Homenaxe Nacional a Suso Seixo, secretario xeral da CIG entre 2001 e 2017

O sábado 26 de xaneiro, ás 14:00 horas, en Compostela

Nacional -

A CIG organiza unha Homenaxe Nacional ao que foi o noso secretario xeral desde 2001 a 2017, Suso Seixo, con motivo da súa xubilación. Un período no que, con el á fronte, se consolidou o modelo sindical combativo, de contrapoder e participativo da CIG. Unha organización sindical con base e cabeza en Galiza que se afianzou durante estes anos como principal referente da clase traballadora galega até ser hoxe a primeira forza sindical en representación, afiliación e capacidade de mobilización na nosa nación.

O acto de homenaxe terá lugar no decurso dun xantar ao que cómpre inscribirse neste formulario: www.cig.gal/homenaxe.html e que terá lugar o sabado 26 de xaneiro ás 14:00 horas no Hotel Os Abetos (Rúa San Lázaro s/n).

O prezo do xantar, por persoa, é de 30€ e pódese realizar o pagamento ou transferencia na conta ES12 2080 5463 8030 40117169, sinalanado como concepto o nome da persoa/s que se inscribe/n.

A data límite de inscrición é o martes día 22 de xaneiro.

Volver