O comité de URBASER de Santiago denuncia o mal estado da pouca maquinaria que queda en uso

Alerta da constante falta de persoal para garantir un “óptimo servizo á cidadanía”
Compostela - 11 Nov 2021

Despois de 16 anos cun contrato do servizo de recollida de lixo e de limpeza viaria do concello de Santiago, o comité de empresa de URBASER denuncia o mal estado da pouca maquinaria que queda en uso e  constante falta de persoal que hai, a día de hoxe, para garantir un óptimo servizo á cidadanía.

O comité asegura que se están deixando de facer moitos servizos por avarías continuas da maquinaria e pola non substitución do persoal cando está de baixa médica, licencias ou permisos.

Aclara, en todo caso, que detrás das súas queixas non está negociar as condicións laborais senón, en todo momento, “pola falta de maquinaria e de persoal” mais tamén porque “non se garante a seguridade do persoal nin da cidadanía que circula polas rúas”.

Acusan ao alcalde de Santiago de mentir

O comité manifesta o seu desacordo co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, “cando di que os problemas dos traballadores ten que solucionalos a empresa” xa que “calquera problema co servizo aféctalle directamente á veciñanza”.

Nese sentido salientan que o alcalde “mente cando di que non hai recollida do lixo os sábados”. Explican que o que se fixo na anterior lexislatura foi una agrupación de servizos e un cambio de xornada, mellorándose o servizo con 3 peóns de varrido.

Apuntan ademais que a día 10 de novembro mantiveron una xuntanza con todos grupos municipais, agás co grupo de goberno que, despois de pedirlle en reiteradas ocasións una xuntanza recibirá ao comité o vindeiro luns día 15 de novembro.

Asemblea no Obradoiro

O comité ten previsto convocar, para o vindeiro xoves, día 25 de novembro, ás 12:00 horas, una asemblea coas traballadoras e traballadores, na Praza do obradoiro, diante do concello, onde informarán ao persoal do resultado das xuntanzas.