Nova xornada de protestas do persoal das contratas de R contra o traslado de servizos e emprego

A Coruña -

O persoal das contratas de R Cable continúa esta semana coas mobilizacións en rexeitamento aos plans de traslado de servizos e emprego fóra de Galiza iniciado pola operadora de telecomunicacións, que pon en risco a continuidade de máis de mil postos de traballo na provincia da Coruña. Esta tarde, o persoal concentrouse diante do edifico de R na rúa Real (zona do Obelisco) e para este mércores ten convocada unha protesta diante do edificio administrativo da Xunta en Monelos.

Volver