Non á venda das centrais hidroeléctricas

Este xoves, 8 de decembro, ás 10:00 horas, os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica continuarán coas mobilizacións en rexeitamento á decisión empresarial de vender as centrais hidroeléctricas. O persoal realizará un marcha a pé que sairá ás 10:00 horas dende a fábrica de Brens e irá até a fervenza do Ézaro. Alí, ás 13:00 horas, haberá unha concentración na que se despregará unha faixa coa consigna "o río é noso e non de Villar Mir".

>>>Máis información sobre este conflito

Volver