O comité de Faurecia en Ourense convoca paros polo despido dunha traballadora

Serán de dúas horas en cada unha das tres quendas este mércores 24

Ourense -

O comité de empresa de Faurecia en Ourense vén de convocar unha xornada de paros para o vindeiro mércores 24 de xullo para rexeitar o despedimento dunha traballadora. As protestas desenvolveranse durante dúas horas en cada unha das tres quendas de traballo.

Dende a federación de Industria da CIG de Ourense explican que a medida adoptada pola representación dos traballadores/as (6 delegados/as da central, 5 de CCOO e 2 da UGT) chega despois de que a dirección da compañía de automoción con sede no polígono de San Cibrao das Viñas despedise a unha operaria que levaba tempo encadeando contratos por supostamente “non ter pasado o período de proba”.

Coa convocatoria dos paros, que se desenvolverán os paros serán de 12:00 a 14:00 horas na quenda de mañá; de 14:00 a 16:00 horas na de tarde; e de 22:00 a 00:00 horas na de noite, o comité de Faurecia quere queren amosar o seu rexeitamento a esta decisión e tamén evitar “que no futuro a empresa poida repetir actuación similares”.

Volver