Convocados paros en Teleperformance contra as sancións arbitrarias, a falla de equipos e o dereito á desconexión dixital

O luns 30 de novembro e tamén haberá concentración ás 11:30h

A Coruña -

O comité de Teleperformance da Coruña denuncia que a empresa continúa aproveitando a crise sanitaria da Covid-19 para explotar e sancionar os seus traballadores e as súas traballadoras. Ante esta situación, a representación do persoal acordou convocar paros parciais de dúas horas o próximo luns 30 de novembro e unha concentración diante das oficinas da compañía no Polígo da Agrela de 11:30 a 12h.

Con esta mobilización, quérese demandar da dirección que retire as sancións de suspensión de emprego e soldo de 30 días na campaña de Orange, que afectan a 5 persoas e que se lle facilite ao persoal unha formación axeitada en todos os ámbitos.

O cese dos descontos en nómina polas incidencias técnicas que son responsabilidade da propia Teleperformance, dada as deficientes coas que implementou o traballo a distancia, e que rematen as presións as traballadoras e traballadores para que recuperen ditos tempos, tal como se lles requiriu por parte da Inspección de Traballo, aínda "que a empresa está a ignorar dito requirimento".

Que se faciliten os equipos adecuados

Dende a parte social reclaman que a empresa facilite un teléfono móbil e a correspondente liña "se quere que o persoal empregue o móbil para traballar, ademais de facilitar os equipos necesarios para teletraballar". E nesta liña, que se garanta o dereito á desconexión dixital do persoal como a establece a lei, de maneira que se traballe só durante a xornada laboral e non tamén fóra desta.

Todas as demandas foron trasladadas polo comité á empresa, pero ante "o resultado infrutuoso das xestións realizadas coa dirección para chegar a acordos" acordouse levar adiante a xornada de paros do próximos luns, que se desenvolverán de 11 a 13h na quenda de mañá e de 18 a 20h na da tarde.

Volver