O centro de saúde de Carballo ten cinco enfermeiras/os menos en plena pandemia

- 01 Dec 2020

En plena pandemia e estando o concello no nivel máximo de alerta, o centro de saúde de Carballo atópase  día de hoxe con cinco enfermeiras/os menos (catro na quenda de mañá e unha na quenda de tarde), ao non substituírse as ausencias dos e das profesionais titulares. A CIG-Saúde considera que esta situación "non se pode permitir, que é absolutamente impresentábel e que xa está ben de que nos centros de saúde se teña que continuar asumindo cada vez máis traballo con menos persoal".

Neste senso, lembran que Carballo supera neste momento os 250 positivos por Covid-19 por cada 100.000 habitantes, cunha sobrecarga de traballo habitual "á que hai que engadir cada vez máis tarefas como a realización dos tests de antíxenos".

Por iso, a CIG-Saúde reclama menos propaganda e que se cubran todas as ausencia e se dote a Atención Primeira dos medios humanos e materias necesarios para garantir unha atención digna e de calidade.