O 100% dos traballadores da estiba do porto de Ferrol están secundando a segunda xornada de folga convocada no sector para esta semana, en demanda da subrogación de todo o persoal que vén prestando os seus servizos nas SAGEP. Os paros efectivizáronse logo de rachar as negociacións coa patronal Anesco, que está a incumprir o preacordo acadado coa respresentación sindical, para garantir o mantemento de todos os empregos.
Se non se producen avances nos próximos días, as organización sindicais xa teñen prevista unha xornada de folga de 48 horas para o mércores 14 de xuño e tres novas xornadas de paros para os días 19, 21 e 23.
14 Feb 2023
22 Xun 2017
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.