Importante seguimento dos paros deste 16-O en Unísono Vigo

Reivindican, entre outras cuestións, que empresa rectifique no.procedemento de solicitude das vacacións

Vigo -

Importante seguimento dos paros en Unísono-Vigo na xornada de mañá (das 12 ás 14 horas) a pesar da tentativa de boicot por parte da empresa ao programar por sorpresa unha formación nunha das principais campañas. Convocados de xeito unánime desde o comité, os paros deste 16 de outubro teñen como obxectivo principal a modificación do procedemento de solicitude das vacacións, que, segundo denuncian, foi imposto de xeito unilateral pola empresa e dificulta enormemente as peticións. Os paros continuarán en quenda de tarde, de 19 a 21 horas.

Volver