• Nova

O feminismo galego convoca concentracións en repulsa á violencia machista

A CIG chama a participar nas mobilizacións que se farán en cidades e vilas este martes, 22 de marzo
Nacional - 21 Mar 2022

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este martes, 22 de marzo, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de Jessica Méndez, de 29 anos, asasinada en Barro polo seu veciño, que a acosaba incesantemente.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato, que non computará nas cifras oficiais por non existir unha relación sentimental entre Jessica e o seu asasino. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Lugares e horas das concentracións:

  • A Coruña, 20h no Obelisco
  • A Guarda, 20h Praza do Reloxo
  • Ames, 20h Praza da Maia
  • As Pontes, 20 h Praza do Hospital
  • Betanzos, 20h detrás do palco da música
  • Cabanas, 20:30h diante do Concello
  • Cangas, 20h no Punto Lila
  • Carballo, 20h Praza do Concello
  • Carnota, 20h Praza da Pedra
  • Catoira, 20h Praza da Pedra
  • Chantada, 20h Praza de España
  • Compostela, 20h Praza 8 Marzo
  • Ferrol, 20h diante do Concello
  • Lalín, 20:30h no Km0
  • Lugo, 20h diante do Concello
  • Moaña, 19.15h Praza do Concello
  • O Porrriño, 20h Praza do Concello
  • Ourense, 20h na Castañeira
  • Padrón, 20h Praza Rosalía de Castro
  • Poio, 20h Praza Rosalía de Castro-Ferreiros
  • Pontevedra, 20h Praza da Peregrina
  • Val Miñor, 20h Rotonda da Ramallosa
  • Vigo, 20h no Marco
  • Vilagarcía, 20h Praza de Galiza