• 19-11-03 ProtestaPaisNaisSagradoCorazonLalin01.jpeg
  • 19-11-03 ProtestaPaisNaisSagradoCorazonLalin02.jpeg
  • 19-11-03 ProtestaPaisNaisSagradoCorazonLalin03.jpeg
  • 19-11-03 ProtestaPaisNaisSagradoCorazonLalin04.jpeg

Nais e pais do colexio Sagrado Corazón do Deza mobilízanse en solidariedade co persoal que non cobra

Desenvolveron unha concentración o pasado domingo día 3 para reclamar unha solución ao conflito laboral

Lalín -

Nais e pais do colexio Sagrado Corazón do Deza mobilizáronse este domingo día 3 en Lalín en solidariedade co persoal do centro ao que a dirección lle adebeda varias nóminas. As traballadoras/es afectadas/os e as familias do alumnado desenvolveron unha concentración para reclamar unha solución inmediata ao conflito laboral que comezou en setembro, cando as empregadas/os dos servizos non concertados xa levaban entre tres e catro meses sen cobrar.

Daquela, as arredor de 20 empregadas/os que desenvolven o seu labor nos servizos non concertados levaban xa entre tres e catro meses sen cobrar, polo que xunto á CIG-Ensino decidiron iniciar mobilizacións ás portas do colexio coincidindo coa convocatoria de paros.

Co tempo, e ante a falta de resposta da dirección, foron ampliando a duración das protestas, optando desta ocasión por desenvolver unha concentración conxunta coas nais e pais do estudantado coa esperanza de que o propietario do centro, Joaquín Pereira Somoza, liquide as débedas pendentes.

Volver