María Carmen Calvo, elixida nova secretaria da Unión Local da CIG de Valdeorras

No proceso celebrado no Barco o sábado pasado participaron máis de 200 persoas afiliadas
O Barco - 03 Out 2025

María del Carmen Calvo Gil foi elixida nova secretaria da Unión Local da CIG de Valdeorras na Asemblea celebrada o pasado sábado no salón de actos do Concello do Barco e na que participaron máis de 200 persoas afiliadas.

Calvo, traballadora xubilada do sector da lousa, substitúe no cargo a Paco Moral tras impoñerse por 12 votos a Ramón Porto Rodríguez (114 fronte a 102 votos, e 1 nulo). Mestres que a candidatura da executiva liderada por Calvo sumou 108 apoios, por 106 da encabezada Porto, rexistrándose tamén 3 votos en branco.

Tras o proceso, a nova responsábel da CIG-Valdeorras agradeceu o apoio recibido e adiantou a súa disposición a continuar na loita en defensa dos dereitos da clase traballadora “porque mentres haxa inxustizas, explotación e desigualdade, a CIG estará aí dando a batalla”.

Entre os principais retos que a central sindical deberá enfrontar na comarca nos vindeiros anos, salientou a situación do sector da lousa e a atención ás persoas traballadoras afectadas por silicose.

Nova executiva da CIG-Valdeorras

-María del Carmen Calvo Gil.

-Francisco Rodríguez Vidal.

-Pedro Sández Prieto.

-Román Porto Rodríguez.

-Noelia Diéguez Rodríguez.