
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de Pontevedra organiza unha charla informativa sobre tarifa eléctrica e pobreza enerxética
Este xoves día 15 no centro cultural Gorgullón ás 20.30 horas
Pontevedra -
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de Pontevedra organiza este xoves día 15 unha charla informativa aberta ao público en xeral na que se abordará o funcionamento do sistema eléctrico, a tarifa e a pobreza enerxética.
No encontro, que se celebrará na sede da Asociación de Veciños/as Eduardo Pondal, no centro cultural Gorgullón (rúa Curtidoira 1 baixo), ás 20.30 horas, participarán Fernando Branco, da CIG-Industria, e o asesor enerxético Xosé M. Golpe.
O primeiro falará sobre o funcionamento do sistema enerxético e sobre pobreza enerxética, mentres que o segundo encargarase do recibo eléctrico, da súa lectura, do aforro e das reclamacións.
Novas relacionadas