Médicas/os do centro de saúde de Ribeira obrigadas/os a cubrir gardas do PAC a golpe de burofax

CIG-Saúde do Barbanza pide a dimisión dos responsables da Xerencia pola mala xestión da Primaria
Ribeira - 23 Set 2021

A CIG-Saúde do Barbanza denuncia que o persoal facultativo do Centro de Saúde de Ribeira é obrigado a cubrir as gardas no PAC “a golpe de burofax”. Unha situación diante da que solicita a dimisión das persoas responsables da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, por la mala xestión dos centro de Atención Primaria.