprego creado neste período.

Polo tanto, o feito de que descendese o paro unicamente entre as mulleres, no sector servizos e en menores de 29 anos e que a contratación fose maioritariamente temporal amosa que se tratou de empregos vinculados coa campaña de Nadal.

Febleza do mercado laboral galego

O secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, fai fincapé precisamente neste comportamento tan negativo que está a ter mes a mes a evolución tanto do paro como da afiliación á Seguridade Social en Galiza. 

A reforma laboral de 2012 segue a aumentar a precariedade e impedir a creación de emprego en sectores estratéxicos como o industrial

Unha evolución que para o responsábel sindical ten que ver co feito de que a reforma laboral de 2012 se estea a aplicar con maior dureza, “aumentando a precariedade e impedindo a creación de emprego en sectores estratéxicos como o industrial”. Sío incide en que a campaña de Nadal non é suficiente para mudar esta tendencia, “o que demostra a febleza do noso mercado laboral”.

Ao mesmo tempo, sinala que os datos dos contratos temporais rexistrados en decembro amosan que os eventuais por circunstancias da produción situáronse no 60%, cuestión que non se toca na “non reforma laboral” que vén de aprobar o Goberno español, “polo que un 60% das persoas empregadas van seguir en condicións de precariedade”.

Pola contra, elimínanse os contratos por obra e servizo, que constitúen o 30% dos que se asinan, e establécese unha nova modalidade de precarización, que son os fixos-descontinuos. “Máis alá de pasar a ter condición de fixo a situación de precariedade e explotación deste persoal non vai cambiar absolutamente nada”.

Para Sío, outro aspecto a ter en conta da “non reforma” é a especial atención que se lle presta aos contratos de formación e prácticas, cando os primeiros atinxiron o 0,1% o mes pasado no noso país, mentres que os segundos representaron o 0,4%. “En consecuencia, imos atoparnos cunha nova forma de precarización e explotación laboral que son os contratos de formación e prácticas”, remata.

Volver