Nova xornada de protestas contra a "escravitude laboral" en Extel

A Coruña - 23 Mai 2019

Traballadoras e traballadores de Extel na Coruña secundan por terceiro xoves consecutivo, folgas e mobilizacións para esixir condicións laborais dignas e que rematen os abusos e os despedimentos arbitrarios.‬ Nesta xornada están realizando paros laborais de unha hora por quenda e concentracións coincidindo co tempo dos paros. O calendario de protestas continuará o próximo venres, 31 de maio, cunha xornada de folga de 24 horas.