• 20-09-28 Protesta_Confraria_O_Grove_01.jpeg
  • 20-09-28 Protesta_Confraria_O_Grove_02.jpeg
  • 20-09-28 Protesta_Confraria_O_Grove_03.jpeg
  • 20-09-28 Protesta_Confraria_O_Grove_04.jpeg
  • 20-09-28 Protesta_Confraria_O_Grove_05.jpeg

“Na confraría, por un convenio xusto!”

Persoal do pósito do Grove mobilizouse hoxe para reclamar melloras laborais

O Grove -

Traballadores/as da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove mobilizáronse hoxe diante das instalacións do pósito ao berro de “Na confraría, por un convenio xusto!” ou “Convenio xa, ou folga xeral” para reclamar melloras nas condicións de traballo, tras máis de 10 anos sen unha revisión salarial nin melloras laborais nin sociais. As medidas de presión continuarán este venres 2 coa convocatoria dunha xornada de folga.

O cadro de persoal da Confraría está formado por un total de 23 traballadores/as, entre gardapescas marítimos, persoal de lonxa e peixería e persoal técnico e de oficinas, aos que se lle aplicaba o convenio de oficinas e despachos de Pontevedra. Pero hai xa máis de 10 anos que deixou de facerse, polo que dende entón levan sen actualizar os soldos nin mellorar as condicións laborais e sociais.

Nos últimos dous anos a representación do persoal mantivo varias xuntanzas coa dirección para abordar a situación e a necesidade de abrir un marco estábel de negociación co obxectivo de revisar e actualizar as condicións laborais, “mais déronnos largas en todo momento”, segundo sinala o delegado de persoal, da CIG.

Diante disto, e ante a imposibilidade de chegar a unha solución negociada, o representante sindical convocou unha asemblea de traballadores/as o pasado luns na que se decidiu convocar mobilizacións. “Antes desta convocatoria intentamos novamente chegar a un acordo coa dirección e mediante a Inspección de Traballo, pero os resultados non foron satisfactorios”.

Volver