O ano comezou en Galiza cunha suba do paro que duplicou a media estatal e afectou sobre todo a mulleres e a persoas maiores de 45 anos
O ano 2026 comezou en Galiza cun aumento do paro e unha importante caída da afiliación a Seguridade Social, amosando unha vez máis a febleza dun mercado laboral caracterizado pola precariedade e a inestabilidade. A taxa de desemprego medrou no noso país nun 2,8% no mes de xaneiro, máis do dobre que no conxunto do Estado, que foi do 1,26%, a afectou especialmente a mulleres e a persoas maiores de 45 anos.
As persoas inscritas como desempregadas no SEPE aumentaron neste período en 3113, situándose nun total de 115.144. O medre foi xeneralizada e afectou a todas as provincias, a ambos sexos, e a todos os sectores económicos, salvo a construción. O desemprego afectou maioritariamente o sector servizos, no que se anotaron o 90% das novas persoas e desempregadas.
Paro rexistrado segundo sector económico.
|
Sectores |
|
|
Variación |
|
|
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
|
|
Sector primario |
3371 |
3414 |
43 |
1,3% |
|
Industria |
10.614 |
10.670 |
56 |
0,5% |
|
Construción |
7103 |
7031 |
-72 |
-1,0% |
|
Servizos |
80.761 |
83.645 |
2884 |
3,6% |
|
Sen emprego anterio |
10.182 |
10.384 |
202 |
2,0% |
|
Total |
112.031 |
115.144 |
3113 |
2,8% |
Fonte: SEPE
E medrou especialmente entre as mulleres (3,3%) fronte aos homes (2,1%). Os datos amosan que o 57,4% das persoas rexistradas como paradas son mulleres.
Paro rexistrado segundo sexo.
|
Sexo |
|
|
Variación |
|
|
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
|
|
Homes |
47.321 |
48.319 |
998 |
2,1% |
|
Mulleres |
64.710 |
66.825 |
2115 |
3,3% |
|
Total |
112.031 |
115.144 |
3113 |
2,8% |
Fonte: SEPE
No que atinxe á idade, en todos os grupos medrou o desemprego, sendo especialmente preocupante entre os maiores de 45 anos, polas dificultades engadidas que supón non ter emprego. En xaneiro de 2026, o 61% das persoas desempregadas son maiores de 45 anos.
Paro rexistrado segundo idade.
|
Idade |
|
|
Variación |
|
|
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
|
|
Menor 25 |
4890 |
5229 |
339 |
6,9% |
|
De 25 a 29 |
8159 |
8737 |
578 |
7,1% |
|
De 30 a 44 |
29.862 |
30.935 |
1073 |
3,6% |
|
Maior de 45 |
69.120 |
70.243 |
1123 |
1,6% |
|
Total |
112.031 |
115.144 |
3113 |
2,8% |
Con respecto á afiliación á Seguridade Social, neste período contabilizáronse 13.462 persoas menos ca que en decembro de 2025, acadándose as 1.083.824 en alta laboral. Con todo, son datos que hai que coller con cautela tendo en conta os cambios na clasificación por ramas de actividade, polo que as variacións respondan a estes cambios se deban á nova clasificación e non á baixada ou aumento da afiliación.
Afiliación media á Seguriade Social.
|
Afiliación á SS |
|
|
Variación |
|
|
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
|
|
A Coruña |
479.469 |
474.175 |
-5.294 |
-1,1% |
|
Lugo |
126.281 |
124.770 |
-1511 |
-1,2% |
|
Ourense |
108.556 |
107.386 |
-1170 |
-1,1% |
|
Pontevedra |
382.980 |
377.493 |
-5487 |
-1,4% |
|
Total |
1.097.286 |
1.083.824 |
-13.462 |
-1,2% |
Fonte: SS
Aumento da inestabilidade laboral
O secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, insiste en que novamente os datos evidencian a existencia dun mercado de traballo “moi precario, cunha forte dependencia da estacionalidade do emprego e que está a disparar a inseguridade laboral”.
En consecuencia, as actividades con salarios máis baixos e con modalidades de contratación máis inestábeis son as que están a concentrar a maior perda de postos de traballo, precisamente pola dependencia da economía galega a un modelo baseado no sector servizos. Ademais, a maior caída na contratación prodúcese entre as persoas traballadoras temporais, tanto a tempo parcial como completo, e as fixas descontinuas.
O responsábel sindical denuncia este “sistema perverso” no que as persoas traballadoras padecen os “vaivéns” dun mercado laboral “inestábel” e non teñen garantido un salario digno, “xa que os seus ingresos dependen das necesidades empresarias, o que se traduce nunca da vez maior aumento da pobreza laboral”.
E sinala como especialmente preocupante o aumento do paro entre as mulleres e as persoas maiores de 45 anos, así como que o 29% das persoas mozas están no paro, unha das taxas de desemprego xuvenil máis altas do Estado español, "o que provoca a emigración de moitas persoas cunha elevada formación.