O comité de empresa do CIAE 112 manifesta o seu apoio e solidariedade co persoal do 061

Denuncia as "lamentables" condicións nas que se atopan

Nacional -

Dende o Comité de Empresa do CIAE 112 Galiza queremos expresar o noso apoio ás compañeiras e compañeiros da Central de Urxencias Médicas 061, que se viron obrigadas a convocar folga o pasado 6 de xaneiro por mor das lamentables condicións nas que se atopan debido á mala praxe da empresa concesionaria do servizo, Grupo Norte, coa que están tendo problemas para cobrar as súas nóminas con normalidade. Esta situación vergoñenta e inasmisible é ademais consentida, con total desleixo, pola Xunta de Galiza, que ao fin, non deixa de ser a última responsable deste servizo público.

Queremos denunciar tamén, coma sempre o fixemos, que a privatización dos servizos públicos acaba derivando na precariedade laboral das persoas que traballamos neles e tamén na precarización do propio servizo. A xestión das emerxencias non é un negocio e non debería ser tratado como tal, vendido ao mellor postor.

Unímonos ás compañeiras e compañeiros do 061 nas súas reclamacións en total solidariedade, tanto como operadoras/es de emerxencias, como de traballadoras/es unidas ante calquera ataque á nosa condición de clase obreira.

A loita continúa!

Volver