Mobilizacións en cidades e vilas o 15 de decembro por unha saída galega xusta da crise

A CIG ten convocadas 15 concentracións por todo o territorio galego

Nacional -

A CIG convoca para o vindeiro martes, día 15 de decembro, concentracións en 15 cidades e vilas de todo o territorio galego, dando así continuidade á campaña de concienciación e socialización que vén en demanda de políticas que permitan unha saída galega xusta da crise e para evitar un novo saqueo da clase traballadora.

Concentracións

Ferrol: Edificio da Xunta, 11h

Pontevedra:  Subdelegación do Goberno, 11h

Vilagarcía: Praza de Galicia, 11h

Lalín: Edificio Comarcal da Xunta (Rúa Areal, 30), 11h

Santiago: Praza Roxa, 11h

Ribeira: Praza do Concello, 11h

A Coruña:  Praza de Pontevedra, 11h

Cee: Praza do Concello, 12h

Vigo:  Praza do Concello, 11h

O Porriño:  Praza do Concello, 11h

Redondela:  Praza do Concello, 11h

Ourense: Praza do Ferro, 10h

Verín: Praza do Concello, 12h

Lugo: Praza Maior (diante do Concello), 11:30h

Foz:  Diante da Delegación de Facenda, 17h

A central sindical elaborou unha batería de propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra. Medidas de carácter transversal e sectorial nas que os poderes públicos teñen que xogar un papel fundamental e a través das que se insta a facer unha forte aposta en favor das forzas sociais galegas para o desenvolvemento deste proceso.

Ao longo do mes de novembro desenvolvéronse múltiples asembleas por todo o país, de forma descentralizada, para facilitar a participación e dar cumprimento a todas as medidas de prevención fronte á covid.

Para darlle continuidade a esta campaña e respaldar as demandas da central sindical convócanse agora estas concentracións de delegadas e delegados, tamén con carácter descentralizado, para facilitar a participación e garantir as medidas de prevención.

Volver