O ano 2020 remata con 21.000 empregos menos en Galiza, dos que 15.900 ocupábanos mulleres

A CIG demanda a derrogación das reformas e políticas públicas dirixidas a paliar a situación

Nacional -

Os datos da EPA do IV Trimestre confirman a profundidade da crise derivada da pandemia, mais tamén a profundidade da crise que arrastrabamos antes da chegada da covid. O ano 2020 rematou –sen computar as traballadoras e traballadores en ERTE, que se enfrontan a un incerto futuro- cunha taxa de paro do 12% (11,8% en 2019) e cunha perda de 21.000 empregos en Galiza, dos que 15.900 estaban ocupados por mulleres, coas que se cebou especialmente a crise.

Estes datos confirman a profundidade da crise derivada da pandemia mais tamén poñen de manifesto, segundo o secretario xeral da CIG, Paulo carril, “a profundidade da crise que xa viñamos vivindo antes dela, como aquela que trae consigo todo o proceso da chamada dixitalización e descarbonización, onde o desmantelamento e a destrución de postos de traballo esta sendo importante, como se constata en casos como os de Alcoa, Endesa ou Inditex, entre outros”.

Estes datos tamén evidencian, para Carril, “o erráticas e inxustas que son as políticas que se están adoptando por parte dos gobernos a hora de xestionar esta crise e a necesidade dunha viraxe de 180º nas políticas públicas e de que todas as políticas públicas se dirixan a garantir unhas condicións de vida dignas para as galegas e os galegos”.

Neste sentido valora que “a solución dos ERTEs é inxusta para quen está no ERTE, porque as empresas poden combinar outros instrumentos da reforma laboral, pero tamén para todo o persoal temporal que quedou fóra xa ao principio da crise sanitaria e non se puido beneficiar nin dos ERTEs, nin de todas as medidas de protección social aprobadas neste período, como o contador a cero e demais”.

Derrogación das reformas e políticas públicas

Diante desta situación o secretario xeral da CIG lembra que a central sindical ten convocadas mobilizacións en 18 cidades e vilas galegas para o vindeiro día 7 de febreiro en demanda da derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensión e da intervención pública no sistema financeiro, coa xestión directa dos fondos europeos; a formalización dun concerto económico co Estado; a creación dun Banco Público Galego e a participación da Xunta en proxectos empresariais chave ou a nacionalización de empresas como Alcoa ou Alu Ibérica. Todo isto ademais cunha fiscalidade progresiva e xusta e o aumento do I+D+i.

O secretario xeral da CIG entende que unha crise desta magnitude debe ser enfrontada reforzando os servizos públicos, para o que considera imprescindíbel eliminar a taxa de reposición e retornar ao público os servizos privatizados “volvendo á xestión directa da sanidade” así como reforzar o ensino público, incrementando os cadros de persoal en ambos os casos.

Reclama ademais unha transición enerxética xusta, o reforzo dos sectores estratéxicos, a posta en marcha dun plan de conciliación e reitera a necesidade de que se fixe por lei o SMI do 60% do salario medio, tal e como marca a Carta Social Europea, coa supresión do IPREM. Isto xunto co establecemento dunha renda de inserción laboral e social da contía do SMI e a prohibición dos ERES, ERTEs, modificacións de condicións… “sen previa autorización administrativa e acordo co persoal”, ademais da eliminación das ETTS, as empresas multiservizos, a figura de falsos/as autónomos/as ou a subcontratación en cadea”.

Xunto a isto apela ao desenvolvemento do Marco Galego de Relacións  e exixe que se fixe por Lei a pensión mínima igual ao SMI e a súa revalorización anual co IPC real.

Un ano tráxico para o emprego

A perda de 21.000 empregos non foi o único efecto devastador que nos deixa o ano 2020, a importante perda de poboación activa, un ano máis, é tal vez, un indicador tan ou máis preocupante.

Principais variables.

   

Variación

 
 

2019 

2020 

Absoluta

%

Total

2.335,30

2.339,00

3,70

0,2

Activos

1.241,10

1.220,90

-20,20

-1,6

Poboación ocupada

1.095,20

1.074,20

-21,00

-1,9

Poboación parada

145,9

146,7

0,80

0,5

Inactivos

1.094,20

1.118,10

23,90

2,2

Fonte: EPA. IGE

Da EPA tírase que a poboación activa descendeu na mesma cantidade que a poboación ocupada,  é dicir, as persoas que deixaron de traballar non pasaron ao paro senón a inactivos. Ademais, máis do 75% do emprego destruído neste último ano foi emprego feminino o que sitúa ás mulleres como as grandes prexudicadas desta nova crise. “Non só perderon o emprego, senón que ademais, unha inmensa maioría abandonou o mercado de traballo, xa que o medre da poboación inactiva, absórbeno maioritariamente mulleres encadradas dentro de labores do fogar”.

Ocupados por sector económico.

 

Total

Variación

 
 

2019 

2020 

Absoluta

%

Total

1.095,20

1.074,20

-21,00

-1,9

Agricultura, gandaría, caza e silvicultura

49,9

49,4

-0,50

-1,0

Pesca e acuicultura

16,8

19,7

2,90

17,3

Industria

179,4

182,4

3,00

1,7

Construción

70,1

75,1

5,00

7,1

Servizos

778,9

747,7

-31,20

-4,0

Fonte: EPA. IGE

Isto explícase porque todo o emprego destruído estímase no sector servizos onde ha, en concreto, 31.200 empregos mentres que no resto, agás o leve descenso do primario, acollen máis empregados que non ano 2019. Falamos pois de comercio, hostalería, actividades artísticas e actividades financeiras, que foron as máis afectadas e nas que hai unha importante presenza feminina.

Poboación parada

A poboación parada non variou significativamente xa que unha parte moi importante da mesma estaba cuberta por un ERTE, e polo tanto, estatisticamente, non é considerada parada. Malia isto a taxa de paro subiu ata o 12% (11,8% no ano 2019). E aquí novamente as mulleres saíron máis prexudicadas xa que a taxa de paro feminina pasou do 12,8% ao 13,2%, mentres que a masculino aumentou do 10,7% ao 10,9%.

Gravísimo é tamén que o número de fogares con algún membro en activo e no que todos están parados aumentou en 2.200, até situarse nos 54.600, incrementando así o risco de pobreza e exclusión social. Unha situación que fai máis que necesarias políticas públicas que palíen a situación.

Volver