O curso comeza con 747 prazas para substitucións e interinidades sen cubrir

A deficiente xestión da consellaría está a provocar o malestar nos centros afectados
Nacional - 08 Set 2022

Ao xa caótico comezo das actividades lectivas por mor dos recortes, a falta de material e as improvisacións da Consellaría (PROENS, currículos…) únese agora un alarmante número de prazas vacantes.

Un total de 747 prazas pendentes de cubrir figuraban na web da Consellaría a primeira hora da mañá de hoxe, 8 de setembro, día xa de plena actividade lectiva. A cifra demostra os enormes problemas de xestión por parte da Consellaría para botar a andar o curso lectivo e provoca malestar nos centros afectados pola falta deste profesorado, xa que non comezarán as clases con normalidade.

Hai que ter en conta que un número destacado destas prazas son substitucións de longa duración e outras son interinidades de media xornada para todo o curso escolar. Nalgunhas prazas figura que a redución da xornada a cubrir é dunterzomalia que a contratación parcial mínima é dun medio da xornada. A CIG-Ensinodirixiuseá Consellaría para que tome as medidas oportunas para que todas asreducións de xornadas que se cubran sexan co mínimo da media xornada.

Esta é situación á mesma hora que abren as portas dos centros educativos do país:

  • Prazas pendentes para Infantil, Primaria e EE: 224
  • Prazas pendentes para a ESO, Bacharelato e FP: 405 (274 de PES e 131 de PTFP)
  • Prazas pendentes para conservatorios de música e outrasensinanzas artísticas: 60 (20 de cátedras e 40 de profesorado)
  • Prazas pendentes para escolas de arte e deseño: 9
  • TOTAL: 747

A estas prazas hai que engadir 38 prazas para substitución de profesorado de relixión (das que 30 son en primaria), que ao non estar nos centros as persoas titulares tamén provocan que o profesorado teña que desatender as súasfuncións para cubrir esas prazas.

A CIG-Ensino xa advertira desta posíbel situación cando demandou de Educación, o pasado 1 de setembro, que os chamamentos comezasen o venres 2, algo que a consellaría non fixo, agardando á tarde do luns 5 para comezar a chamar.

O sindicato demanda un reforzo do funcionariado dos servizos centrais que teñen que facer os chamamentos xa que é conscientes da insuficiencia da dotación actual. Denuncia que todos os cursos se repiten os mesmo problemas, aínda que neste é aínda máis grave que nos anteriores.

Rectificación da Consellaría co anuncio do aumento de fondos para comedores escolares

Logo da denuncia formulada pola CIG-Ensino, o pasado día 5 de setembro, advertindo do abandono da Xunta pola conxelación dos fondos destinados aos centros escolares para cubrir os gastos máis básicos, o gabinete de prensa da Xunta deu a coñecer no día de onte que haberá un incremento dos orzamentos destinados aos comedores escolares.

“Chama poderosamente a atención que nas múltiples notas de prensa e declaracións do conselleiro nas últimas semanas non se fixese ningunha referencia a este incremento e que sexa agora, logo das críticas recibidas, cando reaccione. Benvida sexa a rectificación”, di a CIG-Ensino.

O sindicato lembra que durante o que levamos de ano só houbo un ridículo incremento duns céntimos por comensal e só nos últimos meses do curso, malia que os prezos dos alimentos xa se dispararan desde comezo de ano. Por iso sinala que a  CIG-Ensino estará en contacto cos centros educativos para coñecer de primeira man se os novos fondos son os axeitados para garantir a calidade do servizo que se viña prestando.

Demanda ademais que as rectificacións da Consellaría non queden aquí e que, de cara a afrontar a crise económica e social á que nos arrastra a inflación e a contención nas subas salariais, “apliquen a gratuidade absoluta nos libros de texto e no material escolar e que aproben un incremento substancial para facer fronte aos gastos de luz e gasóleo de calefacción nos centros”.