O capitalismo fracasou: que vén a seguir?

John Bellamy Foster -

O capitalismo neoliberal (o capitalismo realmente existente) é un sistema que destrúe de xeito permanente as bases da existencia. Os traballadores e os pobos do mundo non teñen máis alternativa que buscar novos camiños para o futuro

 Case ao terminar as dúas primeiras décadas do século XXI, é evidente que o capitalismo fracasou como sistema social. Hoxe o mundo está inmerso no estancamento económico, a financeirización, o desemprego masivo, o subemprego, a precariedade, a pobreza, a fame, e a desigualdade máis extrema da historia. Desde o punto de vista ecolóxico vivimos un planeta ameazado por unha “espiral de morte”(1).

 A revolución dixital, o maior avance tecnolóxico do noso tempo, que nos seus inicios foi unha promesa de comunicación libre transformouse nun poderoso medio de vixilancia e control da poboación. As institucións da democracia liberal están a piques de colapsar, mentres que o fascismo, a retagarda do sistema capitalista, está de novo en marcha, xunto co patriarcado, o racismo, o imperialismo e a guerra.

 Dicir que o capitalismo é un sistema errado non é, por suposto, suxerir que a súa ruptura e desintegración é inminente(2). Porén,, significa -que neste século- o capitalismo deixou de ser un sistema necesario para se transformar nun réxime innecesario e destrutivo. Hoxe, máis que nunca, o mundo enfróntase á elección entre “a transformación revolucionaria da sociedade ou a ruína das clases en loita”(3).

 Os sinais deste fracaso están en todas as partes.

 Os chamados mercados libres están atrancando o investimento produtivo e a especulación financeira trae consigo burbullas que estouran inevitabelmente(4).

 Unha crecente desigualdade nos ingresos e a concentración da riqueza degradou as condicións materiais da gran maioría. (Os salarios reais para os traballadores nos Estados Unidos apenas se moveron en corenta anos, malia o aumento constante da produtividade)(5).

 A intensidade do traballo aumentou, mentres que a seguridade no traballo foi sistematicamente eliminada. Os datos de desemprego xa non teñen sentido debido ao subemprego institucionalizado(6). Os sindicatos son simples sombras do pasado. O capitalismo conseguiu un control arbitrario dos lugares de traballo. Coa desaparición das sociedades de tipo soviético, a socialdemocracia en Europa morreu en mans da ideoloxía do “libre mercado”(7).

 A plusvalía obtida polas corporacións multinacionais -nas rexións máis pobres do mundo- está producindo unha acumulación de riqueza financeira sen precedentes no centro da economía mundial e unha estendida pobreza no mundo da periferia(8). (Arredor de 21 billóns de dólares de fondos offshore están agochados en paraísos fiscais (principalmente no Caribe) creando “un refuxio fortificado das grandes finanzas”)(9).

 Os monopolios tecnolóxicos impulsados pola revolución das comunicacións, xunto co dominio do capital financeiro e os activos especulativos (con sede en Wall Street), contribúen de xeito permanente ao enriquecemento do “un por cento”. Corenta e dous multimillonarios gozan de tanta riqueza como a metade da poboación mundial ; os tres homes máis ricos dos Estados Unidos, Jeff Bezos, Bill Gates e Warren Buffett, teñen máis riqueza que a metade da poboación do seu país(10).

 En todas as rexións do mundo, a desigualdade aumentou considerabelmente nas últimas décadas(11). A fenda no ingreso per capita, entre as nacións máis ricas e as máis pobres, medra apresuradamente(12). O 60 por cento da poboación empregada do mundo, uns dous mil millóns de persoas, traballan nun sector informal empobrecido, formando un enorme proletariado global. O exército de reserva do traballo é un 70 por cento máis grande que o exército de traballadores formalmente empregados(13).

 A asistencia sanitaria, a vivenda, a educación, a auga e o aire limpo están fóra do alcance de grandes sectores da poboación. Nos países ricos de América do Norte e de Europa o transporte volveuse insostíbel, con niveis irracionalmente altos de dependencia do automóbil e cunha abraiante falta de investimento no transporte público.

 As estruturas urbanas caracterízanse pola xentrificación e a segregación; nas cidades constrúese para favorecer a poboación acomodada, mentres se marxina a amplos sectores cidadáns. Arredor de medio millón de persoas (a maioría deles nenos e nenas) non teñen fogar nos Estados Unidos(14). Nova York está experimentando unha gran infestación de ratas, atribuída ao quecemento global, o que reflicte outras das tendencias que afectan a todo o mundo(15).

 Nos países de altos ingresos, a esperanza de vida está en pleno devalar; hai un rexurdimento das enfermidades -da época vitoriana- que está directamente relacionada coa pobreza e a explotación. En Gran Bretaña, a escarlatina, a tose ferina, a tuberculose e o escorbuto volveron emerxer logo de desaparecer por décadas. A chamada enfermidade pulmonar negra volveu con forza nas minas de carbón en todo o norte rico(16).

 O uso excesivo de antibióticos, utilizados pola industria gandeira e agrícola, está provocando unha perigosa resistencia aos antibióticos. Para mediados de século as mortes pola aparición das súper-bacterias poderían superar as mortes anuais por cancro, o que levou á Organización Mundial da Saúde a declarar una “unha urxencia sanitaria mundial”(17). Definitivamente, está espiral destrutiva da vida é o resultado do funcionamento dun sistema fracasado. (Frederick Engels chamouno “asasinato social”, no seu libro A Formación da Clase Obreira en Inglaterra)(18).

 A instancias de corporacións xigantes, fundacións filantro-capitalistas e gobernos neoliberais, a educación pública estase reestruturando coa implementación da Intelixencia Artificial. Este mecanismo está xerando bases de datos, entre a poboación estudantil, para comercializalos e vendelos ao mellor postor(19). A privatización da educación está pensada para alimentar a submisión ao mercado. Na práctica estamos vivindo a groseira filosofía utilitaria dramatizada na novela “Os tempos difíciles” de Charles Dickens(20).

 Nos Estados Unidos moitas dos colexios máis pobres e racialmente segregados, son “escolas do delito”(21). Máis de dous millóns de persoas están na cadea. Estados Unidos ten a taxa de encarceramento máis alta do mundo. A poboación que hai en prisión é case igual á poboación de Houston, a cuarta cidade do país. Os afroamericanos e os latinos constitúen o 56 por cento dos encarcerados. Tanto negros, hispanos e nativos americanos teñen case tres veces máis probabilidades de morreren por un disparo da policía(22).

 A violencia contra as mulleres e a expropiación do seu traballo non remunerado (así como a sobreexplotación do traballo remunerado) son parte integral da forma en que se organiza o poder patriarcal na sociedade capitalista, e de como se trata de dividir, en lugar de unificar a poboación traballadora. Máis dun terzo das mulleres en todo o mundo sufriron violencia física ou sexual. Os corpos das mulleres son mercantilizados como parte do sistema de mercado(23).

 A propaganda dos medios masivos fusionouse cun sistema de publicidade baseado nos medios sociais, concentrando como nunca o diñeiro e o poder en mans de tres ou catro xigantes tecnolóxicos. Coas modernas técnicas de mercadotecnia e vixilancia de masas as grandes empresas dominan todas as interaccións dixitais, adaptando as súas mensaxes sen ningún tipo de control. Ao día, xéranse “noticias falsas” en todos os ámbitos(24). Naceron numerosas empresas que se dedican a manipular tecnoloxicamente aos votantes (en todo o mundo), poxando os seus servizos aos partidos políticos capaces de pagar este tipo de manipulación(25).

 A eliminación da neutralidade da rede permitiu unha maior concentración e control sobre toda Internet por parte dos monopolios provedores destes servizos. As eleccións son presa do “diñeiro escuro” non regulado que procede das corporacións e da clase multimillonaria. Estados Unidos, aínda que se presenta como a principal democracia do mundo, “ten só unha aparencia democrática pero un contido profundamente plutocrático” (Paul Baran e Paul Sweezy no Capital Monopolista)(26).

 Coa administración de Trump -seguindo unha tradición establecida hai moito tempo- o 72 por cento dos membros do seu gabinete proveñen dos chanzos corporativos máis altos, mentres que outros foron elixidos polo exército(27).

 A guerra, deseñada polos Estados Unidos -e outras potencias importantes- fíxose permanente en rexións petroleiras estratéxicas e ameaza con se converter nun conflito termonuclear global. Durante o goberno de Obama, Estados Unidos participou en guerras, atentados e bombardeos en sete países diferentes: Afganistán, Iraq, Siria, Libia, Iemen, Somalia e Paquistán(28). Washington volveu utilizar a tortura e os asasinatos como instrumentos contra individuos, países e sociedades enteiras, que son arbitrariamente cualificadas de terroristas.

 Este último tempo estase articulando unha nova Guerra Fría e unha carreira de armamentos nucleares entre os Estados Unidos e Rusia, mentres Washington pon todos os obstáculos posíbeis ao crecemento da nación chinesa. A administración Trump creou unha nova Forza Espacial como unha rama separada do exército nun intento por asegurar a súa superioridade coa militarización do espazo.

 Unha prestixiosa revista dos Científicos Atómicos fixeron soar as alarmas polo aumento do perigo dunha guerra nuclear e pola desestabilización do clima, colocando o “reloxo da fin do mundo a dous minutos para a medianoite”, o máis próximo desde o ano 1953(29).

 Estados Unidos impón sancións económicas cada vez máis severas a países como Venezuela e Nicaragua, malia as súas eleccións democráticas, ou debido a elas. As guerras comerciais e de divisas son promovidas activamente polos Estados centrais do sistema capitalista, mentres se levantan murallas racistas contra a inmigración en Europa e os Estados Unidos.

 Uns 60 millóns de refuxiados e persoas desprazadas foxen de países devastados polo fame e a guerra. As poboacións migrantes aumentaron a 250 millóns, e as que residen en países de altos ingresos constitúen máis do 14 por cento das súas poboacións. Mentres os países ricos amurallan as súas illas de privilexios(30), máis do 10 por cento da poboación mundial padece desnutrición crónica(31). Arredor de corenta millóns de estadounidenses(un de cada oito familias) -incluídos case trece millóns de nenos  e nenas- padecen de inseguridade alimentaria e crece a produción de alimentos tóxicos e de baixa calidade(32).

 Os pequenos agricultores están sendo expulsados das súas terras polo agro-negocio, o capital privado e os fondos soberanos, nun proceso mundial que constitúe o maior desprazamento de persoas na historia(33).

 O amoreamento urbano e a pobreza é tan grave que agora un se pode referir razoabelmente a un “planeta de cidades miseria”(34). Xunto ao espolio dos pequenos propietarios o mercado mundial da vivenda segue unha curva á alza desmesurada produto da especulación.(Estímase que terán un valor de 163 billóns de dólares; o ouro extraído en toda a historia está estimado en 7.5 billóns de dólares)(35).

 A época antropocena, iniciada pola gran aceleración da economía (despois da Segunda Guerra Mundial), xerou o cambio climático e a acidificación do océano. Púxose en marcha a chamada sexta extinción coa desaparición de bosques, contaminación tóxica, química, radioactiva, perda de auga doce e destrución do nitróxeno e de ciclos do fósforo(36).

 Nas últimas décadas o 60 por cento da poboación mundial de vertebrados (mamíferos, réptiles, anfibios, aves e peixes) e un 45 por cento de invertebrados diminuíron perigosamente(37). O climatólogo James Hansen explicou que a perda da biodiversidade e o “exterminio de especies” é o resultado do cambio climático. Os biólogos calculan que a este ritmo case a metade das especies van estar en perigo de extinción a fins do século XXI(38).

 Todos os especialistas científicos advirten que se continúan as tendencias actuais a catástrofe ambiental está asegurada(39). De continuar, o incremento das emisións de carbono os danos ecolóxicos, sociais e económicos serán irreversibles (en 2018 aumentaron en 2.7 por cento e nun 3.4 por cento nos Estados Unidos). As reducións das emisións que actualmente se requiren para evitar unha desestabilización fatal para o balance enerxético da Terra, son simplemente incalculábeis(40).

 Con todo, as principais corporacións de enerxía seguen enganando a poboación coa súa interesada visión do cambio climático. Promoven e financian o negacionismo, a pesar que nos seus documentos internos admiten a verdade da situación. Estas corporacións están traballando para acelerar a extracción e produción de combustíbeis fósiles (incluídas as variedades máis xeradoras de gases de efecto invernadoiro) obtendo enormes ganancias no proceso.

 O derretemento do xeo ártico produto do quecemento climático é visto polo capitalismo como un novo El Dorado, que lles permitirá explotar enormes reservas de petróleo e gas, sen ter en conta as consecuencias para o clima. Aos informes científicos a resposta de Exxon Mobil foi: “tentaremos extraer e vender todas as reservas de combustíbeis fósiles posíbeis”(41).

 As corporacións de enerxía segue intervindo nas negociacións sobre o clima, impedindo o control das emisións de carbono. Coa desestabilización do clima os países capitalistas non só poñen en primeiro lugar a acumulación de riqueza para uns poucos, senón que tamén ameazan o futuro de todos os seres humanos.

 Como o capitalismo é un modo de produción que funciona pola acumulación do capital (coa explotación da forza de traballo) e co predominio do mercado en todas as esferas da vida a súa contabilidade económica considera valor todo o que circula polo mercado e produce ingresos. Isto significa que nos seus métodos contábeis os custos sociais e ambientais están fóra do mercado e os beneficios, polo tanto son tratados como “externalidades” negativas(42).

 Chegamos a un punto no século XXI no que as “externalidades” deste sistema irracional (custo da guerra, esgotamento de recursos naturais, perda de vidas humanas, alteración do medio natural) están superando os beneficios económicos do propio capitalismo. Agora a acumulación da riqueza estase producindo a expensas dunha ruptura irreparábel das condicións sociais e ambientais da vida(43).

 Poderíase pensar que polo seu rápido crecemento China é unha excepción. Aclaremos: o desenvolvemento chinés ten as súas raíces na Revolución de 1949 (levada a cabo polo Partido Comunista encabezado por Mao Zedong) mediante a cal o país se liberou da dominación imperialista. A revolución permitiu a China un desenvolvemento cunha economía planificada que construíu unha sólida base económica industrial e agrícola.

 As reformas post-maoístas crearon un sistema híbrido, que xunto coa planificación estatal estableceu relacións de mercado, que implican contradicións sociais e ecolóxicas. Polo momento estas reformas resultaron particularmente beneficiosas para o xigante asiático, tanto é así, que os EUA a través de guerras comerciais -e outras presións- está tratando de impedir o crecemento de China

 A historia demostra que o cambio e o desenvolvemento de China non é o resultado dun capitalismo tardío. De feito o actual modelo chinés contén moitas das tendencias destrutivas propias do capitalismo. Xa que logo, en última instancia, o futuro de China tamén dependerá dun retorno a un proceso de transformación revolucionaria(44).

Como se desenvolveu o actual contexto desastroso que caracteriza o capitalismo mundial neste século? Para comprendermos o fracaso do capitalismo, cómpre realizar un exame histórico do auxe do neoliberalismo. Tamén se require estudar como este modelo capitalista serviu para aumentar a capacidade destrutiva do sistema. Só así poderemos abordar o futuro da humanidade no século XXI.

O neoliberalismo e o fracaso capitalista

 Moitos dos síntomas do fracaso do capitalismo descritos anteriormente son ben coñecidos. Porén, frecuentemente non se atribúe a desfeita ao capitalismo como sistema, senón simplemente a algo que chamamos neoliberalismo. Hai intelectuais que cren que este modelo particular de desenvolvemento capitalista pode ser substituído por outra forma de dominio do capital.

 Para moitos na “esquerda” a resposta ao neoliberalismo é un retorno ao estado de benestar, á regulación do mercado ou a algunha outra forma de democracia social limitada, e polo tanto a un capitalismo máis racional. Non é o fracaso do capitalismo o que se percibe como o problema, senón o fracaso do capitalismo neoliberal.

 Ao contrario deste pensamento a tradición marxiana entende o neoliberalismo como unha etapa do capitalismo na súa etapa tardía. Trátase dun período en que o sistema para sobrevivir estar totalmente subordinado ao capital monopolista-financeiro.

 Xa que logo, para efectuar análise crítico-histórica do neoliberalismo non só é necesario entender como funciona o capitalismo actual, senón que tamén hai que comprender a razón porque é imposíbel unha alternativa ao neoliberalismo que manteña incólume o sistema capitalista.

 O termo neoliberalismo tivo a súa orixe a principios da década de 1920. Foi Ludwig von Mises no seu Líbro A Nación, o Estado e a Economía (1919) quen puxo as bases fundacionais da ideoloxía neoliberal-capitalista(45). No seu traballo, Mises (daquela empregado pola Cámara de Comercio de Viena) formulou que: “o vello liberalismo ten que regresar para derrotar o socialismo”. Cualificou o socialismo como “destrutivo”, defendeu a desigualdade, sostivo que os monopolios eran parte da libre competencia e que os consumidores exercían a “democracia” cando mercaban, porque esta actividade era equivalente a votar nas eleccións.

 Ludwig Von Mises condenou enerxicamente a lexislación laboral, o seguro social obrigatorio, os sindicatos, o seguro de desemprego, as nacionalizacións, os impostos e a inflación (46). Tan extremos foron os seus puntos de vista que comentando o libro de Dickens, Hard Times, descualificou a Sissy Jupe (a nova heroína da novela) porque: “aprendera a millóns de persoas a odiar o liberalismo e o capitalismo(47).

 En 1921, o austro-marxista Max Adler cuñou o termo neoliberalismo para designar os intentos de Mises de restaurar unha orde liberal en plena decadencia a través dunha nova ideoloxía “fetichismo do mercado”. Pola súa banda a austro-marxista Helene Bauer e o marxista alemán Alfred Meusel elaboraron documentadas críticas a Mises, para a revista teórica alemá Die Gesellschaft, editada por Rudolf Hilferding(48).

 Sobre a base dunha análise marxista, Adler, Bauer e Meusel demostraron que é falsa a afirmación de Mises: “que un capitalismo non regulado é o único sistema económico racional”, e combateron con argumentos consistentes a idea dun “capitalismo harmonioso” baseado no libre mercado.

 Na análise de Mises os sindicatos eran un atranco ao mercado, mentres as patronais e as empresas monopólicas eran totalmente compatíbeis coa libre competencia. Do mesmo xeito, Mises avogaba por un estado forte co obxecto de coartar a loita da clase traballadora, en nome dun mercado autorregulado porque: “calquera acción contra o libre mercado é unha forma de terrorismo”.

 Para Meusel, Mises era “un fervente servidor do capital financeiro internacional” e para o economista Othmar Spann (1926) “as súas ideas eran un intento atávico, de volver a unha versión extrema do liberalismo clásico”(49).

 En 1927, na súa obra Liberalismo, o propio Mises distinguiu entre “antigo liberalismo e neoliberalismo”. Segundo a súa opinión o primeiro liberalismo aceptaba erradamente o concepto de igualdade. En contraste, o neoliberalismo rexeita a igualdade e substituíaa polo que chamou “igualdade de oportunidades”(50).

 O neoliberalismo, tal como xurdiu da pluma de Mises, estaba moi afastado dos nocións do liberalismo clásico. Os críticos marxistas –e mesmo algunhas figuras da dereita- vírono como un intento de ofrecer algún tipo de racionalidade ao capital financeiro e á era dos monopolios. Desde a súa orixe, o neoliberalismo foi un proxecto para prover unha base intelectual á guerra de clases dos capitalistas; unha guerra non só contra o socialismo, senón contra todo intento de regulación social e de democracia: un ataque sen cuartel á clase traballadora.

 Xunto co seu protexido Friedrich Hayek, o ataque de Mises ao socialismo foi unha reacción contra a Viena Vermella onde destacaban as figuras de Adler, Otto Bauer e Karl Renner(51). Nesa mesma época o economista Karl Polanyi desenvolveu unha esmagadora crítica aos dogmas neoliberais que formarían a base teórica do seu libro A Gran Transformación(52).

 Nos anos 1930 a 1960 (despois da Gran Depresión e a Segunda Guerra Mundial) a ideoloxía neoliberal perdeu influencia no medio dunha profunda crise do capitalismo. A principios da década de 1930, cando as nubes da tormenta se acumularon en Europa, Mises traballou como asesor económico do ditador austríaco Engelbert Dollfuss(53). Máis tarde, co apoio da Fundación Rockefeller, Mises emigrou a Suíza e despois aos Estados Unidos, onde ensinou na Universidade de Nova York. Mentres tanto, Hayek foi recrutado pola London School of Economics, a instancias do economista neoliberal británico Lionel Robbins.

 Así e todo, no mundo occidental as teses do economista británico Keynes impuxéronse nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial. As economías capitalistas medraron rapidamente durante un cuarto de século animadas polo aumento do gasto estatal (no medio da Guerra Fría), a reconstrución das economías europeas e xaponesas, a expansión do comercio, a era do automóbil e dúas grandes guerras (Corea e Vietnam) en Asia(54).

 Mentres tanto, ante a ameaza dun modelo alternativo representado pola Unión Soviética e a creación de sindicatos fortes, os gobernos dos países occidentais aplicaron políticas keynesianas co chamado “estado de benestar”. Porén, mantívose a tendencia ao estancamento económico -como un defecto estrutural do sistema- que temporalmente se disimulou pola chamada Idade de Ouro.

 Durante esta etapa as xigantescas corporacións do capitalismo monopolista lograron apropiarse dun superávit cada vez maior, tanto en termos absolutos como relativos. Este proceso que provocou unha sobreacumulación produtiva (e de capital ) foi en parte compensada por unha expansión das vendas, o militarismo e o imperialismo.

 Finalmente a excesiva propagación de billetes de dólares, polo mundo, provocou a ruptura dos acordos de Bretton Woods que estabilizaran o comercio mundial, de tal xeito que Richard Nixon se viu obrigado a poñer fin ao patrón dólar-ouro nos 70. Esta medida estaba relacionada coa desaceleración da economía estadounidense a partir de finais da década de 1960.

 A fin da guerra de Vietnam marcou o comezo de décadas de estancamento económico. Lento pero seguro, iniciouse un longo devalar da economía cunha tendencia á baixa da taxa de crecemento nas economías capitalistas avanzadas. Os principais estímulos que provocaron o auxe posterior á Segunda Guerra Mundial esvaéronse, deixando as economías capitalistas en crise(55).

 A primeira resposta á crise do sistema -que xurdiu na década de 1970- foi utilizar as teses keynesianas para expandir o gasto estatal. O gasto civil e gobernamental dos Estados Unidos en bens e servizos alcanzou un pico durante a administración de Nixon(56). Como consecuencia desta política económica as empresas elevaron os prezos agresivamente e os sindicatos loitaron por manteren os salarios reais dos traballadores. O efecto foi un período de estancamento económico máis inflación.

 Como a inflación diminúe a riqueza acumulada -en forma de activos monetarios- é unha ameaza directa para a clase capitalista. Entón, xurdiu un movemento anti-keynesiano que descualificou calquera posición á esquerda do máis extremo neoliberalismo. Esta resucitada ideoloxía propúxose reverter décadas das modestas conquistas dos traballadores(57).

 Houbo unha viraxe brusca cara á austeridade e a reestruturación económica. Nos seus inicios baixo o disfrace de monetarismo e o aumento da oferta, pero baixo corda levouse a cabo un programa para destruír os sindicatos por medios políticos, económicos e xurídicos. Eliminouse o que John Kenneth Galbraith chamou “o poder compensador” do traballo(58).

 A chave para o rexurdimento do neoliberalismo foi a Sociedade Mont Pèlerin, chamada así polo balneario suízo onde Mises, Hayek, Robbins, Milton Friedman, George Stigler e Raymond Aron se reuniron en 1947 para promover a economía neoliberal e as súas ideas políticas. Os membros da Sociedade Mont Pèlerin xeralmente se referían a si mesmos como liberais, no sentido europeo, como un xeito de contrarrestar as devastadoras críticas marxistas á ideoloxía neoliberal. Evitaron de xeito sistemático a etiqueta de neoliberal -que o propio Mises adoptara en 1927- no Coloquio “Walter Lippmann” de 1938 en París, ao que asistiron Mises e Hayek(59).

 En cambio, o neoliberalismo non foi presentado como unha ideoloxía política senón como unha extensión do liberalismo clásico e como parte inseparábel á natureza humana. Como argumentou Michel Foucault, o neoliberalismo deste xeito se converteu na primeira forma da chamada biopolítica(60). Aínda que en aparencia os seus teóricos abandonaban a etiqueta neoliberal, a Sociedade Mont Pèlerin, a través do Departamento de Economía da Universidade de Chicago, erixiuse no bastión desta ideoloxía.

 Na era keynesiana, dos anos cincuenta e sesenta, figuras como Mises, Hayek, Friedman e James Buchanan mantivéronse á marxe das grandes decisións, aínda que foron fortemente financiadas por fundacións privadas (61). Mais, co regreso do estancamento económico, os intelectuais neoliberais foron recrutados pola cúspide do capital monopolista para proporcionar a base ideolóxica dunha campaña para reestruturar a economía capitalista. O seu principal obxectivo era golpear os traballadores, o estado, o goberno e as economías do sur global.

 Desde o principio, os economistas neoliberais foron presentados como paladíns do libre mercado e do espírito empresarial aínda que a súa tarefa foi a defensa do capital monopólico e das dinastías da clase burguesa(62). A virulencia do programa anti-socialista tiña como propósito a completa privatización do mercado e da vida social.

 No Londres de Margaret Thatcher e no Washington de Ronald Reagan, as figuras de Hayek e Friedman convertéronse nos símbolos da era neoliberal. O Premio Nobel en Economía, ou o Premio Sveriges Riksbank en Ciencias Económicas (establecido polo Banco de Suecia en 1969), foi controlado desde os seus inicios por economistas neoliberais ultraconservadores. Sete membros da Sociedade Mont Pèlerin, incluídos Hayek, Friedman, Stigler e Buchanan, recibiron o Nobel entre 1974 e 1992, mentres que economistas lixeiramente socialdemócratas foron totalmente excluídos(63).

 Malia o seu persistente fracaso na promoción do crecemento, o neoliberalismo impúxose. O seu propósito sempre foi ofrecer certa racionalidade a unha economía dominada polas grandes empresas e o poder dos monopolios(64). En efecto, o neoliberalismo non foi máis que unha estratexia político-económica eficaz para a clase multimillonaria, nunha época en que o capital financeiro buscaba tomar o control de todos os fluxos monetarios da sociedade(65).

 Aínda que as economías capitalistas continuaron estancadas e as taxas de crecemento diminuíron década tras década, o capital excedente en mans das grandes corporacións non só aumentou senón que organizou novas formas para acumular riqueza(66). O cambio dunha economía produtiva a unha economía da financeirización abriu vías para a especulación e a formación de riqueza, afastando de xeito relativo o investimento na produción (é dicir, a acumulación de capital real).

 A globalización implicou non só novos mercados, senón, o que é máis importante, a apropiación de enormes excedentes económicos pola sobreexplotación do traballo cos baixos salarios da periferia. Esta sobreexplotación terminou nas arcas das corporacións multinacionais e dos multimillonarios do mundo(67).

 Os beneficios que os traballadores obtiveran -nos países centrais do capitalismo- comezaron a deixar de existir, mentres as empresas multinacionais aumentaron as súas ganancias cun traballo asalariado desvalorado e cun sistema de subcontratas. Paralelamente a tecnoloxía dixital creou as bases materiais para un novo capitalismo global de vixilancia e control económico constituíndo un sistema de compra e venda que utiliza os datos privados de centenas de millóns de seres humanos(68).

 O crecemento da desigualdade e da riqueza foron xustificados como necesarios para a innovación. Con este pretexto beneficiáronse a uns poucos cos avances que son produto do coñecemento colectivo acumulado por moitos anos. Nesta nova era da expropiación, todo está no mercado: educación, sistemas de saúde, transporte, vivenda, terras, cidades, prisións, seguros, pensións, alimentos, lecer.

 Os intercambios foron completamente mercantilizados, corporativizados e financeirizados. A comunicación humana converteuse nunha mercadoría máis. Todo en nome da “sociedade de libre mercado”. Para os monopolios globais esta estratexia foi enormemente exitosa. Agora o capitalismo (a pesar de Adam Smith) non estaba referido á “riqueza das nacións” senón á riqueza da clase capitalista.

 En certa medida o proceso de financeirización logrou contrarrestar as tendencias ao estancamento económico, pero fíxoo a custa de crises financeiras periódicas. Mentres a acumulación de riqueza se aceleran con crises, séguese producindo unha maior concentración da riqueza. Hoxe os neoliberais sosteñen, sen ambaxes, que é normal e natural unha lóxica que comporta espolio e acumulación da riqueza como produto da financeirización.

 O estado tamén quedou atrapado pola política de financeirización(69). Na gran crise financeira de 2007-09, case todos os bancos foron rescatados e os cidadáns pagaron o custo da estafa. A Gran Crise Financeira non constituíu unha crise para o neoliberalismo, ao contrario, deulle un novo impulso. De feito, a política neoliberal converteuse nun sistema de expropiación que o abrangue todo(70).

 Unha característica desta nova era do consumo é que aumentou o conflito entre o valor de cambio e o valor de uso no proceso económico(71). O resultado é que: vivimos unha urxencia planetaria social e ecolóxica(72) cun rápida destrución do ambiente natural e as condicións de vida.

 Os combustíbeis fósiles incorporáronse como activos financeiros, mesmo cando só existen en forma de reservas enterradas no subsolo. Deste xeito, o combustíbel e a enerxía forman parte integral de todo o proceso de acumulación financeirizada do capitalismo monopólico. Os trillóns de dólares de activos de Wall Street están amarrados ao “capital” fósil(73).

 Hoxe é dobremente difícil pasar do uso de combustíbeis fósiles a alternativas máis sustentábeis, como a enerxía solar e eólica. Como ninguén é dono dos raios do sol nin do vento hai poucos intereses nestas formas de enerxía. No capitalismo as ganancias actuais e futuras ditan o seu xeito de funcionar. Noutras palabras, ao sistema non lle importa que os seus beneficios se fagan a expensas das persoas e do planeta. Vivimos cunha poboación que indefensa observa perplexa a destrución do clima e a desaparición de innumerábeis especies. Trátase dun desastre anunciado e imposto pola forza -aparentemente abafadora- da sociedade de mercado.

 O neoliberalismo sempre se opuxo ao laissez faire decimonónico, xa que a súa ideoloxía implica un Estado forte e intervencionista ao servizo directo do capital e do mercado: o que James K. Galbraith denominou “un Estado depredador”(74).

 Na visión neoliberal, o absolutismo capitalista non é un proceso espontáneo senón unha forma de administrar un modelo que debe ser creado. O papel do estado non é simplemente protexer a propiedade (como sostivo Smith) senón que, como Foucault explicou, é un sistema que se fai necesario para ampliar a dominación do mercado sobre todos os aspectos da vida(75). Por isto, o neoliberalismo reformou o estado e a sociedade, segundo os patróns do propio mercado.

 Segundo a reflexión de Foucault, “o neoliberalismo para se soster debe modelar o poder político sobre os principios da economía de mercado”. O estado non debe “corrixir os efectos destrutivos do mercado”, máis ben debe “aproveitar estes efectos destrutivos para impoñer novas medidas que intensifiquen a súa penetración”(76).

 Para o economista neoliberal Jack Buchanan o obxectivo non é limitar a acción do estado, senón ligalo aos fins monopolistas-competitivos do capital(77). Xa que logo, o estado neoliberal foi transformado especificamente para coartar calquera cambio que afecte negativamente ao valor do diñeiro.

 Agora a política fiscal e a monetaria están fóra do alcance de calquera goberno que se atreva facer algún cambio que afecte aos grandes intereses creados. Os bancos centrais transformáronse en entidades controladas polos bancos privados. Os ministerios de facenda están atrapados polos límites da débeda e as axencias reguladoras están en mans dos monopolios financeiros e actúan en interese directo das corporacións(78).

 Nos seus traballos Karl Polanyi demostrou que o intento de construír unha “sociedade de mercado autorregulada”, require de intervencións constantes do estado a favor do capital, e estas intervencións terminan socavando os alicerces da sociedade e da vida(79). Para o capitalismo actual, este proceso non ten volta atrás porque é a base da actual organización do seu poder económico. Polo tanto, só unha política abertamente anticapitalista pode mudar o sistema.

 O estancamento, a financeirización, a privatización, a globalización, a mercantilización do estado, a redución das persoas a “capital humano” e da natureza a “capital natural”, fixeron das políticas neoliberais unha característica obrigatoria na era do capitalismo monopólico-financeiro.

 Na súa fase globalizada o capitalismo monopolista desencadeou unha crise estrutural e universal do propio sistema. Ante esta crise a resposta neoliberal é dar outro xiro de parafuso, abrindo novas áreas de rendibilidade para uns poucos e perpetuando os problemas que nos causa a todos.

 O resultado desta lóxica irracional non é simplemente unha desfeita económica e ecolóxica, senón a desaparición do Estado “liberal-democrático”. O neoliberalismo inevitabelmente vai camiño dun autoritarismo de mercado e a un neofascismo. Neste sentido, Donald Trump non é unha simple aberración(80). En 1927, Mises expresouno con clareza: “non se pode negar que o fascismo (e movementos similares da dereita) propugna o establecemento de ditaduras, mais a súa intervención, polo momento, salvou a civilización europea. A estima que o fascismo gañou vivirá eternamente na historia dos nosos pobos”(81).

 En 1973 os neoliberais Hayek, Friedman e Buchanan, apoiaron activamente o golpe de Estado de Pinochet que derrocou o presidente socialista Salvador Allende, para impoñer a doutrina neoliberal á nación chilena. Nunha viaxe que realizou a Chile, en 1978, Hayek advertiu persoalmente a Pinochet de que impedise a resurrección dunha “democracia ilimitada”. Durante unha segunda visita, afirmou que “unha ditadura pode ser máis liberal que unha república democrática”(82).

 O mesmo Hayek escribira en 1949: “debemos enfrontar o feito de que a preservación da liberdade individual é incompatíbel coa xustiza distributiva”(83). En resumo, o neoliberalismo non é un simple paradigma do cal o capitalismo poida prescindir; ao contrario, representa as tendencias absolutistas na era das finanzas monopólicas.

 Como sinalou Foucault, “o capitalismo só pode sobrevivir por un tempo mediante unha aplicación da súa lóxica económica a toda a sociedade”(84 ). Con todo, como no mito do Rei Midas, o capitalismo terminará destruíndo todo que toca.

 Mais se o capitalismo fracasou, a pregunta pertinente é: Que vén despois?

O que segue a continuación

 Ao observar o nacente século XXI no libro A idade dos extremos, o historiador marxista Eric Hobsbawm expuxo a súa preocupación polas ameazas que poden abalar este novo século.

 Para Hobsbawm o século XXI tráenos perigos maiores que a terríbel “idade dos extremos” cando a humanidade se viu estremecida por conflitos imperiais, depresións económicas, dúas guerras mundiais e a posibilidade da súa propia auto-aniquilación.

 En 1949 Hobsbawm describiu como vía o futuro:

 “Vivimos nun mundo transformado por un desenvolvemento económico e tecno-científico que dominou os últimos dous ou tres séculos. Sabemos -ou polo menos é razoábel supor- que isto non pode continuar até o infinito. O futuro non pode ser unha continuación do pasado, e hai indicios, tanto externos como internos, de que chegamos ao momento dunha gran crise histórica.

 As forzas xeradas pola economía e a tecnociencia son agora o suficientemente poderosas como para destruír o medio natura, é dicir, os fundamentos materiais da vida humana. As estruturas das sociedades e as bases sociais da propia economía capitalista están a piques de ser destruídas por unha degradación que seguimos reproducindo.

 O noso mundo abéirase a unha explosión ou unha implosión. Isto debe mudar. Non sabemos a onde imos. Só sabemos que a historia nos levou a este punto. Porén, unha cousa é clara, se a humanidade ten un futuro posíbel, ese futuro non pode ser a prolongación do pasado ou do presente. Se intentamos construír un terceiro milenio sobre esta base, con seguridade fracasaremos. E o prezo do fracaso será unha sociedade onde predomine a escuridade”(85).

 Hobsbawm deixou poucas dúbidas acerca de cal era o principal perigo: o sistema terá consecuencias irreversíbeis e catastróficas para o medio natural, incluída a raza humana que forma parte del(86). A fe teolóxica que afirma que os recursos son asignados por un mercado sen restricións crea as condicións para que se desenvolva o “capitalismo do desastre”.

 No seu momento a posición de Hobsbawm foi criticada, por xente de esquerda, por ser demasiado “pesimista”(87). Un cuarto de século despois, está claro que as preocupacións que expresou daquela eran as correctas. Porén, despois de décadas de neoliberalismo, estancamento económico, financeirización, crecente desigualdade e deterioración ambiental unha visión que aborde, de xeito integral, o fracaso do capitalismo é aínda unha rara avis en gran parte da esquerda dos países ricos.

 A resposta máis habitual é reivindicar o mito que unha sociedade de mercado autorregulada pode salvagardar a sociedade e o medio natural(88). Esta concepción -que alimenta a esperanza de que o péndulo retroceda- sumou a certa “esquerda” a distintas versións dun socioliberalismo. Esta nova versión do neoliberalismo agocha, sen disimulo, os fracasos do capitalismo e propón o retorno a unha nova era keynesiana, coma se a historia puidese desandar o camiñado.

 Os políticos que promoven esperanzas deste tipo negan polo menos catro realidades históricas.

 Primeiro, a socialdemocracia floreceu só mentres existía a ameaza dunha sociedade socialista representada pola Unión Soviética e en Occidente partidos e unha forza sindical importante que defendían os traballadores. Mais, como comprobamos, despois da caída do sistema soviético, as políticas socialdemócratas esvaéronse rapidamente.

 Segundo, o neoliberalismo é a forma que adquire o capitalismo na súa actual fase monopolista-financeira. Xa non existe a realidade económica do capital industrial na que se sostiña o keynesianismo.

 Terceiro, na práctica real, a socialdemocracia europea e de EUA depende dun sistema imperialista que se enfronta aos intereses da gran maioría da humanidade.

 Cuarto, o estado “liberal-democrático” e o dominio da clase capitalista industrial disposta a un acordo social co traballo é unha reliquia do pasado. Mesmo cando partidos socialdemócratas chegan ao goberno prometendo establecer un “capitalismo de face amábel”, invariabelmente se renden ás leis do funcionamento do capital correspondente á presente fase histórica.

 Como sinalou Michael Yates: “hoxe en día, é imposíbel acreditar en que haberá unha recuperación dos dereitos sociais, que o modesto proxecto político e económico dos sindicatos e os partidos políticos socialdemócratas aceptaron e axudaron a construír no século pasado”(89).

 A chamada esquerda social-liberal aceptou acriticamente a modernización tecnolóxica sen ter en conta as relacións sociais. Prisioneira do determinismo tecnolóxico, esperan que a dixitalización, a enxeñaría social e unha administración liberal xestionen o sistema.

 Segundo os intelectuais social-liberais: “o capitalismo neoliberal lévanos a un desastre, mais este capitalismo (o neoliberal) pode ser reformado e debe facerse desde arriba por imperativos tecnolóxicos”. Nesta concepción o sistema capitalista mutará e só quedarán “os marcos baleiros das corporacións, desprovistas dos intereses da clase propietaria”.

 Para o futurólogo Jørgen Randers (un dos autores do libro Os límites do crecemento): “a sociedade mundial dentro de corenta anos vivirá un capitalismo reformado en que o benestar colectivo estará por riba do individualismo”. Este capitalismo reformado estaría supeditado a “un goberno de sabios dirixido por tecnócratas, con menos democracia e tamén con menos mercado libre”.

 No canto de enfrontar directamente o fracaso do capitalismo, o seu estancamento económico e a pobreza do “resto do mundo”, Randers considera que estas cuestións son secundarias. Predí que no futuro: “a vida será máis eficiente e sustentábel que na actual a versión do capitalismo”(90).

 Porén, nos apenas sete anos (desde que se escribiu o libro en 2012) xa está claro que as predicións de Jørgen Randers e compañía, están totalmente erradas. A situación que hoxe enfronta o mundo é cualitativamente máis grave que cando aínda as solucións tecnocráticas parecían factíbeis para algúns e que o estado “democrático liberal” parecía estábel.

 Un cambio climático acelerado, un continuo estancamento económico e unha crecente inestabilidade xeopolítica, son razóns suficientes para entender que os desafíos aos que agora nos enfrontamos son moito máis adversos que os vaticinios de “modernizadores progresistas” como Randers. Nunca a historia foi benévola con aqueles que se prodigan con predicións. En particular se se conforman simplemente con proxectar determinadas tendencias tecnolóxicas e deixan fóra de cadro a maioría da humanidade e a súa vida cotiá.

 Por esta razón unha visión dialéctica é tan importante. O curso real da historia nunca se pode predicir. O único certo sobre o cambio histórico é a existencia de loitas que impulsan cambios revolucionarios de carácter descontinuos.

 Tanto as implosións como as explosións se materializan inevitabelmente. Este proceso fai que o mundo para as novas xeracións sexa diferente ao das anteriores. A historia apréndenos que todos os sistemas alcanzan un límite definitivo cando son incapaces de regular as relacións sociais e non poden facer un uso racional e sustentábel das forzas produtivas.

 O pasado humano está salferido de períodos de regresión, seguidos por aceleracións revolucionarias que varren todo o que teñen ante eles. O historiador conservador Jacob Burckhardt describiu deste xeito os cambios revolucionarios: “un cambio histórico ocorre cando se produce unha crise en todo o estado das cousas, atinxe a épocas completas e a moitos pobos da mesma civilización… Entón, o proceso histórico acelérase repentinamente de xeito aterrador. Os cambios que, doutro xeito, tardarían séculos dan en producirse en meses ou semanas”(91).

 Cando Burckhardt escribiu este texto tiña en mente a Revolución Francesa de 1789. Esta revolución foi unha aceleración da historia. En realidade, a Revolución Francesa iniciou unha serie de revolucións que mutaron a unha velocidade aterradora. Transitou dunha revolución aristocrática a unha revolución burguesa e posteriormente a unha revolución popular e campesiña, que finalmente adoptou o carácter dun “bloque histórico”, invencíbel, que transformou gran parte da historia de occidente (92).

 Podería unha aceleración revolucionaria deste tipo acontecer no século XXI?

 A maioría dos analistas convencionais dos países hexemónicos do sistema imperialista mundial dirán que non. Baséanse nunha visión interesada porque as revolucións continúan detonando na periferia do sistema e só son sufocadas pola intervención económica, política e militar das potencias imperialistas.

 O fracaso do capitalismo a escala planetaria hoxe en día ameaza a civilización e a vida do planeta tal como a coñecemos. Se non se realizan cambios drásticos a temperatura global deste século aumentará entre 4 graos a 6 graos centígrados, o que poñerán en perigo a humanidade no seu conxunto. Mentres tanto, o capitalismo extremo busca expropiar e utilizar todos os recursos da existencia material, arruinando o medio natural en beneficio duns poucos.

 Co aumento das catástrofes naturais e co vertixinoso proceso de concentración do capital, neste século a humanidade enfróntase a un tipo das relacións sociais capitalistas que son máis funestas que calquera calamidade que coñezamos(93).

 Centos de millóns de persoas xa se involucraron no combate contra este sistema, creando as bases dun novo movemento mundial cara ao socialismo.

 No seu libro Pode a clase obreira mudar o mundo? Yates responde que si se pode. E engade: “só se poderá facelo se se unifican as loitas dos traballadores e dos pobos. As batallas deberán ter como obxectivo un auténtico socialismo”(94).

 Os intelectuais posmodernos sosteñen que “o sistema socialista xa se intentou e fracasou”; xa que logo, xa non existe como alternativa. Con todo, a historia demostra algo moi distinto. O seguinte período histórico desmente claramente os profetas posmodernos.

“Os primeiros intentos do capitalismo, nas cidades-estado italianas (da Baixa Idade Media) non foron o suficientemente consistentes para sobrevivir no medio das sociedades feudais que as rodeaban; con todo, o capitalismo como sistema acabou por se impor”.

 Se algo nos aprende a historia é que o fracaso dos primeiros experimentos de socialismo non presaxia máis nada que o seu eventual renacemento con novas formas; máis revolucionario, máis universal, un socialismo que recoñece e aprende dos seus anteriores fracasos(95).

 Podemos dicir sen errar que, malia o seu fracaso (relativo), o socialismo é superior ao capitalismo. A tradición de loita pola liberdade, a igualdade substantiva e o desenvolvemento humano sustentábel son consubstanciais ao socialismo e na actualidade son unha proposta política que expresa cabalmente unha necesidade histórica para a humanidade e o planeta(96).

 O economista conservador Joseph Schumpeter ( que foi ministro de finanzas de Austria nos anos 20) escribiu que o capitalismo non morrería por: “un fracaso económico, senón máis ben porque o capital ao centrarse só en fins económicos, termina socavando os fundamentos da súa propia existencia”. Segundo Schumpeter o capitalismo “crea inevitabelmente as condicións que lle impedirán sobrevivir e estas condicións apuntan claramente ao socialismo como o seu herdeiro”(97). En certo xeito, as súas opinións eran correctas, aínda que isto non ocorreu como moitos o esperaban.

 O desenvolvemento global do capitalismo monopolista e a financeirización encabezado polo neoliberalismo -que xurdiu nesa Viena Vermella- agora está socavando as bases materiais, non só do propio capitalismo senón da ecoloxía planetaria. Malia isto, a orde social neoliberal imponse nun confuso contexto político; hai menos oposición ao capitalismo pero hai máis oposición ao neoliberalismo coma se ambas as cousas fosen distintas(98).

 O capitalismo neoliberal (o capitalismo realmente existente) é un sistema que destrúe de xeito permanente as bases da existencia. Os traballadores e os pobos do mundo non teñen máis alternativa que buscar novos camiños para o futuro.

 Un movemento inclusivo -baseado na clase traballadora- que propugne o socialismo para este século abrirá unha etapa de progresos cualitativos que a humanidade necesita con urxencia. A anarquía da sociedade do mercado co seu avaricia institucionalizada non ten nada que ofrecer ás novas xeracións(99).

 O novo socialismo deberá incluír o desenvolvemento dunha tecnoloxía que teñan contido social, en oposición á tecnocracia que mira só pola ganancia individual dun sistema depredador(100). Hoxe tecnicamente é posíbel a planificación democrática a longo prazo, o que permite que as decisións que se tomen orixinen unha distribución da riqueza fóra da lóxica do capital(101).

 Un socialismo, na súa forma máis radical, debe ser consistente coa igualdade substantiva, a solidariedade comunitaria e a sustentabilidade ecolóxica, tamén deberá promover a unión, e non á división das forzas do traballo. O desenvolvemento humano sustentábel require urxentemente que a actividade creativa e produtiva se utilice para os valores de uso e non para os valores de cambio do mercado.

 Cando nun futuro .que agora parece pechado- se abran as portas dunha nova sociedade, este cambio revolucionario farase de moitos xeitos, producindo un desenvolvemento completamente novo, máis cualitativo, e con formas colectivas de organización(102).

 As medidas prácticas que se deberían tomar hoxe son imposíbeis co actual modo de produción. Non é a imposibilidade física, ou a falta de excedentes económicos o que impide a satisfacción de necesidades básicas como aire e auga limpa, alimentos, roupa, vivenda, educación, atención médica, transporte e traballo útil. Non é a escaseza de coñecementos tecnolóxicos ou de medios materiais o que impide a conversión a enerxías máis sustentábeis(103). Non é unha fantasmal división, conxénita da humanidade, a que obstrúe a construción dunha nova Internacional dos traballadores e dos pobos(104). Todo isto está ao noso alcance, pero require seguir unha lóxica que vaia contra do capitalismo.

 Como Karl Marx advertiu: “a humanidade imponse só as tarefas que pode resolver no seu momento. Un exame detido da historia móstranos que as solucións xorden só cando as condicións materiais están despregadas ou polo menos en están en camiño de madurez”(105).

 Os refugallos e os excesos do capitalismo monopolista transformáronse no principal atranco para o desenvolvemento humano. Unha vez que o mundo se libere destas cadeas, os novos medios tecnolóxicos permitirán que a planificación e a acción democrática constrúan os camiños cara a un mundo de igualdade substantiva e sustentabilidade ecolóxica(106).

 A resposta á crise que temos ante nós son de carácter social e ecolóxico. Estas respostas esixen unha regulación racional do metabolismo entre os seres humanos e a natureza. O novo mundo deberá ser capaz de rexenerar os procesos vitais, con ecosistemas saudábeis, tanto locais como rexionais e globais.

 Ao longo da historia os seres humanos loitamos para domear o medio natural, pero a liberdade humana integral só é posíbel se se vive con igualdade e en comunidade.

 O desenvolvemento futuro non é posíbel sen sustentabilidade ecolóxica e tampouco é posíbel sen unha sociedade que se constrúa sobre bases socialistas.

________________________________________________________________________________

Notas:

  1. George Monbiot, “The Earth Is in a Death Spiral. It will Take Radical Action to Save Us,” Guardian, November 14, 2018; Leonid Bershidsky, “Underemployment is the New Unemployment,” Bloomberg, September 26, 2018.
  2. Para unha análise histórica a fondo do problema xeral da descomposición e desintegración das civilizacións, ver Arnold J. Toynbee, A Study of History, abridged by D.C. Somerveil (Oxford: Oxford University Press, 1946), 244–428.
  3. Karl Marx e Frederick Engels, The Communist Manifesto (New York: Monthly Review Press, 1964), 2.
  4. Para análises sobre estancamento e financeirización, ver Harry Magdoff and Paul M. Sweezy, Stagnation and the Financial Explosion (New York: Monthly Review Press, 1986); John Bellamy Foster and Fred Magdoff, The Great Financial Crisis (New York: Monthly Review Press, 2009); John Bellamy Foster and Robert W. McChesney, The Endless Crisis (New York: Monthly Review Press, 2012); Costas Lapavitsas, Profits Without Production: How Finance Exploits Us All (London: Verso, 2013).
  5. Drew Desilver, “For Most U.S. Workers, Real Wages Have Barely Budged in Decades,” Pew Research Center, August 7, 2018.
  6. Yuki Noguchi, “Gig Economy Renews Debate Over whether Contract Laborers Are Really Employees,” NPR, March 7, 2018.
  7. O concepto de capitalismo liberado está tirado de Henryk Szlajfer (interviewed by Grzegorz Konat), “Liberated Capitalism,” forthcoming, Monthly Review.
  8. John Smith, Imperialism in the Twenty-First Century (New York: Monthly Review Press, 2016).
  9. Heather Stewart, “£13trn Horde Hidden from Taxman by Global Elite,” Guardian, July 21, 2012; Sam Ro, “The Mega Rich Are Holding at Least $21 Trillion in Offshore Tax Havens,” Business Insider, July 22, 2012; Nicholas Shaxson, Treasure Islands (London: Palgrave Macmillan, 2011).
  10. Larry Elliott, “Inequality Widens as 42 People Hold Same Wealth as 3.7bn Poorest,” Guardian, January 21, 2018; Rupert Neate, “Bill Gates, Jeff Bezos, and Warren Buffett are Wealthier than Poorest Half of US,” Guardian, November 8, 2017.
  11. World Inequality Report 2018 (World Inequality Lab, 2018).
  12. Lant Pritchett, “Divergence, Big Time,” Journal of Economic Perspectives 11, no. 3 (1997): 3–17; Jason Hickel, “Global Inequality May Be Worse than We Think,” Guardian, April 8, 2016; John Bellamy Foster, “The New Imperialism of Globalized Monopoly-Finance Capital,” Monthly Review 67, no. 3 (July–August 2015): 11–12.
  13. “More than 60 percent of the World’s Employed Population Are in the Informal Economy,” International Labour Organisation, April 30, 2018; Foster and McChesney, The Endless Crisis, 144–51.
  14. “State of Homelessness,” National Alliance to End Homelessness, accessed January 9, 2019, http://endhomelessness.org.
  15. Oliver Milman, “‘We Are at War’: New York’s Rat Crisis Made Worse by Climate Change,” Guardian, December 21, 2018.
  16. Lisa Rapaport, “Life Expectancy Declines Seen in the US and Other High-Income Countries,” Reuters, August 22, 2018; “Life Expectancy in America Has Declined Two Years in a Row,” Economist, January 4, 2018; Rebecca Voelker, “Black Lung Resurgence Raises New Challenges for Coal Country Physicians,” JAMA Network, December 12, 2018; Thea Jourdan, “Return of the Victorian Diseases: Scarlet Fever, TB, Whooping Cough, Even Scurvy,” Daily Mail, April 4, 2016.
  17. Claas Kirchelle, “Pharming Animals: A Global History of Antibiotics in Food Production (1935–2017),” Palgrave Communications 4, no. 96 (2018); Amanda Holpuch, “UN Meeting Tackles the ‘Fundamental Threat’ of Antibiotic Resistant Superbugs,” Guardian, September 21, 2016: “Antimicrobial Resistance a ‘Global Health Emergency,” UN, Ahead of Awareness Week,” UN News, November 12, 2018; Rob Wallace, Big Farms Make Big Flu (New York: Monthly Review Press, 2016).
  18. Frederick Engels, The Condition of the Working Class in England (London: Penguin, 1987), 127–28.
  19. Stephanie Simon, “K–12 Student Databases Jazzes Tech Startups, Spooks Parents,” Reuters, March 3, 2013; Sharon Lurye, “Why Your Student’s Personal Data Could Be Freely Bought and Sold,” Hechinger Report, June 14, 2018; Gerald Coles, Miseducating for the Global Economy (New York: Monthly Review Press, 2018); Howard Ryan, Educational Justice (New York: Monthly Review Press, 2017); John Bellamy Foster, “Education and the Structural Crisis of Capital,” Monthly Review 63, no. 3 (July–August 2011): 6–37.
  20. Charles Dickens, Hard Times (London: Penguin, 1995), 10–15.
  21. Erica R. Meiners and Therese Quinn, “Militarism and Education Normal,” Monthly Review 63, no. 3 (July–August 2011): 77–86.
  22. “Half of Americans Have Family Members Who Have Been Incarcerated,” Equal Justice Institute, December 11, 2018; Michelle Alexander, The New Jim Crow (New York: New Press, 2012); Drew Kann, “Five Facts Behind America’s High Incarceration Rate,” CNN, July 10, 2018; “Criminal Justice Fact Sheet,” NAACP, accessed January 12, 2019 (data on incarceration from 2015); Jacqueline Howard, “Black Men Nearly 3 Times as Likely to Die from Police Use of Force, Study Says,” CNN, December 20, 2016; Keeanga-Yamahtta Taylor, From #BlackLivesMatter to Black Liberation (Chicago: Haymarket, 2016).
  23. “Facts and Figures: Ending Violence Against Women,” UN Women, last updated in November 2018; L. A. Sharp, “The Commodification of the Body and Its Parts,” Annual Review of Anthropology 29 (2000): 287–328; Robin McKie, “Biologists Think 50% of Species Will Be Facing Extinction by End of the Century,” Guardian, February 25, 2017.
  24. John Bellamy Foster and Robert W. McChesney, “Surveillance Capitalism,” Monthly Review 66, no. 3 (July–August 2014): 1–31.
  25. “Who’s Working for Your Vote,” Tactical Technology Collective, November 29, 2018.
  26. Paul A. Baran and Paul M. Sweezy, Monopoly Capital (New York: Monthly Review Press, 1966), 155; Doug Henwood, “Trump and the New Billionaire Class,” in Socialist Register 2019, ed. Leo Panitch and Greg Albo (New York: Monthly Review Press, 2018), 100–25; Jane Mayer, Dark Money (New York: Random House, 2017).
  27. Timothy M. Gill, “Why the Power Elite Continues to Dominate American Politics,” Washington Post, December 24, 2018.
  28. John Pilger, “New Cold War and Looming Threats,” Frontline, December 21, 2018; Christi Parsons and W. J. Hennigan, “President Obama Who Hoped to Sow Peace, Instead Led the Nation in War,” Los Angeles Times, January 13, 2017.”
  29. John Mecklin, “It is Now Two Minutes to Midnight,” Bulletin of the Atomic Scientists, accessed December 19, 2018.
  30. Zack Beauchamp, “9 Maps and Charts that Explain the Global Refugee Crisis,” Vox, June 30, 2017; “International Migration Report 2017 Highlights,” United Nations, December 18, 2017; Philippe Rekacewicz, “Mapping Europe’s War on Immigration,” Le Monde Diplomatique, October 16, 2013; Joseph S. Nye, “2050: How Can We Avoid a Gated World,” World Economic Forum, January 19, 2014; James Randerson, “Expert Warns Climate Change Will Lead to ‘Barbarisation,’” Guardian, May 15, 2008; John Bellamy Foster, Trump in the White House (New York: Monthly Review Press, 2017), 104.
  31. “2018 World Hunger and Poverty Facts,” Hunger Notes, accessed December 19, 2018, http://worldhunger.org; Fred Magdoff, “Twenty-First-Century Land Grabs: Accumulation by Agricultural Dispossession,” Monthly Review 65, no. 6 (November 2013): 1–18.
  32. David Ruccio, “Dollarization in the United States,” Occasional Links and Commentary blog, December 10, 2018, http://anticap.wordpress.com; “41 Million People in the United States Face Hunger,” Feeding America, September 6, 2017.
  33. Farshad Araghi, “The Great Global Enclosure of Our Times,” in Hungry for Profit, eds. Fred Magdoff, John Bellamy Foster, and Frederick H. Buttel (New York: Monthly Review Press, 2000), 145–60.
  34. Mike Davis, Planet of Slums (London: Verso, 2006).
  35. Vijay Prashad, “We Have No Choice But to Live Like Human Beings,” Tricontinental, December 14, 2018, http://thetricontinental.org; “‘Shameful’: What’s Driving the Global Housing Crisis?,” Al Jazeera, November 3, 2018.
  36. Will Steffen, et al., “Planetary Boundaries,” Science 347, no. 6223 (2015); Ian Angus, Facing the Anthropocene (New York: Monthly Review Press, 2016); John Bellamy Foster, Brett Clark, and Richard York, The Ecological Rift (New York: Monthly Review Press, 2010).
  37. Damian Carrington, “Humanity Has Wiped Out 60% of Animal Populations Since 1970, Report Finds,” Guardian, October 29, 2018; M. Grooten and R. E. A. Almond, eds., Living Planet Report—2018: Aiming Higher (Gland, Switzerland: World Wildlife Foundation, 2018); Ben Guarino, “Hyperalarming Study Shows Massive Insect Loss,” Washington Post, October 15, 2018; Rodolfo Dirzo, Hilary S. Young, Mauro Galetti, Geraldo Ceballos, Nick J. B. Isaac, and Ben Collen, “Defaunation in the Anthropocene,” Science 35, no. 6195 (2014): 401–6.
  38. James Hansen, “Climate Change in a Nutshell: The Gathering Storm,” December 18, 2018, 25.
  39. Will Steffen, et al., “Trajectories of the Earth System in the Anthropocene,” Proceedings of the National Academy of Sciences 115, no. 33 (2018). Para coñecer as emisións acumuladas estimadas do uso de combustíbeis fósiles, a produción de cemento e os cambios no uso da terra desde o inicio da industrialización, consultar trillionthtonne.org.
  40. Hansen, “Climate Change in a Nutshell,” 42–47; Kendra Pierre-Louis, “Greenhouse Gas Emissions Accelerate Like a ‘Speeding Freight Train’ in 2018,” New York Times, December 5, 2018; Brad Plumer, “U.S. Carbon Emissions Surged in 2018 Even as Coal Plants Closed,” New York Times, January 8, 2019.
  41. Marcelo Gleiser, “ExxonMobil vs. the World,” NPR, November 30, 2016; Andy Rowell, “Exxon’s 25 Year ‘Drop Dead’ Denial Campaign,” Oil Change International, April 14, 2014.
  42. K. William Kapp, The Social Costs of Private Enterprise (Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 1950), 231.
  43. Herman Daly, From Uneconomic Growth to a Steady State Economy (Brookfield, Vermont: Edward Elgar, 2016), 131–44.
  44. Samir Amin, “China 2013,” Monthly Review 64, no. 10 (March 2013): 14–33.
  45. Ludwig von Mises, Nation, State, and Economy (Indianapolis: Liberty Fund, 1983); Ludwig von Mises, Socialism: An Economic and Sociological Analysis (Indianapolis: Liberty Fund, 1981).
  46. Mises, Socialism, 323–54, 399–406, 413–62, 488–92; Nation, State, and Economy, 36–37, 143, 163–65.
  47. Mises, Socialism, 421–22.
  48. Phillip W. Magness, “The Pejorative Origins of the Term ‘Neoliberalism,’” American Institute for Economic Research, December 10, 2018; Alfred Meusel, “Zur Bürgerlichen Sozialkritik der Gegenwart: Der Neu-Liberalismus (Ludwig von Mises),” Die Gesellschaft: Internationale Revue für Sozialismus und Politik 1, no. 4 (1924): 372–83. (The article “Der Neu-Liberalismus” was the first of a two-part series; the second article went on to critique Othmar Spann.) Peter Goller, “Alfred Meusel als Kritiker von Ludwig Mises und Othmar Spann: Gegen ‘Neolberalismus’ and ‘Neoromantik’ (1924),” Mitteilungen der Alfred Klahr Gesellschaft 2 (2003); Peter Goller, “Helene Bauer Gegen die Neoliberal Bürgliche Ideologie von Ludwig Mises (1923),” Mitteilungen der Alfred Klahr Gesellschaft 4 (2005), http://klahrgesellschaft.at—includes Helene Bauer, “‘Gemeine Mann’ und ein Besserer Herr.” Adler strongly criticized Mises’s attempt to claim that Marx’s ideas were closely related to the traditional authoritarian Prussian state, on the grounds that everything outside of neoliberalism was essentially the same and that even democratic socialism was authoritarian in its rejection of liberalism. Max Adler, “Excursus on Anarchism,” in Austro-Marxism: The Ideology of Unity, ed. Mark E. Blum and William Smalldone (Boston: Brill, 2016), 207.
  49. Magness, “The Pejorative Origins of the Term ‘Neoliberalism’”; Meusel, “Der Neu-Liberalismus,” 383; Bauer, “‘Gemeine Mann’ und ein Besserer Herr”; Othmar Spann, Types of Economic Theory (London: George Allen and Unwin, 1930), 278–79 (reference to the “neoliberal trend” first appeared in the 1926 edition). In his 1925 book Trends of Economic Ideas, the Swiss economist Hans Honegger wrote on theoretical neoliberalism, but, in contrast to Meusel’s earlier treatment, he used it to address neoclassical economics instead of the neoliberalism of thinkers like Mises. See Dieter Plehwe, introduction to The Road from Mount Pèlerin, ed. Philip Morowski and Plehwe (Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 2009), 10. The term mobile capital is often associated with Max Weber, where he made a brief allusion to it in his posthumous 1923 General Economic History, but the term in fact entered Marxian theory with the earlier analysis of international finance (and commercial) capital by Rudolf Hilferding. See Rudolf Hilferding, Finance Capital (London: Routledge, 1981), 342, 325–30; Max Weber, General Economic History (New York: Collier, 1961), 242.
  50. Ludwig von Mises, Liberalism (Indianapolis: Liberty Fund, 2005), 9.
  51. Kari Polanyi-Levitt and Marguerite Mendell, “The Origins of Market Fetishism,” Monthly Review 41, no. 2 (June 1989): 11–32; Johannes Maerk, “Plan Oder Markt: The Battle of Ideas Between Austro-Marxism and Neoliberalism in Vienna” (lecture, Institute for the Humanities, Simon Fraser University, Burnaby, British Columbia, Canada, September 13, 2016). Available at http://youtube.com.
  52. Karl Polanyi, The Great Transformation (Boston: Beacon, 1944); Felix Schaffer, “Vorgartenstrasse 203: Extracts from a Memoir,” in Karl Polanyi in Vienna, ed. Kenneth McRobbie and Kari Polanyi-Levitt, (Montreal: Black Rose, 2006), 328–46; Kari Polanyi-Levitt, “Tracing Polanyi’s Institutional Political Economy to its Central European Source,” in Karl Polanyi in Vienna, 378–91; Eduard Márz, Joseph Schumpeter: Scholar, Teacher, and Politician (New Haven: Yale University Press, 1991), 101.
  53. Gareth Dale, Karl Polanyi: A Life on the Left (New York: Columbia University Press, 2016), 102–3.
  54. Harry Magdoff, “International Economic Distress and the Third World,” Monthly Review 33, no. 11 (April 1982): 3–5.
  55. Estes desenvolvementos económicos preséntanse con gran detalle, como un comentario continuo, no extraordinario conxunto de libros, baseados en artigos recompilados, escritos por Harry Magdoff and Paul Sweezy in the late 1960s to the late 1990s: Paul M. Sweezy and Harry Magdoff, The Dynamics of U.S. Capitalism (New York: Monthly Review Press, 1972); Paul M. Sweezy and Harry Magdoff, The End of Prosperity (New York: Monthly Review Press, 1973); Paul M. Sweezy and Harry Magdoff, Stagnation and the Financial Explosion (New York: Monthly Review Press, 1987); and Paul M. Sweezy and Harry Magdoff, The Irreversible Crisis (New York: Monthly Review Press, 1988).
  56. Hannah Holleman, Robert W. McChesney, John Bellamy Foster, and R. Jamil Jonna, “The Penal State in an Age of Crisis,” Monthly Review 61, no. 2 (June 2009): 2.
  57. Friedrich von Hayek, The Road to Serfdom (London: Routledge, 1944). Como Paul Sweezy escribiu sobre O camiño á servidume de Hayek, “a elección do liberalismo, no senso de individualismo e competencia, como o criterio de xuízo, a desviación da cual debe considerarse un erro, permítelle agrupar todo pensamento anti-individualista, e la política juntos como simplemente totalitarios “. PaulM. Sweezy, The Present as History (New York: Monthly Review Press, 1953), 285.
  58. John Kenneth Galbraith, American Capitalism: The Concept of Countervailing Power (London: Hamish Hamilton, 1957).
  59. Philip Mirowski, Never Let a Serious Crisis Go to Waste (London: Verso, 2013), 24, 37–50; David Stedman Jones, Masters of the Universe (Princeton: Princeton University Press, 2012). Mirowski e Jones, malia proporcionar informes detallados da formación do neoliberalismo nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, teñen pouca ou ningunha conciencia das críticas marxistas (e outras) ao neoliberalismo na década de 1920, nin do conflito tal como xurdiu no século XX. Contexto da Viena Vermella.
  60. Michel Foucault, The Birth of Biopolitics (New York: Palgrave McMillan, 2008), 317. Un exemplo extremo de tal naturalización é o uso corporativo do termo ecosistema para se referir ás cadeas de fornecemento de produtos básicos, como o ecosistema de Apple: unha forma de evitar Referencia ao sistema de explotación incorporado na arbitraxe laboral global. Ver John Patrick Leary, Palabras chave: The New Language of Capitalism (Chicago: Haymarket, 2018), 72–76.
  61. O papel de Friedman como voceiro do neoliberalismo é ben coñecido. Sobre o papel de James Buchanan, ver Nancy McLean, Democracy in Chains (New York: Viking, 2017).
  62. Foucault, The Birth of Biopolitics, 133–38; Mirowski, Never Let a Serious Crisis Go to Waste, 64; Mises, Socialism, 344–51.

Nas súas memorias, Stigler sinalou que un obxectivo chave da Escola de Economía de Chicago, e do neoliberalismo en xeral, foi a destrución do concepto de poder de monopolio para contrarrestar “a crecente crítica socialista do capitalismo [que] enfatizou o monopolio”; “Capitalismo monopolista é case unha palabra nesa literatura”. George J. Stigler, Memoirs of an Unregulated Economist (New York: Basic, 1988), 92, 162–63.

  1. Avner Offer e Gabriel Söderberg, The Nobel Factor (Princeton: Princeton University Press, 2016), 101, 130–31.
  2. Ver John Cassidy, How Markets Fail (New York: Farrar, Straus, and Giroux, 2009), 3–110; Foster and McChesney, The Endless Crisis, 1–28.
  3. Sobre como o neoliberalismo adquiriu un novo significado na era da financeirización do proceso de acumulación, ver Gérard Duménil and Dominique Levy, Capital Resurgent: Roots of the Neoliberal Revolution (Harvard: Harvard University Press, 2004), 119–20, 156–67; Foster e McChesney, The Endless Crisis, 44–45.
  4. Foster e McChesney, The Endless Crisis, 4, 18. Sobre a concentración da riqueza, ver Thomas Piketty, Capital in the Twenty-First Century (Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 2014), 336–76.
  5. Smith, Imperialism in the Twenty-First Century; Ernesto Screpanti, Global Imperialism and the Great Crisis (New York: Monthly Review Press, 2014).
  6. Foster and McChesney, “Surveillance Capitalism.”
  7. Prabhat Patnaik, The Value of Money (New York: Columbia University Press, 2009).
  8. Mirowski, Never Let a Serious Crisis Go to Waste, 1–6.
  9. Karl Marx, “The Value-Form,” Capital & Class no. 4 (1978): 134.
  10. Fred Magdoff and Chris Williams, Creating an Ecological Society (New York: Monthly Review Press, 2017), 25–47.
  11. Andreas Malm, Fossil Capital (London: Verso, 2016).
  12. James K. Galbraith, The Predator State (New York: Free Press, 2008); Foucault, The Birth of Biopolitics, 133.
  13. Mirowski, Never Let a Serious Crisis Go to Waste, 56–57; Foucault, The Birth of Biopolitics, 131.
  14. Foucault, The Birth of Biopolitics, 131, 145.
  15. Mirowski, Never Let a Serious Crisis Go to Waste, 57; McLean, Democracy in Chains.
  16. Marco Boffo, Alfredo Saad-Filho, and Ben Fine, “Neoliberal Capitalism: The Authoritarian Turn,” in Socialist Register 2019, 256.
  17. A Gran Transformación de Polanyi foi unha crítica ao neoliberalismo de teóricos como Mises e Hayek, que no contexto da Viena Vermella defenderon unha economía de mercado autorregulada e deseñaron os principais principios do que agora se coñece como neoliberalismo. Con todo, a poderosa crítica de Polanyi tamén debía reflectir un momento de triunfo, a derrota das tendencias neoliberais na forma da “gran transformación”. É irónico, polo tanto, que a Sociedade Mont Pèlerin se establecese un ano despois da publicación do libro de Polanyi, e foi só co ascenso ao poder do neoliberalismo nos anos 70 e 80 que xurdiu a fascinación actual por Polanyi.
  18. Ver Robert W. McChesney, foreword to Trump in the White House, 7–13.
  19. Mises, Liberalism, 30. Ver tamén Herbert Marcuse, Negations (Boston: Beacon, 1968), 10.
  20. Hayek quoted in Renato Cristi, Carl Schmitt and Authoritarian Liberalism (Cardiff: University of Wales Press, 1998), 168.
  21. Friedrich von Hayek, Individualism and Economic Order (London, 1949), 22; Paul A. Baran, “On Capitalism and Freedom,” Monthly Review 42, no. 6 (November 1990): 36.
  22. Foucault, The Birth of Biopolitics, 164.
  23. Eric Hobsbawm, The Age of Extremes (New York: Vintage, 1994), 584–85.
  24. Hobsbawm, The Age of Extremes, 563, 569.
  25. Ver Edward Said, “Contra Mundum,” London Review of Books 17, no. 5 (1995): 22–23; Justin Rosenberg, “Hobsbawm’s Century,” Monthly Review 47, no. 3 (July–August 1995): 139–56; Eugene Genovese, “The Age of Extremes—Review,” New Republic, April 17, 1995.
  26. Polanyi, The Great Transformation, 76.
  27. Michael D. Yates, Can the Working Class Change the World? (New York: Monthly Review Press, 2018), 134.
  28. Jørgen Randers, 2052: A Report to the Club of Rome Commemorating the Fortieth Anniversary of the “Limits to Growth” (White River Junction, Vermont: Chelsea Green, 2012), 14–15, 19–23, 210–17, 248–49, 296–97.
  29. Jacob Burckhardt, Reflections on History (Indianapolis: Liberty, 1979), 213, 224.
  30. Georges Lefebvre, The Coming of the French Revolution (Princeton: Princeton University Press, 1947), 212.
  31. John Bellamy Foster, “Capitalism and the Accumulation of Catastrophe,” Monthly Review 63, no. 7 (December 2011): 1–17.
  32. Yates, Can the Working Class Change the World?, 184–85.
  33. Paul M. Sweezy, “Socialism and Ecology,” Monthly Review 41, no. 4 (September 1989): 5.
  34. Karl Marx e Frederick Engels, Collected Works, vol. 1 (New York: International, 1975), 157.
  35. Joseph Schumpeter, Capitalism, Socialism, and Democracy (New York: Harper and Row, 1942), 61. Schumpeter era un produto xenuíno da Escola de Economía de Austria, pero era, ao mesmo tempo, un pensador moi independente. Foi o primeiro en ofrecer unha forte crítica á idea de Mises de que un sistema de prezos racional non podía desenvolverse baixo o socialismo. A súa independencia foi demostrada pola súa disposición a servir como ministro de finanzas nun goberno socialista. Véxase Márz, Joseph Schumpeter, 99–113, 147–63.
  36. Schumpeter, Capitalism, Socialism, and Democracy, 143.
  37. Como enfatiza Antonio Negri, un movemento inclusivo baseado en clases comeza cun “concepto social” de clase divorciada dunha construción simplemente económica. Isto significa que a cuestión da clase traballadora non se pode separar de temas como o traballo doméstico das mulleres, o medio natural, a formación de razas, etc. Antonio Negri, “Starting Again from Marx,” Radical Philosophy 203 (2018).
  38. Vexa a discusión indispensábel da tecnoloxía socialista en Victor Wallis, Red-Green Revolution: The Politics and Technology of Ecosocialism (Chicago: Political-Animal, 2018), 54–92.
  39. Como comentou Sweezy, non hai “nada no sistema [capitalista] que se preste ou sexa compatíbel cunha planificación a longo prazo dun tipo que sería absolutamente esencial para a implementación dun programa ecolóxico efectivo”, moito menos a garantía de que o progreso sería compartido equitativamente entre todos na sociedade. O socialismo, en cambio, é modificábel a tales desenvolvementos sobre unha base democrática, precisamente porque significa un afastamento da acumulación de capital, as ganancias e a produción de bens como os fins supremos da sociedade. Sweezy, “Socialism and Ecology,” 7–8. Podemos ver as fortalezas da planificación hoxe de diferentes xeitos en estados como Venezuela, cos seus concellos e consellos comunais, e en Cuba cos seus enormes éxitos sociais e ecolóxicos, malia que ambos foron sometidos a enormes presións económicas e políticas, así como ameazas militares, que emanan dos Estados Unidos. Ver a John Bellamy Foster, “Chávez and the Communal State,” Monthly Review 66, no. 11 (April 2015): 1–17.
  40. Sobre desenvolvemento sustentábel, ver Paul Burkett, “Marx’s Vision of Sustainable Human Development,” Monthly Review 57, no. 5 (October 2005): 34–62.
  41. O problema da conversión ecolóxica abórdase sistematicamente en Wallis, Red-Green Revolution. Ver tamén Magdoff and Williams, Creating an Ecological Society, 283–329; Angus, Facing the Anthropocene, 189–208; and Fred Magdoff and John Bellamy Foster, What Every Environmentalist Needs to Know About Capitalism (New York: Monthly Review Press, 2011), 121–44. Sobre a democracia radical e unha estratexia socialista nos Estados Unidos, ver Robert W. McChesney e John Nichols, People Get Ready (New York: Nation, 2016), 245–76.
  42. Sobre unha Nova Internacional, ver István Mészáros, The Necessity of Social Control (New York: Monthly Review Press, 2015), 199–217; Samir Amin, “It Is Imperative to Reconstruct the Internationale of Workers and Peoples,” IDEAS, July 3, 2018.
  43. Karl Marx, A Contribution to a Critique of Political Economy (Moscow: Progress, 1970), 21.
  44. Ver John Bellamy Foster, “The Ecology of Marxian Political Economy,” Monthly Review 63, no. 4 (September 2011): 5–14; Robert W. McChesney, Communication Revolution (New York: New Press, 2007).

________________________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web Kritica, do 26 de febreiro de 2019]

Volver