O Concello de Mugardos négase a asinar o convenio colectivo para o persoal laboral

Ferrol -

O comité de empresa do Concello de Mugardos decidiu por unanimidade non asistir á Mesa Xeral convocada pola alcaldesa para onte, luns, ao non figurar na orde do día ningún punto relacionado coa firma do convenio colectivo. Dito convenio, lembran, xa foi aprobado por todos os grupos municipais, incluído o grupo de goberno, o pasado 10 de novembro e, a pesar das mobilizacións semanais dos/as traballadores/as e das reiteradas peticións por parte do comité para manter unha reunión, o Concello continúa sen querer asinar o documento e sen explicar os motivos deste comportamento.

A decisión da representación social foille comunicada por rexistro á alcaldesa, ao tempo que o comité solicitou unha reunión urxente da mesa negociación do convenio para o seu asinamento e proceder a súa entrada en vigor.

Volver