Manifestación polos dereitos do pobo saharauí

Internacional - 14 Xun 2021

A CIG fai un chamamento a colaborar coa Delegación en Galiza da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) e a Asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), participando no manifestación que terá lugar o vindeiro día 19 de xuño en Madrid, como culminación ás Marchas pola Liberdade do Pobo Saharauí que se viñeron celebrando nas últimas datas en diferentes lugares, tamén na Galiza.

Poñerase un autobús gratuíto a disposición das persoas que desexen ir á manifestación, con saída de Santiago de Compostela, o mesmo día 19 (noite do venres ao sábado), ás 00:30 horas, con parada en Lugo e destino final en Madrid. O regreso farase ao remate da manifestación.

Para reservar praza no bus, hai chamar ao teléfono 986262637.

Sáhara Libre!!!