Moedas virtuais e crise orgánica do sistema do capital

Jorge Forero -

O contexto no que xorden as moedas virtuais, marcadas pola concentración de poder económico, político, cultural e militar por parte da burguesía mundial, permite inferir que as tensións internas do sistema derivarán nunha nova arquitectura económico-financeira e nunha nova lóxica de funcionamento dos procesos de circulación, acumulación e reprodución do capital

 O xurdimento de moedas virtuais prodúcese no marco de profundas e intensas convulsións no sistema-mundo. Nesta reflexión analizaranse as devanditas convulsións, entendidas como expresións concretas da crise orgánica do sistema do capital, como dimensións desas crises e como factores desencadeantes da ruptura do sistema financeiro internacional vixente na actualidade, así como da transición -desigual e multilineal- dunha nova orde económica global.

 Cómpre subliñar que cada factor é indisolúbel da totalidade en virtude das relacións de interdependencia existentes entre estes; por tal motivo, a súa división en elementos discriminados realízase con fins analíticos, pois compréndese que non son elementos illados, senón que responden á lóxica estrutural do sistema do capital.

 A seguir, enuméranse e caracterízanse de xeito breve os factores que se consideran esenciais nesta análise para o desenvolvemento de moedas virtuais no mercado mundial:

  1. Financierización da economía:

 A inestabilidade do sistema financeiro global -explícita e acentuada ante a gran recesión económica dada entre finais de 2017 e principios de 2018-, é a variábel fundamental para concibir a existencia na actualidade das denominadas moedas virtuais.

 A incerteza ante procesos especulativos, así como a deterioración sistemática da confianza nas grandes corporacións bancarias, determinaron a necesidade de crear novas formas de intercambio e de reserva de valor, alleas ao espectro do sistema monetario dominado polo dólar e, polo tanto, con autonomía respecto das imposicións do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Reserva Federal dos Estados Unidos.

 A gran recesión económica referida anteriormente, precipitada polo colapso dos mercados hipotecarios -a denominada burbulla inmobiliaria- entre finais de 2007 e principios de 2008, puxo en evidencia o signo especulativo e inestábel do sistema financeiro internacional e significou unha mutación da arquitectura das finanzas globais ante a creba de poderosas corporacións bancarias dos Estados Unidos e da Unión Europea.

 A fractura das devanditas corporacións motivou a intervención dos Estados nacionais metropolitanos (en particular os de Occidente), a través da execución de rescates financeiros -co investimento de sumas astronómicas- para evitar o colapso económico do sistema. Tal situación ademais de descubrir os mitos neoliberais -respecto da capacidade de autorregulación dos mercados- demostrou a vulnerabilidade do sistema financeiro, o cal durante as últimas catro décadas se sostivo mediante procesos de especulación e de creación de valor artificial, sobre a base do endebedamento até niveis insostíbeis.

 Pero o rebento da burbulla inmobiliaria e a prolongación dos seus efectos até a actualidade, constitúe apenas un síntoma da crise orgánica do sistema do capital, na medida en que se manifesta como unha continuidade da crise de 1971, a cal determinou a ruptura dos acordos de Bretton Woods e significou a imposición dunha nova orde económico-financeira global, marcada pola financierización da economía mundial, sobre a base do endebedamento a escalas astronómicas mediante a emisión de hipotecas sobre hipotecas, bonos de débeda e diñeiro inorgánico, o que derivou no ascenso vertixinoso de procesos de acumulación de capital ficticio.

 O economista arxentino Jorge Beinstein (2016) caracterizou ese fenómeno como unha distorsión orgánica do sistema, na medida en que o capital financeiro e os seus derivados especulativos superaron e reproduciron o volume da produción global de bens e servizos (mesmo en once veces no ano 2008), co que se crearon as condicións para o esfarelamento desa orde económica, as devanditas condicións determinaron que en 2014 se producise o desinfle dos produtos derivados financeiros como mecanismo para a reprodución ampliada de capital.

 Ese desinfle financeiro representou a desaparición de 220 billóns de dólares americanos do mercado de valores, entre decembro de 2013 e decembro de 2015, co que se socializaron as perdas a gran escala, se acentuaron os síntomas de fraxilidade e inestabilidade da arquitectura financeira e aumentaron as alertas ante unha posíbel implosión da economía global.

 O descenso vertixinoso da economía mundial afectou indicadores substantivos, cuxa contracción demostra que a orde vixente -instaurada desde o final da II Guerra Mundial-, está a piques de colapsar, a caída do Produto Bruto Global (PBG), a contracción absoluta e relativa das exportacións e polo tanto do mercado mundial (CEPAL, 2015). A crise non se pode comprender, sen valorar o impacto da caída tendencial da taxa de ganancia (fenómeno advertido por Marx no III Tomo do Capital), pois o déficit de plusvalía é a orixe das convulsións máis profundas do sistema.

 Con todo e en coherencia coa lóxica de relacións do sistema do capital, a contracción económica non afectou a esencia de reprodución de desigualdades inherente ao metabolismo do sistema capitalista. Os procesos de acumulación de renda das grandes corporacións globais tornáronse máis voraces, sobre a base da intervención sobre o valor do capital variábel, é dicir, sobre o valor da forza de traballo e as materias primas.

 En sintonía coas tendencias advertidas por Lenin en 1916 (na súa obra O imperialismo fase superior do capitalismo), o imperialismo implantou un réxime no que foron a máis a concentración de capitais, o intercambio desigual mediante unha división internacional do traballo cada vez máis sólida e sofisticada, mediante a cal se reproduce a lóxica estrutural do capital de acumulación por desposesión (Harvey, 2007), así como a supresión de conquistas históricas do proletariado e demais clases subalternas, intensificaron a estruturación de monopolios e a concentración de capitais.

 A burguesía mundial creou as condicións, con base na mundialización do neoliberalismo (a sangue e lume nos casos nos que a coerción foi insuficiente), para que as economías periféricas e as clases sociais oprimidas produzan a plusvalía que require o sistema para a súa reprodución. Así e todo e precisamente polo carácter sistémico das contradicións que se desenvolven, a orde mundial actual é fráxil e susceptíbel de cambios no seu metabolismo para prevalecer (Mészáros, 2009).

 Porén, ademais dos seus mecanismos de defensa -o sistema inmunolóxico para regular os fluxos e refluxos do seu metabolismo económico-, o capitalismo na súa concreción actual sostense no que Jorge Beinstein (2016) denomina hipertrofia militar, entendida como dependencia esaxerada do sistema da industria da guerra (para reavivar as súas forzas produtivas e mellorar as taxas de plusvalía mediante accións de forza); e das capacidades operativas-loxísticas da OTAN para impoñer un control sobre a base da coerción, o asoballamento, a intimidación e a intervención directa e explícita nos procesos políticos que atentan contra a hexemonía da orde mundial dominante desde a caída do mundo bipolar da guerra fría.

 O contexto no que xorden as moedas virtuais, marcadas pola concentración de poder económico, político, cultural e militar por parte da burguesía mundial, permite inferir que as tensións internas do sistema derivarán nunha nova arquitectura económico-financeira e nunha nova lóxica de funcionamento dos procesos de circulación, acumulación e reprodución do capital.

 Por suposto eses cambios non estarán exentos de contradicións de clase. Ademais as condicións estruturais que dominan a orde mundial, de desposesión para formacións económico-sociais periféricas (reprimarizadas nas súas economías) e a superexplotación da forza de traballo, producirán novas tensións sociais e poñerán sobre o tapete a necesidade e a posibilidade de levar a cabo unha transformación revolucionaria da sociedade.

2) Crise de hexemonía:

 A creación de novas estruturas e instrumentos financeiros estivo determinada por condicións histórico-sociais particulares; trátase do desenvolvemento de tensións xeopolíticas de alta escala que derivaron nunha crise de hexemonía sobre o sistema-mundo, mediante a cal o complexo militar-industrial concentrado nos Estados Unidos de América perdeu o seu dominio global.

 O socavamento da hexemonía xeopolítica norteamericana durante as últimas dúas décadas, así como do dominio do dólar americano -na súa versión post crise de financierización recoñecida como petrodólar- no sistema financeiro internacional, son feitos sistémicos que representan variábeis fundamentais para comprender o xurdimento das moedas dixitais.

 Sen a perda do dominio material e simbólico dos Estados Unidos sobre o espectro das relacións económicas globais, sería impensábel o desenvolvemento de alternativas de medios de intercambio e reservas de valor autónomas do sistema financeiro internacional vixente.

 As contradicións dadas ante o vertixinoso ascenso de China como potencia en disputa pola hexemonía global, así como o crecemento da súa influencia en todas as rexións do mundo sobre a base dun sistema heteroxéneo de alianzas, fracturou a orde mundial unipolar instaurada despois da caída do denominado bloque socialista a finais do século XX.

 O avance sostido da estratexia de China de crear un Novo Sistema Monetario Internacional (Dierckxsens e Formento, 2017), alicerzadas en alianzas rexionais enmarcadas nunha estratexia que combinou un proceso de acumulación de forzas e o control paulatino de posicións chave do mercado internacional, cuestionou o dominio absoluto do petrodólar, co cal resultou factíbel o desenvolvemento de moedas dixitais.

3) Revolución técnico-científica-informacional:

 O dominio do capital financeiro no espectro económico mundial derivou na necesidade de potenciar os fluxos de capital, mediante sistemas informáticos que permiten establecer circuítos con alta capacidade de almacenamento e procesamento de datos e cun funcionamento que permite o uso de rangos de altas escalas nas operacións financeiras; así como o proceso de mundialización do sistema do capital -acentuado ante a caída da Unión Soviética-, foron os elementos que determinaron o desenvolvemento e instauración a escala planetaria da denominada revolución técnico-científico-informacional, a cal produciu unha nova racionalidade do espazo xeográfico e novas funcionalidades para as corporacións, os Estados nacionais (Santos, 2000).

 Os sistemas informáticos derivaron en cambios multidimensionais que alteraron de xeito salientábel as relacións sociais de produción durante os últimos 30 anos, primordialmente sobre a base da creación de novas formas -intanxíbeis e de alta capacidade para o procesamento de información- en factores de capital variábel como a forza de traballo e os métodos de estimación-certificación de materias primas; e en procesos substantivos para a reprodución ampliada de capital, tales como o intercambio económico mediante canles virtuais, transaccións monetarias en grandes escalas, e o fortalecemento de sectores como os servizos, a banca, os seguros, as sociedades de corretaxe e bolsas de valores a través de sistemas informáticos.

 O século XXI chegou cunha nova racionalidade, condicionada en gran medida polo sistemas informáticos, os cales facilitaron a interconexión de todas as formacións económico-sociais do mundo, a unha nova lóxica de mercado, na cal foron filtradas e incorporadas (especialmente nos centros urbanos) a totalidade das relacións sociais. As transaccións electrónicas na banca, os software contábeis para o procesamento de inxentes movementos financeiros en tempo real (tal e como sucede nas casas de bolsa), o pagamento de bens e servizos mediante tarxetas de débito, crédito e a través de medios biolóxico-electrónicos, así como o desenvolvemento de intelixencia artificial para os complexos sistemas que controlan o sistema financeiro, son expresións desa revolución.

 Segundo Bonilla (2017), estamos en presenza dun cambio cualitativo e cuantitativo de enormes proporcións e implicacións. O autor referido, en sintonía co apuntado por Milton Santos para este momento histórico, caracteriza o fenómeno como a transición cara á Cuarta Revolución Industrial, con toda a carga material e simbólica que isto implica sobre as relacións sociais, os modos de vida e a civilización humana.

 Precisamente, nesa transición -proceso e produto da crise orgánica do sistema do capital- xurdiron e desenvolvéronse as moedas virtuais. Este tipo de instrumento financeiro gañou terreo durante os últimos anos, ao tempo que Estados metropolitanos (como Xapón, Rusia, China, Gran Bretaña e mesmo sectores moi influinte dos EUA), e periféricos (entre os que sobresae a proposta de moeda virtual venezolana denominada o Petro), están creando as condicións para instaurar moedas virtuais nacionais, co cal se configura un novo escenario e probabelmente se xeran as condicións para un sistema financeiro internacional híbrido, cuxas tensións e contradicións tenderán á estruturación dunha nova arquitectura no sistema financeiro global.

Perspectivas das moedas virtuais

 A existencia de contradicións e dunha crise orgánica non significa necesariamente o colapso do réxime do capital. O que si se advirte neste contexto de incerteza é unha mutación do sistema que permita a estruturación dunha nova arquitectura para a apropiación da plusvalía. Nesa orde de ideas e en contradición coas apoloxías ás moedas virtuais como instrumentos financeiros autónomos respecto das grandes corporacións, as moedas virtuais enxérganse como un instrumento para o desenvolvemento de novas formas de circulación, acumulación e reprodución de capital.

 Os grandes bancos centrais do mundo de países metropolitanos teñen nos seus plans a implementación deste tipo de instrumento. En todo caso os cambios producidos pola implementación das moedas virtuais en grandes escalas e en aparellos oficiais (o que significa desprazar as moedas fiduciarias e un novo sistema de banca adaptado ás novas condicións) non serán estruturais, na medida en que non atentan contra o réxime de produción e apropiación de riqueza, contra a división internacional do traballo vixente e os seus procesos de acumulación de capital que lle son inherentes, moito menos contra a composición das clases sociais ou as relacións sociais de produción.

 De igual xeito, as moedas virtuais na súa lóxica de funcionamento actual reproducen un conxunto de limitacións que deben ser superadas para desprazar as moedas fiduciarias (e que ademais contradín as hipóteses que as postulan como instrumentos non capitalistas), entre as que se subliñan as seguintes:

- O seu metabolismo está condicionado pola especulación financeira.

- O seu movemento está condicionado polo capital monopólico transnacional.

- Non presentan funcións esenciais das moedas fiduciarias modernas, tales como: medida de valor; medio de intercambio; reserva de valor; medio de pagamento.

- Existe a necesidade de aumentar a oferta e a velocidade de circulación, para responder as demandas dun mercado en expansión.

- Do mesmo xeito que o sistema financeiro actual, é vulnerábel a operacións de lexitimación de capitais.

- Reprodúcese a tendencia á concentración (o 95% de Bitcoin é propiedade de só o 4% dos titulares. A metade da riqueza total en forma de Bitcoin pertence a só o 1% de todos os usuarios de Bitcoin).

 Porén, o que si se albisca é o fortalecemento e consolidación da economía intanxíbel, así como a instauración dunha nova orde mundial, multipolar e inestábel- unha fractura do mundo unipolar dominado polos Estados Unidos-, un aumento de tensións xeopolíticas e un permanente reposicionamento de forzas dos centros de poder con tendencia imperialista, aspecto que representa un risco latente o desenvolvemento de conflitos de intereses que poden escalar desde a baixa, a media, mesmo alta intensidade entre as potencias nucleares do planeta.

 O cambio sistémico da sociedade -necesario ante o profundamento da inxustiza e das desigualdades, así como ante o colapso da nosa civilización como efecto do cambio climático- non se producirá pola implementación dun novo instrumento financeiro, senón pola subversión das relacións sociais mediante unha revolución social a escala global.

______________________________________________________________________

Referencias

  • CEPAL (2015):El nuevo estilo de desarrollo: la agenda 2030 para el desarrollo sostenible. CEPAL, Santiago.

  • Harvey, David (2007):El nuevo imperialismo. Akal, Madrid.

  • Lenin, Vladimir (2009):El imperialismo, fase superior del capitalismo. Edicións en linguas estranxeiras, Pequín.

  • Mészáros, István (2009):La crisis estructural del capital. Ministerio del Poder Popular para la Comunicación y la Información, Caracas.

  • Santos, Milton (2000):La naturaleza del espacio. Ariel, Madrid.

· Beinstein, Jorge (2016): Alertas rojas: señales de implosión en la economía global. El capitalismo global a la deriva. Dispoñíbel en:http://www.rebelion.org/docs/214379.pdf
· Bonilla, Luis (2017): Complejo Industrial Cultural. Dispoñíbel en: https://www.aporrea.org/educacion/a254080.html
· CEPAL (2015): El nuevo estilo de desarrollo: la agenda 2030 para el desarrollo sostenible. CEPAL, Santiago.
· Dierckxsens, Wim; Formento, Walter (2017): Hacia un nuevo sistema monetario internacional. Dispoñíbel en:https://www.alainet.org/es/articulo/188739
· Harvey, David (2007): El nuevo imperialismo. Akal, Madrid.
· Lenin, Vladimir (2009): El imperialismo, fase superior del capitalismo. Edicións en linguas estranxeiras, Pequín.
· Mészáros, István (2009): La crisis estructural del capital. Ministerio del Poder Popular para la Comunicación y la Información, Caracas.
· Santos, Milton (2000): La naturaleza del espacio. Ariel, Madrid.
______________________________________________________________________

[Artigo tirado do sitio web Alainet, do 16 de febreiro de 2018]

Volver